Wikipedia:Aprendendo WikiData Setembro 2019: Diferenzas entre revisións
Liña 10: | Liña 10: | ||
==Información para participantes== |
==Información para participantes== |
||
Poderán asistir ao encontro persoas con distintos niveis de coñecemento de Wikidata. Pero que é [[ |
Poderán asistir ao encontro persoas con distintos niveis de coñecemento de Wikidata. Pero que é [[Wikidata]]? |
||
Na aula CeMIT hai ordenadores dispoñibles e conexión WiFi, polo que non é preciso traer computador propio. |
Na aula CeMIT hai ordenadores dispoñibles e conexión WiFi, polo que non é preciso traer computador propio. |
Revisión como estaba o 30 de agosto de 2019 ás 15:32
En setembro de 2019 está prevista a organización dun encontro presencial de Wikipedistas de Galicia para aprendermos a manexar Wikidata. Este obradoiro será continuación doutro similar que houbo en Santiago de Compostela.
A idea é traballar sobre dúbidas concretas que leven as persoas asistentes. Dúas das persoas asistentes van ir en outubro á WikidataCon 2019 (Berlín, 25 e 26 de outubro), polo que no caso de que xurdan problemas que non saibamos solucionar no momento, poderán ser consultados en dito evento.
Cando e onde
A idea é facela en Lalín na aula CeMIT do Auditorio o 28 de setembro.
Información para participantes
Poderán asistir ao encontro persoas con distintos niveis de coñecemento de Wikidata. Pero que é Wikidata?
Na aula CeMIT hai ordenadores dispoñibles e conexión WiFi, polo que non é preciso traer computador propio.
Que imos facer?
As propostas que se listan a continuación son orientativas, xa que o obradoiro buscará adaptarse ás necesidades das persoas participantes:
- Etiquetas, descricións e propiedades. Que son, como se modifican e como se traducen ao galego
- Como ligar os datos de Wikipedia e Wikidata
- Que afirmacións leva un elemento relacionado cunha persoa
- Referencias en Wikidata
- Cualificadores de propiedade: que son e como se usan aplicados ás biografías de persoas
- Xestión de erros: duplicados e fusións
- Como facer unha consulta básica no servizo SPARQL
- Como facer unha lista en Wikipedia que tome datos de Wikidata usando o modelo Wikidata list
- Propiedades asociadas a entidades xeográficas
- Propiedades asociadas a obras literarias
- Como facer cambios semiautomáticos en bloque usando táboas
- Como se está a facer a integración entre Commons e Wikidata. Exemplo práctico de como editar Structured Commons en galego
Quen se anima?
- Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de xullo de 2019 ás 21:31 (UTC)
- Maria zaos (conversa) 17 de xullo de 2019 ás 22:35 (UTC)
- Elisardojm (conversa) 18 de xullo de 2019 ás 10:03 (UTC) (en principio si)