Torre dos Moreno: Diferenzas entre revisións
m corrixo formato e engado referencias |
Sen resumo de edición |
||
Liña 4: | Liña 4: | ||
Dende 1997, o edificio ten a consideración de [[Ben de Interese Cultural]].<ref>{{Cita web|url=https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1997/19970508/Anuncio6116_gl.html|páxina-web=DOG (Diario Oficial de Galicia)|título=DECRETO 104/1997, do 17 de abril, polo que se declara ben de interese cultural con categoría de monumento a Torre dos Moreno, no concello de Ribadeo, provincia de Lugo|data-acceso=7 de setembro de 2019|data-publicación=8 de maio de 1997|páxina=4.346|outros=Nº 87}}</ref> |

[[Ficheiro:Cantondeb2.JPG|miniatura |
[[Ficheiro:Cantondeb2.JPG|miniatura|Vista artística da 'Torre dos Moreno', recollida nunha publicación da época, ''[[Bandera Católica]]'' ([[1 de setembro]] de [[1916]]).]] |
||
== Descrición == |
== Descrición == |
||
Conta con diversos adornos, como [[alicatado]]s, [[mármore]]s, [[vidreira]]s, [[greca]]s, tellado con [[Tella (construción)|tellas]] de [[porcelana]] (cerámica vidrada) de cor vermella que reflicte a luz solar ou [[pilastra]]s. A [[cúpula]] da torre principal está mantida por catro [[cariátide]]s. A planta ten 950 m², e o solar, 1.050 m² (medidas tomadas usando [[SIXPAC]]). Consta de baixo, tres plantas e baixocuberta, a parte do saínte da torre principal. Leváronse a cabo varias restauracións parciais, que polo momento case só aseguraron o non avance da deterioración do edificio. |

Revisión como estaba o 7 de setembro de 2019 ás 18:49
Coordenadas: 43°32′16″N 7°2′17″O / 43.53778, -7.03806
A torre dos Moreno é unha casa de indianos situada en Ribadeo, na praza de España e na rúa de Ibáñez, no Ben de Interese Cultural (BIC)[1] do conxunto histórico da Vila de Ribadeo e BIC por si mesmo[2][3][4]. Foi mandada construír por Pedro e Juan Moreno Ulloa en 1915 e deseñada polo arquitecto Julián García Núñez[5] e o enxeñeiro Ángel Ardex.[6] Cun certo aquel ecléctico, pódese considerar de estilo modernista, cimentado sobre unha estrutura mixta de formigón e ferro. Con anterioridade a 1915, ocupaba o lugar a chamada "Torre Julia" ou "Torre da Fortaleza", resto da antiga fortaleza de Ribadeo.[7]
Dende 1997, o edificio ten a consideración de Ben de Interese Cultural.[8]
Descrición
Conta con diversos adornos, como alicatados, mármores, vidreiras, grecas, tellado con tellas de porcelana (cerámica vidrada) de cor vermella que reflicte a luz solar ou pilastras. A cúpula da torre principal está mantida por catro cariátides. A planta ten 950 m², e o solar, 1.050 m² (medidas tomadas usando SIXPAC). Consta de baixo, tres plantas e baixocuberta, a parte do saínte da torre principal. Leváronse a cabo varias restauracións parciais, que polo momento case só aseguraron o non avance da deterioración do edificio.
O tellado que mantén a cúpula ábrese como os típicos de contos de fadas ó estilo centroeuropeo, do mesmo xeito que o resto de tellado visible, que coinciden co vixente a principios do século XX en Cuba, lugar de emigración dos seus primeiros propietarios.
Ten tres escaleiras e seis patios, asegurando a comunicación e claridade no edificio. En cada planta hai dúas vivendas, nas que están incluídas habitacións principais, secundarias e de servizo, con alturas de catro metros.
As galerías están realizadas en fundición, coroadas por tres arcos e con vidros policromados.
A estrutura básica é de formigón armado, novo material na zona na época da construción, polo que o seu tratamento non foi adecuado e a estrutura sufriu moito.
Actualidade
O 23 de decembro de 2010 no DOG sae unha resolución que abrirá paso a un novo enfoque para salvar o monumento, Ben de Interese Cultural, da ruína.
O 13 de xaneiro de 2011 comezan os traballos de apuntalamento para tentar salvala da súa caída.
O repartimento da propiedade lévase complicando na historia por división por herdanza, o que complica o seu mantemento e futuro. Despois dun proceso de compra pola empresa 'Paisajes de Asturias', en 2015 a estrutura de propiedade corresponde aproximadamente: un 60%, Paisajes de Asturias; 21,25% Concello de Ribadeo (adquirido en 1996)[1] e 19%, herdeiros na Arxentina.[7][9]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Alberto Leyenda (17 de xullo de 2011). "La incierta vida de la Torre dos Moreno". Consultado o 8 de marzo de 2016.
- ↑ "Consulta a la base de datos de bienes inmuebles". Consultado o 8 de marzo de 2016.
- ↑ "DECRETO 266/2004, del 11 de noviembre, por el que se declara bien de interés cultural, con la categoría de conjunto histórico, la villa de Ribadeo, Lugo" (PDF). Consultado o 8 de marzo de 2016.
- ↑ "concello de Ribadeo. Patrimonio. Núcleo antigo de Ribadeo". Consultado o 8 de marzo de 2016.
- ↑ Díaz Varela, Emilio Rafael; Crecente Maseda, Rafael; Álvarez López, Carlos (2004). Turismo y Ordenación Del Territorio en el Municipio de Ribadeo (en castelán). Santiago de Compostela: Concello de Ribadeo / Universidade de Santiago de Compostela. p. 69. ISBN 84-9750-273-6.
- ↑ Alonso (2005), p. 45
- ↑ 7,0 7,1 Ernesto Cruzado (10 de xullo de 2015). "Centenario de la Construcción de la Torre de los Moreno".
- ↑ "DECRETO 104/1997, do 17 de abril, polo que se declara ben de interese cultural con categoría de monumento a Torre dos Moreno, no concello de Ribadeo, provincia de Lugo". DOG (Diario Oficial de Galicia). Nº 87. 8 de maio de 1997. p. 4.346. Consultado o 7 de setembro de 2019.
- ↑ http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2015/11/09/paisajes-asturias-interesa-comprar-torre-dos-moreno/0003_201511X9C1991.htm
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torre dos Moreno |
Bibliografía
- Alonso Pereira, José Ramón (2005). "La arquitectura indiana de García Núñez a una y otra orilla del Eo". En VV.AA. Julián García Núñez: caminos de ida y vuelta (en castelán). Bos Aires: CEDODAL (Centro de documentación de Arquitectura Latinoamericana). pp. 45–59. ISBN 9871033117.
- Bores Gamundi, F. (Coord.) (2000). Casas de Indianos (en castelán). 84-453-2803-4. ISBN 84-453-2803-4.