Penarrubia, Baralla: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
Agremon (conversa | contribucións)
m separado en párrafos e algunha ligazón
Liña 1: Liña 1:
Igrexa de Penarrubia
Igrexa de Penarrubia. ([[Baralla]])

Áchase na actualidade nun estado lamentábel de conservación. Consta do corpo da igrexa e torre. Esta, de construción posterior, organízase en dous corpos: o inferior, cúbico e robusto, alberga a maquinaria dun reloxo de pesas, que mostra ao exterior, na cara leste, a súa esfera horaria; o segundo corpo, recentemente reconstruído, remata nun chapitel de gusto lamentábel coas paredes de tixolo sen recebar, soporta dúas campás, unha delas toca as horas que marca o reloxo e a outra, de maior tamaño, é a que se emprega habitualmente para convocar ao culto.

No exterior, as paredes encaladas ocultan a cantería e a cachotaría.

No interior ofrece planta de tres naves: a central, case de duplo tamaño que as laterais, está recuberta de bóveda de medio punto, mentres que as laterais son de aresta. Lonxitudinalmente consta de catro tramos separados por piares sobre os que descansan pilastras que soportan os arcos faixóns e os formeiros. Todo o perímetro está unido por unha imposta corrida. O presbiterio, elevado e solemne, está cuberto no exterior a catro augas e no interior presenta bóveda de canón.

O retablo da capela maior é neoclásico. Nos primeiros anos da década dos sesenta foi repintado por mans totalmente inexpertas con xaspeados de mal gusto. No seu ático ofrece unha pintura ao óleo sobre madeira tamén lamentabelmente estragada polo mesmo pintor que coloreou o retablo. A única talla que merece algún interese é unha santa Lucía, situada sobre unha peaña enriba dunha das portas que dan acceso á sancristía.

O retablo da nave sur é unha boa manifestación barroca. Foi pintado no ano 1767. Está dourado e consérvase en bo estado malia o deterioro prolongado da teitume que filtra augas e humidades desde hai moitos anos. Presenta estípites como elementos substentantes e consta de un corpo de tres fornelas e un ático. As tallas que o compoñen son de boa calidade: unha Virxe do Carme, que preside, un san Alberte e un san Francisco, que desde hai algúns anos se encontran en ignorado paradoiro. No sagrario hai dous gravados que representan as ánimas do purgatorio.
O retablo da nave sur é unha boa manifestación [[Barroco|barroca]]. Foi pintado no ano [[1767]]. Está dourado e consérvase en bo estado malia o deterioro prolongado da teitume que filtra augas e humidades desde hai moitos anos. Presenta estípites como elementos substentantes e consta de un corpo de tres fornelas e un ático. As tallas que o compoñen son de boa calidade: unha Virxe do Carme, que preside, un san Alberte e un san Francisco, que desde hai algúns anos se encontran en ignorado paradoiro. No sagrario hai dous gravados que representan as ánimas do purgatorio.

O retablo da nave norte, tamén con estrutura de tres fornelas e un ático, presenta elementos barrocos mesturados con outros neoclásicos. Está presidido pola talla de san Antonio. As outras imaxes son as de san Ramón, san Roque e san Blas, todas elas de menor interese artístico. Na parte superior estaban as imaxes dos santos san Pedro e san Paulo, tamén desaparecidas.

Nos pés da igrexa, adosada ao primeiro Pilar, na última arcada que separa a nave central da norte, localízase a pía bautismal decorada con figuras xeométricas e antropomórficas.
Nos pés da igrexa, adosada ao primeiro pilar, na última arcada que separa a nave central da norte, localízase a pía bautismal decorada con figuras xeométricas e antropomórficas.

[[Category:Baralla]]
[[Category:Baralla]]

Revisión como estaba o 4 de xullo de 2005 ás 14:19

Igrexa de Penarrubia. (Baralla)