Club Balonmán Cangas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 55: Liña 55:
En [[1974]], e co equipo aínda competindo en Primeira Provincial, os equipos masculino e feminino do Luceros pasaron a formar parte da estrutura do [[Alondras Club de Fútbol]], disputando aínda os seus partidos no "Aterrado" ata que en xullo de [[1977]] se inaugurou cun partido fronte ao [[Sociedad Deportiva Teucro|Teucro]] de [[Pontevedra]], o primeiro pavillón acondicionado axeitadamente para a práctica do balonmán, o Polideportivo de Romarigo, no que comezou a xogar ese mesmo ano logo de 16 anos xogando ao aire libre.{{Harvnp|Cangas|2011|p=47}}{{Harvnp|Cangas|2011|p=35}}{{Harvnp|Cangas|2011|p=38}}<ref name=historia/>
En [[1974]], e co equipo aínda competindo en Primeira Provincial, os equipos masculino e feminino do Luceros pasaron a formar parte da estrutura do [[Alondras Club de Fútbol]], disputando aínda os seus partidos no "Aterrado" ata que en xullo de [[1977]] se inaugurou cun partido fronte ao [[Sociedad Deportiva Teucro|Teucro]] de [[Pontevedra]], o primeiro pavillón acondicionado axeitadamente para a práctica do balonmán, o Polideportivo de Romarigo, no que comezou a xogar ese mesmo ano logo de 16 anos xogando ao aire libre.{{Harvnp|Cangas|2011|p=47}}{{Harvnp|Cangas|2011|p=35}}{{Harvnp|Cangas|2011|p=38}}<ref name=historia/>


Na segunda tempada do equipo no novo pavillón proclamouse campión da Primeira Provincial, disputando xunto co [[Sociedad Atlética Redondela|SAR]] de [[Redondela]] a fase de ascenso a Primeira Nacional con equipos de fóra de [[Galicia]], finalizando na segunda posición ás portas do ascenso á categoría nacional.{{Harvnp|Cangas|2011|p=41}} Tan só dous anos despois, na tempada 1980-81, o equipo capitaneado por Juán Abalo repetiu o campeonato provincial e disputou unha vez máis a liga de ascenso, que tivo lugar en Cangas entre o 30 de abril e o 3 de mato de [[1981]]. Os cangueses proclamáronse campións da fase de ascenso logo de derrotar na final ao Corrales de Buelna [[Cantabria|cántabro]], e conseguiron ascender á Segunda División Nacional.{{Harvnp|Cangas|2011|p=42-43}}
Na segunda tempada do equipo no novo pavillón proclamouse campión da Primeira Provincial, disputando xunto co [[Sociedad Atlética Redondela|SAR]] de [[Redondela]] a fase de ascenso a Primeira Nacional con equipos de fóra de [[Galicia]], finalizando na segunda posición ás portas do ascenso á categoría nacional.{{Harvnp|Cangas|2011|p=41}} Tan só dous anos despois, na tempada 1980-81, o equipo capitaneado por Juán Abalo repetiu o campionato provincial e disputou unha vez máis a liga de ascenso, que tivo lugar en Cangas entre o 30 de abril e o 3 de mato de [[1981]]. Os cangueses proclamáronse campións da fase de ascenso logo de derrotar na final ao Corrales de Buelna [[Cantabria|cántabro]], e conseguiron ascender á Segunda División Nacional.{{Harvnp|Cangas|2011|p=42-43}}


Logo de dous anos en Segunda Nacional, na tempada 1982-83 o Alondras alzouse co campionato que dá dereito a disputar a fase de ascenso a Primeira División Nacional. Na fase, celebrada en [[Santander]], o equipo finalizou na cuarta posición, vendo frustrado o intento de ascender de categoría.{{Harvnp|Cangas|2011|p=45}} A seguinte foi a última tempada en que o equipo competiu baixo a denominación de Alondras CF.{{Harvnp|Cangas|2011|p=46}}
Logo de dous anos en Segunda Nacional, na tempada 1982-83 o Alondras alzouse co campionato que dá dereito a disputar a fase de ascenso a Primeira División Nacional. Na fase, celebrada en [[Santander]], o equipo finalizou na cuarta posición, vendo frustrado o intento de ascender de categoría.{{Harvnp|Cangas|2011|p=45}} A seguinte foi a última tempada en que o equipo competiu baixo a denominación de Alondras CF.{{Harvnp|Cangas|2011|p=46}}

Revisión como estaba o 7 de setembro de 2019 ás 00:15

Balonmán Cangas
Equipo do Cangas nas semifinais da Copa Galicia 2014
Nome completoClub Balonmán Cangas
CidadeCangas, Galicia Galicia
Historia1961-
Fundado1961
PavillónO Gatañal (2 500 espectadores)
PresidenteManuel Adolfo Camiña Fernández
AdestradorMagí Serra Cortina
CompeticiónLiga ASOBAL
Cores          Azul e branco
Na rede
http://www.balonmancangas.com/
Facebook: balonmancangas Twitter: balonmancangas Editar o valor em Wikidata
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Local
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Visitante
Sitio web
Sitio web oficial

O BM Cangas do Morrazo ou Frigoríficos do Morrazo por motivos de patrocinio, é un equipo galego de balonmán da localidade pontevedresa de Cangas fundado en 1961. Actualmente xoga na División de Honra A, tamén coñecida como Liga ASOBAL logo dunha tempada na que ascendeu por terceira vez da División de Honra B nunha fase de ascenso organizada no seu campo, o pavillón do Gatañal. O BM Cangas está considerado un clásico da Liga ASOBAL. Tralo primeiro ascenso en 1995 estivo ata 2006 ininterrompidamente.

Historia

Inicios, o Luceros O.J.E.

Se ben coñécese que anos antes das primeiras mencións ao balonmán en Cangas xa se disputara na vila un partido de balonmán a 11 entre o Traviesas de Vigo (Campión de España) e a Escuela Naval Militar de Marín no Campo de Massó,[1] os primeiros datos da práctica do balonmán en Cangas datan de comezos de 1960, cando un grupo de amigos comezaron a xogar tendo que desprazarse a Vigo para disputar os primeiros partidos. O primeiro encontro disputado foi en 1961, cando co nome de Luceros gañaron ó "Alerta" de Vigo por 4-5 no colexio Alba da cidade olívica. Máis tarde, ese mesmo ano, inscribiuse como equipo xuvenil, o que supuxo o comezo oficial do club.[2] O primeiro partido oficial do equipo xuvenil disputouse en Vigo, no que os cangueses conseguiron derrotar ao Ponce de León (2-1) no Salón Baile “As Cabanas”. E ese mesmo ano, durante o verán, disputouse o primeiro torneo na Avenida Méndez Núñez de Cangas grazas á doazón de dúas porterías por parte de Luís Hernández.[3]

O primeiro equipo sénior inscribiuse en 1968 na liga de Terceira Provincial.[2] Baixo a denominación de Luceros O.J.E. o equipo pasou a xogar de xeito definitivo nun campo improvisado na Avenida Vicenti,[4] que era curtada ao tráfico e pintada coas liñas do campo, e levando as porterías ás costas para a disputa dos partidos, menores que os árbitros e xogadores empregaban os negocios e distintas dependencias a modo de vestiarios.[5]

Dous feitos importantes salientaron durante o ano 1969. Nesta data o equipo sénior masculino acadou o ascenso a Segunda Provincial.[6] Tamén destacou a creación do primeiro equipo feminino da entidade, que comezou a competir dende entón baixo o nome de Luceros O.J.E.,[7] e que disputou o seu primeiro partido ese mesmo ano na Avenida Vicenti durante as Festas do Cristo.[8]

A andaina dos cangueses na segunda categoría provincial durou pouco, xa que na tempada 1970-71 o equipo conseguiu o ascenso a Primeira Provincial logo de derrotar ao equipo do Pino na Avenida de Vicenti.[9] Non foi ata 1972 cando se inaugurou a "Pista do Aterrado", fronte ó mercado do mesmo nome, no centro da vila, logo de acondicionar a fronte marítima.[2][10] A pista foi inaugurada cun partido fronte ao Galicia Social Cortemans.[11]

Integración no Alondras CF e debut en categoría nacional

En 1974, e co equipo aínda competindo en Primeira Provincial, os equipos masculino e feminino do Luceros pasaron a formar parte da estrutura do Alondras Club de Fútbol, disputando aínda os seus partidos no "Aterrado" ata que en xullo de 1977 se inaugurou cun partido fronte ao Teucro de Pontevedra, o primeiro pavillón acondicionado axeitadamente para a práctica do balonmán, o Polideportivo de Romarigo, no que comezou a xogar ese mesmo ano logo de 16 anos xogando ao aire libre.[12][13][14][2]

Na segunda tempada do equipo no novo pavillón proclamouse campión da Primeira Provincial, disputando xunto co SAR de Redondela a fase de ascenso a Primeira Nacional con equipos de fóra de Galicia, finalizando na segunda posición ás portas do ascenso á categoría nacional.[15] Tan só dous anos despois, na tempada 1980-81, o equipo capitaneado por Juán Abalo repetiu o campionato provincial e disputou unha vez máis a liga de ascenso, que tivo lugar en Cangas entre o 30 de abril e o 3 de mato de 1981. Os cangueses proclamáronse campións da fase de ascenso logo de derrotar na final ao Corrales de Buelna cántabro, e conseguiron ascender á Segunda División Nacional.[16]

Logo de dous anos en Segunda Nacional, na tempada 1982-83 o Alondras alzouse co campionato que dá dereito a disputar a fase de ascenso a Primeira División Nacional. Na fase, celebrada en Santander, o equipo finalizou na cuarta posición, vendo frustrado o intento de ascender de categoría.[17] A seguinte foi a última tempada en que o equipo competiu baixo a denominación de Alondras CF.[18]

O Club Balonmán Cangas

Logo de 10 anos de vinculación, en 1984 o equipo de balonmán separouse do Alondras CF, nacendo nese momento o Club Balonmán Cangas presidido por Pepe Iglesias. A separación motivou que durante dos seguintes dous anos o novo club pasara a xogar os seus partidos como local no Pavillón do Colexio Castrillón de Coiro, ata que o Pavillón de Romarigo pasou a ser de titularidade municipal en 1986.[19]

O equipo feminino, que daquela competía na División Nacional, experimentou o mesmo proceso que o masculino. O ano seguinte da separación renunciou á categoría nacional e pasou a competir na tempada 1985-86 en categoría provincial, rematando esa tempada como campioas de liga e copa, e gañando todos os torneos disputados esa tempada.[20]

Na tempada 1988-89, logo de varios anos de adaptación á Segunda Nacional, o daquela CB Cangas Aralva proclamouse campión do grupo galego da categoría colleitando unha soa derrota ao longo de toda a tempada. O campionato outorgoulle o dereito a disputar a fase de sector que posibilitaba o ascenso á División Nacional B que se disputou en Cangas do 1 ao 4 de xuño de 1989. Esta fase de ascenso converteuse en histórica para o club, xa que conseguiu o ascenso tras vencer a Avilesina e Cultural Frea de Valladolid e malia caer no último partido fronte o Cuatro Caños de Torrelavega.[21]

En 1993 inaugurouse o pavillón Municipal do Gatañal, onde xogan dende ese ano os seus partidos como local.[2]

Suso Soliño en 2013. O xogador cangués debutou co equipo en 1994 e mantíñase en activo no mesmo durante a tempada 2019-20.

Na tempada 1994-95 acada por primeira vez o ascenso á Liga ASOBAL, na que permanecería 11 tempadas, ata o seu descenso á División de Prata na tempada 2005-06 no ano que se estreaba na liga europea EHF. Non volvería a ascender de categoría ata a tempada 2008-09. A nova etapa duraría só unha tempada, tras quedar na última posición e descender á segunda categoría.

Na campaña 2011-12 conseguirían rematar terceiros na clasificación regular, o que lles deu acceso a xogar a eliminatoria polo ascenso. Un ascenso que acabarían acadando tras derrotar ao Gijón Jovellanos e ao BM Villa de Aranda.

Dende o último ascenso, en boa parte pola súa aposta pola canteira, conseguiu pasar de loitar pola permanencia na máxima categoría a loitar por obxectivos máis ambiciosos, obtendo o seu cume na tempada 2015/16, na que volveu a xogar en Europa na liga EHF, obtivo un pase para xogar a Copa Asobal en León, tras acadar o 3º posto a metade da tempada, e obtivo o pase ós cuartos de final da Copa do Rei.

Pavillón

Artigo principal: Pavillón do Gatañal.
Pavillón do Gatañal

Nos seus inicios, baixo as denominacións Luceros e a primeira etapa integrado no Alondras, o equipo xogou os seus partidos ao aire libre, primeiro nunha pista improvisada na Avenida Vicenti ata 1972, e logo na Pista do Aterrado, na que xogou os seguintes cinco anos.[11][4]

Dende 1993 o Club Balonmán Cangas xoga os seus partidos como local no Pavillón do Gatañal, situado na estrada Cangas-Aldán, onde o equipo ten tamén a súa sede.[2][22] O pavillón conta con capacidade para preto de 2 500 persoas.[23][22]

Xogadores

Cadro 2014/15

Posto País Xogador
1 POR Galicia Edu Salazar
3 EE Galicia Moisés Simes
4 PIV Galicia Santi Gallego
5 LD Galicia Serafín Pousada
7 CE Galicia Rubén Soliño
8 ED Galicia Suso Soliño
9 EE Galicia Joel Fontenla
11 CE Galicia Alberto Casares
Posto País Xogador
12 POR Galicia Anxo Dopazo
13 CE Galicia Fernando Eijo
16 POR Yeray Lamariano
18 LE Galicia Eloy Krook
20 PIV Galicia Dani Cerqueira
21 LE Galicia Adrián Rosales
23 ED Galicia Ángel Iglesias
24 LE Alen Muratović
25 CE Galicia David García Barreiro

Xogadores destacados

En 1977 cando chegou o primeiro xogador estranxeiro ao club morracense. Tratábase do iugoslavo Bozidar.[24]

Palmarés

Tempada Categoría Posto Logro
1698-69 Terceira Provincial -
1969-70 Terceira Provincila - Ascenso a Segunda Provincial
1970-71 Segunda Provincial - Ascenso a Div. Provincial
1980-81 Div. Provincial - Ascenso a Segunda Nacional
1988-89 Segunda Nacional - Ascenso 1ª Nacional B
1992-93 División Honra B -
1994-95 División Honra B Ascenso a División Honra "A" (ASOBAL)
1995-96 ASOBAL 13º
1996-97 ASOBAL 10º
1997-98 ASOBAL 12º
1998-99 ASOBAL 12º
1999-00 ASOBAL
2000-01 ASOBAL 13º
2001-02 ASOBAL 13º
2002-03 ASOBAL 12
2003-04 ASOBAL 12º
2004-05 ASOBAL Clasifícase para a EHF (Europa)
2005-06 ASOBAL-EHF 16º Descenso a División Honra "B"
2006-07 División Honra "B"
2007-08 División Honra "B"
2008-09 División Honra "B" Fase de ascenso
2009-10 ASOBAL 16º
2010-11 División Honra Prata Fase de ascenso
2011-12 División Honra "B" Fase de ascenso. Ascende a Liga ASOBAL debido á bacante BM Torrevieja
2012-13 Liga ASOBAL 14º
2013-14 Liga ASOBAL 10º
2014-15 Liga ASOBAL Clasifícase para a EHF (Europa)
2015-16 Liga ASOBAL - EHF - Copa Asobal - Clasifícase para a Copa Asobal tras quedar 3º a metade de tempada.

Notas

  1. Cangas 2011, p. 14.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Historia" (en castelán). Club Balonmán Cangas. Consultado o 6 de setembro de 2019. 
  3. Cangas 2011, p. 15-16.
  4. 4,0 4,1 Cangas 2011, p. 18.
  5. Cangas 2011, p. 20.
  6. Cangas 2011, p. 19.
  7. Cangas 2011, p. 22.
  8. Cangas 2011, p. 23.
  9. Cangas 2011, p. 21.
  10. Cangas 2011, p. 27.
  11. 11,0 11,1 Cangas 2011, p. 28-29.
  12. Cangas 2011, p. 47.
  13. Cangas 2011, p. 35.
  14. Cangas 2011, p. 38.
  15. Cangas 2011, p. 41.
  16. Cangas 2011, p. 42-43.
  17. Cangas 2011, p. 45.
  18. Cangas 2011, p. 46.
  19. Cangas 2011, p. 55.
  20. Cangas 2011, p. 60.
  21. Cangas 2011, p. 62.
  22. 22,0 22,1 "Contacto" (en castelán). Club Balonmán Cangas. Consultado o 7 de setembro de 2019. 
  23. "Liga ASOBAL de Balonmano" (en castelán). asobal.es. Consultado o 7 de setembro de 2019. 
  24. Cangas 2011, p. 40.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas