Peto de ánimas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Non neutral|data=novembro de 2016}}
{{Non neutral|data=novembro de 2016}}
{{Sen referencias|data=novembro de 2016}}
{{Sen referencias|data=novembro de 2016}}
[[Ficheiro:Peto de animas de Cenlle.JPG|miniatura|dereita|200px|Peto de ánimas na parroquia de [[Cenlle, Cenlle|Santa María de Cenlle]], no concello de [[Cenlle]]]]
[[Ficheiro:Peto de animas de Cenlle.JPG|miniatura|Peto de ánimas en [[Cenlle, Cenlle|Santa María de Cenlle]]]]
Os '''petos de ánimas''' atópanse en camiños e encrucilladas de toda [[Galicia]] e son unha das manifestacións materiais do culto aos [[morto]]s, da devoción polas ánimas. Tódolos construídos con anterioridade a [[1901]] son [[Ben de Interese Cultural|bens de interese cultural]].<ref>{{Cita centrada|''Artigo 92. Hórreos, cruceiros e petos de ánimas''
[[Ficheiro:Petoaguasantas.jpg|dereita|miniatura|200px|Peto de ánimas en [[Aguasantas]]]]

Os '''petos de ánimas''' atópanse en camiños e encrucilladas de toda [[Galicia]] e son unha das manifestacións materiais do culto aos [[morto]]s, da devoción polas ánimas.
''1. Son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título&nbsp;I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.''

[…]

''2. Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada no número 1 poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico''. — [https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia]}}</ref>
== Significado ==
== Significado ==
[[Ficheiro:Peto Bora.jpg|miniatura|esquerda|200px|Peto de ánimas en [[Bora]]]]
[[Ficheiro:Petoaguasantas.jpg|miniatura|Peto de ánimas en [[Aguasantas]]]]
O seu significado vén da crenza na continuidade da [[alma]] despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o [[purgatorio]]), moi arraigada na mentalidade popular galega.

Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer [[esmola]]s para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo. Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.

Liña 14: Liña 19:

== Orixe ==
== Orixe ==
[[Ficheiro:Peto Bora.jpg|miniatura|esquerda|Peto de ánimas en [[Bora]]]]
As almas do purgatorio que son a meirande devoción galega, despois dos santos, de Cristo e da Nai; e, aínda que o culto teña a súa raizame no cerne mesmo do espírito galego, as mostras que se conservan son serodias.{{cómpre referencia}}

Liña 20: Liña 26:
== Localización e dimensións ==
== Localización e dimensións ==
As encrucilladas aínda inspiran temor aos naturais do [[país]], e a súa causa está en que pervive nas crenzas actuais consideralas como lugar que fora destinado ao enterramento, especialmente dos apartados da comunidade cristiá. De aí a crenza de que polas mesmas vaguen durante a noite as almas dos condenados.{{cómpre referencia}}

[[Ficheiro:Redondela, Cesantes 01-02.jpg|miniatura|Peto de ánimas en [[Cesantes, Redondela|Cesantes]]]]

Tanto a súa dimensión como iconografía son variadas, polo que é difícil estabelecer unha morfoloxía xeral, aínda que si se pode indicar que o corpo central do peto está composto por unha cavidade na que normalmente se representa ás ánimas no purgatorio, en relevo ou pintura, e un peto ou hucha para botar as esmolas. Estes elementos veñen a maioría das veces acompañados doutros secundarios: cornixas, pilastras, portiña de ferro etc.

== O culto aos petos de ánimas ==
== O culto aos petos de ánimas ==

[[Ficheiro:Redondela, Cesantes 01-02.jpg|miniatura|Peto de ánimas en [[Cesantes, Redondela|Cesantes]] (Redondela)]]
Tamén é habitual que, ao pasar por diante do peto, se rece unha oración polas benditas ánimas para que poidan saír do purgatorio. Tamén se lles agradece algún favor feito, porque acostuman a axudar aos vivos. Pídeselles axuda para solucionar algún problema e colócanselles flores no seu recordo. Ás ánimas, sobre todo, ténselles respecto.

== Notas ==
{{Listaref}}

== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
{{Commonscat2|Wayside shrines in Galicia (Spain)}}
{{Commonscat2|Wayside shrines in Galicia (Spain)}}
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |apelidos1={{Versaleta|Rodríguez Puentes}} |nome1=E. |apelidos2={{Versaleta|Abad Gallego}} |nome2=J. C. |ano=1990 |título=Cruceiros, cruces e petos de ánimas no concello de Vigo |editorial=Concellería de Cultura |isbn=84-505-9318-2 |ref=harv }}
=== Outros artigos ===
=== Outros artigos ===
* [[Cruceiro]]
* [[Cruceiro]]
Liña 35: Liña 46:

=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://vigoetnografico.blogspot.com/2007/12/ltimos-petos-de-nimas-y-nuevos-petos_26.html Últimos petos de ánimas y nuevos petos (Vigoetnográfico)]
* José Manuel Jesús Hidalgo: [http://vigoetnografico.blogspot.com/2007/12/ltimos-petos-de-nimas-y-nuevos-petos_26.html "Últimos petos de ánimas y nuevos petos"] vigoetnografico.blogspot.com 26/12/2007 {{Es}}.

{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 7 de setembro de 2019 ás 09:11

Peto de ánimas en Santa María de Cenlle

Os petos de ánimas atópanse en camiños e encrucilladas de toda Galicia e son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción polas ánimas. Tódolos construídos con anterioridade a 1901 son bens de interese cultural.[1]

Significado

Peto de ánimas en Aguasantas

O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.

Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo. Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.

Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome. Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cerdedo-Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...". Tamén se invita a recordar os antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos". E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogad por nos, Señor, y socorrednos con vuestros sufragios que nos pidiremos por vos".

Orixe

Peto de ánimas en Bora

As almas do purgatorio que son a meirande devoción galega, despois dos santos, de Cristo e da Nai; e, aínda que o culto teña a súa raizame no cerne mesmo do espírito galego, as mostras que se conservan son serodias.[Cómpre referencia]

A idea do purgatorio, aumentada e revitalizada a partir do Concilio de Trento (século XVI), fixo que se desenvolvese a práctica da construción destes monumentos populares cunha determinada iconografía. Pero segundo parece, en Galicia é no século XVIII cando se fan a maior parte destes monumentos dedicados ás ánimas; e os máis antigos conservados corresponden ao século XVII.[Cómpre referencia]

Localización e dimensións

As encrucilladas aínda inspiran temor aos naturais do país, e a súa causa está en que pervive nas crenzas actuais consideralas como lugar que fora destinado ao enterramento, especialmente dos apartados da comunidade cristiá. De aí a crenza de que polas mesmas vaguen durante a noite as almas dos condenados.[Cómpre referencia]

Peto de ánimas en Cesantes

Tanto a súa dimensión como iconografía son variadas, polo que é difícil estabelecer unha morfoloxía xeral, aínda que si se pode indicar que o corpo central do peto está composto por unha cavidade na que normalmente se representa ás ánimas no purgatorio, en relevo ou pintura, e un peto ou hucha para botar as esmolas. Estes elementos veñen a maioría das veces acompañados doutros secundarios: cornixas, pilastras, portiña de ferro etc.

O culto aos petos de ánimas

Tamén é habitual que, ao pasar por diante do peto, se rece unha oración polas benditas ánimas para que poidan saír do purgatorio. Tamén se lles agradece algún favor feito, porque acostuman a axudar aos vivos. Pídeselles axuda para solucionar algún problema e colócanselles flores no seu recordo. Ás ánimas, sobre todo, ténselles respecto.

Notas

  1. Artigo 92. Hórreos, cruceiros e petos de ánimas

    1. Son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.

    […]

    2. Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada no número 1 poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico. — Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia

Véxase tamén

Bibliografía

  • Rodríguez Puentes, E.; Abad Gallego, J. C. (1990). Cruceiros, cruces e petos de ánimas no concello de Vigo. Concellería de Cultura. ISBN 84-505-9318-2. 

Outros artigos

Ligazóns externas