Río Miño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 55: Liña 55:


== Etimoloxía ==
== Etimoloxía ==
'''Miño''' ou '''Minho''' aparece documentado na [[Época antiga|antigüidade]] coma ''Minius'' ou ''Mineus'', segundo [[Edelmiro Bascuas|E. Bascuas]] é unha forma [[Lingua galaica|galaica]] de orixe paleoeuropea (seguramente [[Linguas celtas|celta]]), derivada da raíz [[Lingua protoindoeuropea|indoeuropea]] ''*mei-'' 'camiñar, ir'.<ref>Cf. páx. 534 de "La Hidronimia de Galicia: tres estratos ..". http://www.mondonedoferrol.org/estudios-mindonienses/MINDONIENSES%2024%20[protegido].pdf</ref> Tamén aparece referenciado coma ''Baenis'' polos antigos historiadores.
'''Miño''' ou '''Minho''' aparece documentado na [[Idade antiga|antigüidade]] coma ''Minius'' ou ''Mineus'', segundo [[Edelmiro Bascuas|E. Bascuas]] é unha forma [[Lingua galaica|galaica]] de orixe paleoeuropea (seguramente [[Linguas celtas|celta]]), derivada da raíz [[Lingua protoindoeuropea|indoeuropea]] ''*mei-'' 'camiñar, ir'.<ref>Cf. páx. 534 de "La Hidronimia de Galicia: tres estratos ..". http://www.mondonedoferrol.org/estudios-mindonienses/MINDONIENSES%2024%20[protegido].pdf</ref> Tamén aparece referenciado coma ''Baenis'' polos antigos historiadores.


Comparten etimoloxía co noso Miño os polacos Minia, Mnina e Mień, o alemán Main, o irlandés Maoin, o lituano Minija, o italiano toscano Mignone<ref>''Notas acerca de Hidronimia Gallega'' Abelardo Moralejo Laso, [[Universidade de Santiago de Compostela]]</ref>.
Comparten etimoloxía co noso Miño os polacos Minia, Mnina e Mień, o alemán Main, o irlandés Maoin, o lituano Minija, o italiano toscano Mignone<ref>''Notas acerca de Hidronimia Gallega'' Abelardo Moralejo Laso, [[Universidade de Santiago de Compostela]]</ref>.

Revisión como estaba o 30 de agosto de 2019 ás 06:10

Miño
Vista do río Miño e de Tui desde Valença (Portugal)
PaísEspaña España
Portugal Portugal
Comunidade autónoma e rexiónGalicia Galicia
Portugal Norte
NacementoFonte do Forto no Pedregal de Irimia [1]
Altitude700 m
Lonxitude307,5 km [2][3]
Conca17 026 km² [2]
Caudal medio419,9 m³/s [2]
Caudal relativo24,7 L/s/km² [2]
DesembocaduraOcéano Atlántico
Altitude desembocadura0 m
Conca do río Miño no territorio galego

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km [2][3][4][5]. Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Etimoloxía

Miño ou Minho aparece documentado na antigüidade coma Minius ou Mineus, segundo E. Bascuas é unha forma galaica de orixe paleoeuropea (seguramente celta), derivada da raíz indoeuropea *mei- 'camiñar, ir'.[6] Tamén aparece referenciado coma Baenis polos antigos historiadores.

Comparten etimoloxía co noso Miño os polacos Minia, Mnina e Mień, o alemán Main, o irlandés Maoin, o lituano Minija, o italiano toscano Mignone[7].

Malia parecer a orixe celta a máis acertada, outros autores dan como étimo o latín minium (vermello, cinabrio, minio) pola semellanza co nome Minius que os romanos daban ao río galaico. Con todo, na Gallaecia non se atopaba este mineral[8].

Curso

Nacemento

Pedregal de Irimia

O Miño nace no pedregal de Irimia, na serra de Meira, no concello lugués de Meira, formando tamén a súa cabeceira regos como o Porto da Pena e o Xirómeno.[1][2][3]

Curso alto

Máis adiante acrecenta o seu caudal coas augas da Lagoa de Fonmiñá, na Pastoriza (Lugo), a uns 50 km curso arriba, ao norte da capital de provincia.

Curso medio

Atravesa Lugo e Ourense. Neste curso o seu leito está encaixoado en moitos lugares, e preséntanse varios encoros (Belesar - o maior do río-, Peares, Velle, Castrelo e Crecente, por ordede descenso), e recibe ó seu principal afluente, o río Sil, pola esquerda.

Curso baixo

A última parte do seu curso ten unha baixa pendente e ladeiras máis amplas, se ben segue a presentar montañas a ambas beiras en case todo o percorrido.

Desembocadura

Desemboca na Guarda (Pontevedra) facendo fronteira con Portugal, onde desemboca en Caminha polo beira portuguesa.

Xeografía

Despois de recibir o Sil, flúe cara ao suroeste e, a partir do encoro de Frieira ata a desembocadura, o Miño constitúe fronteira entre Galicia e Portugal. En Ribadavia, ás súas beiras, prodúcese o célebre viño do Ribeiro de Avia. Fai de fronteira uns 80 km, no centro dun val de forte produción agrícola, con millo ou patacas, por exemplo, así como forraxe para o gando. Na tirada final tamén se ve bordeado por viñas de albariño.

Flora e fauna

Flora

Na bacía alta do Miño existen diversos tipos de ecosistemas acuáticos, característicos da rexión bioclimática atlántica. Afluentes como o Parga, o Ladra e o Támoga integran un característico complexo húmido, formado por unha extensa rede de canles, lagoas e terreos inundados aos que se asocian pasteiros, zonas agrícolas, bosques de ribeira, turbeiras ombotróficas, breixeiras e carballeira. Esta grande diversidade de hábitat acolle numerosas especies de aves durante o período invernal.[9]

No tramo alto atopamos unha vexetación formada por bosques aluviais de ameneiros (Almus glutinosa) e freixos (Fraxinus escelsior), carballeiras (Quercus robur e Quercus pyrenaica) e uceiras húmidas atlánticas (Erica cillaris e Erica tetralix). No relativo á fauna, están presentes numerosos anátidos (Anas platyrhynchos, Anas clypeata), así como un pequeno núcleo de sisón (Tetrax tetrax). Como especies piscícolas atopamos poboacións de ciprínidos como o cacho (Lenciscus carditerti), a reñosa (Rutilus arcani) e a boga (Choridostona polylepis duriensis). Dentro dos gasterosteidos, o espiñeiro europeo (Gasterosteus aculeatus).

O tramo do baixo Miño da lugar a un esteiro estreito e con insuas que é unha importante reserva: a zona especial de conservación Baixo Miño.

Fauna

En todo o curso do río atópanse peixes como a troita (Salmo trutta) e a anguía (Anguilla anguilla) e mamíferos como o aguaneiro (Galemys pyrenaicus) e a lontra (Lutra, lutra).

O tramo baixo do Miño alberga durante o inverno gran numero de aves acuáticas, como o parrulo cristado (Aythya fuligula), a píllara dourada (Pluvialis apricaria), a píllara cincenta (Pluvialis squatarola) e a avefría (Vanellus vanellus). Tamén conta cunha importante variedade de peixes, entre os que destaca o salmón (que presenta neste río o linde de distribución máis meridional de toda Europa) e a lamprea (Petromyzon marinus) pescada tradicionalmente nestas augas, en cuxa captura empregábanse diques de feitura peculiar, denominadas pesqueiras. Outras especies piscícolas que se atopan neste tramo son a zamborca (Alosa alosa), a sabela (Alosa fallax), a carpa vermella (Carassius auratus), a perca americana (Micropterus salmoides) e a solla (Platichthys flesus).

Os últimos 40 quilómetros do río Miño están colonizados pola ameixa asiática (Corbicula fluminea). A ameixa adaptouse ás condicións e ocupou o espazo, case eliminando outras especies. A ameixa asiática foi detectada por vez primeira no río Miño en 1989. Antes diso, xa chegara ao río Texo, tal vez transportada en navíos de transporte.

Impacto humano

Ademais dos encoros, as construcións feitas nas marxes (coma o paseo e parque da Canuda en Salvaterra de Miño), e da polución que sofre o río no último treito, especialmente dende que recibe as augas do río Tea; un dos principais problemas son as especies invasoras.

No esteiro do Miño os problemas de conservación a que se ve sometida esta zona radican na alta presión urbanística, cinexética e pesqueira, ademais da contaminación producida polos residuos urbanos.

Aproveitamento

Encoro da Frieira, entre Crecente e Padrenda.

O Miño é o río máis caudaloso de Galicia tras o seu encontro co Sil, que achega máis auga que o tramo alto do Miño: no anuario hidrolóxico da confederación hidrográfica Miño-Sil aparece que o encoro de San Pedro, no río Sil a poucos quilómetros da xuntanza co Miño, rexistra moito máis paso de auga que o de Os Peares, o último do río miño antes do encontro (5492 hm3 fronte a 2762,9 hm3 de media anual).[10]

Ten como principal afluente o Sil, que aporta un caudal semellante na fronteira entre as provincias de Lugo e Ourense (Os Peares, 30 km ao norte de Ourense). Está inzado de encoros: 3 entre Lugo e Ourense (Belesar, 654 hm³; Os Peares, 182 hm³; Velle, 17 hm³); e dous entre Ourense e Portugal (Castrelo de Miño, 60 hm³; Frieira, 44 hm³).

É navegábel de xeito transversal, e lonxitudinalmente en pequenos tramos e na súa desembocadura.

Insuas

Existen 14 insuas ou illas fluviais en todo o trazado do río Miño partillado entre Portugal e Galicia, catro das cales son consideradas como internacionais, non sendo "disputadas" por ningún dos estados español e portugués. Son os casos de Morraceira de Seixas, Morraceira de João de Sá e Varandas, estas máis próximas da freguesía de Lanhelas (Caminha), alén da Morraceira, máis próxima da costa galega.

Atribuídas a Galicia están as insuas Canosa, Morraceira do Grilo, Morraceira das Varandas, Vacariza e Fillaboa. Esta última, con 110 000 metros cadrados, segundo o anuncio público feito polo concello galego de Salvaterra de Miño, que a adquiriu a privados, deberá "abrir ao público" en 2013 como centro de interpretación ambiental.

Consideradas territorio portugués no río Miño son as illas dos Amores, Boega e Lenta, ambas en Vila Nova de Cerveira, e as de São Pedro e Conguedo, en Valença[11].

Cultura

Río Miño por Serafín Avendaño (Blanco y Negro, 1907)

O río Miño era o viveiro máis importante na cría de peixes da Península Ibérica até a metade do século XX. Estragado por represamentos e pola polución das augas, ficou convertido nunha sucesión de presas hidroeléctricas. A riqueza natural daba emprego a uns tres mil pescadores [12].

Salmóns, peixe sabre, lampreas, anguías, sollas, bogas, escalos..., a variedade de peixes do Miño era grande. Con diferentes modos de pesca para satisfacer a necesidade de alimento, como pesqueiras, con voitirón e cabaceira, alén de alxerife en arrastre, estacadas, trasmallo, redes dun pano, chumbeira, nasas, palangres e canas. Peixes destinados ao consumo local e á exportación, que chegou ao Brasil a finais do século XIX.

Pesca realizada desde embarcacións, como o carocho e a maseira ou gamela. Tamén navegaron polo río Miño barcazas de carga, vapores entre Valença e Caminha na metade do século XIX, e baixeis, pinazas, navíos e naos na Idade Media, en tempos dos activos portos de Tui e Valença.

Afluentes

Afluentes do río Miño por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:

  1. Río Madanela:[1] desemboca en Miñoto (A Pastoriza) pola marxe dereita.
  2. Río Pequeno:[1] desemboca no Pumar (Castro de Rei) pola marxe dereita.
  3. Río Azúmara:[1] desemboca en Coea (Castro de Rei) pola marxe esquerda.
  4. Río Anllo:[1] desemboca en Triabá (Castro de Rei) pola marxe dereita.
  5. Río Lea:[1] desemboca en Beloi (Castro de Rei) pola marxe esquerda.
  6. Río Támoga:[1] desemboca entre Os Porrás (Begonte) e Rego (Cospeito) pola marxe dereita.
  7. Río Ladra:[1] desemboca fronte a Santa Isabel (Outeiro de Rei) pola marxe dereita.
  8. Río Robra:[1][13] desemboca en Robra (Outeiro de Rei) pola marxe esquerda.
  9. Río Narla:[1] desemboca en Ombreiro (Lugo) pola marxe dereita.
  10. Río Mera:[1] desemboca na Mera (Lugo) pola marxe dereita.
  11. Río Rato (tamén chamado río da Chanca):[14] desemboca na cidade de Lugo pola marxe esquerda.
  12. Río Chamoso:[1] desemboca en Chamoso (O Corgo) pola marxe esquerda.
  13. Río Neira:[1] desemboca entre A Veiga (O Corgo) e Vilasante (O Páramo) pola marxe esquerda.
  14. Río Ferreira:[1] desemboca en Pacios (Guntín) pola marxe dereita.
  15. Río Loio:[1] desemboca en Cabo de Vila (Paradela) pola marxe esquerda.
  16. Río Zamoelle:[2] desemboca en Ferreiroá (Portomarín) pola marxe dereita.
  17. Río Pez:[1] desemboca entre Teibel e Marzán (O Saviñao) pola marxe esquerda.
  18. Rego de Moreda:[1] desemboca en San Xián (Taboada) pola marxe dereita.
  19. Río Sardiñeira:[1] desemboca en Montegrande (O Saviñao) pola marxe esquerda.
  20. Río de Pesqueiras:[1] desemboca en Pesqueiras (O Saviñao) pola marxe esquerda.
  21. Río Asma:[1] desemboca no Castro (Chantada) pola marxe dereita.
  22. Río Búbal:[1] desemboca nos Peares pola marxe dereita.
  23. Río Sil:[1] desemboca nos Peares pola marxe esquerda.
  24. Río de Barra:[1] desemboca en Barra de Miño (Coles) pola marxe dereita.
  25. Río Lonia:[1] desemboca na Lonia de Abaixo (Ourense) pola marxe esquerda.
  26. Río Barbaña:[1] desemboca na cidade de Ourense pola marxe esquerda.
  27. Río Barbantiño:[1] desemboca entre Arrabaldo (Ourense) e Izás (Punxín) pola marxe dereita.
  28. Río Avia:[1] desemboca na vila de Ribadavia pola marxe dereita.
  29. Río Ceves:[2] desemboca en Prexigueiro (Ribadavia) pola marxe dereita.
  30. Río Arnoia:[1] desemboca nos Chaos (A Arnoia) pola marxe esquerda.
  31. Río Deva:[1] desemboca entre Casaldálvaro (Cortegada) e O Valiño (Pontedeva) pola marxe esquerda.
  32. Río Troncoso ou Barxas:[1] forma parte da Raia, e desemboca fronte á Frieira (Crecente), entre Acivido (Padrenda) e Cevide (Melgaço) pola marxe esquerda.
  33. Río Ribadil:[1] desemboca na Foz (Crecente) pola marxe dereita.
  34. Río Deva:[1] desemboca entre O Cruceiro e O Pumar (Arbo) pola marxe dereita.
  35. Río Cea:[1] desemboca na Ponte Cabaleiros (Arbo) pola marxe dereita.
  36. Río Mouro:[1] desemboca en Forte (Monção) pola marxe esquerda.
  37. Río Termes:[1] desemboca entre Sucarreira e A Laxe (As Neves) pola marxe dereita.
  38. Regueira Xuliana:[1] desemboca en Liñares (As Neves) pola marxe dereita.
  39. Rego de Lobeira:[1] desemboca nas Regueiras (Salvaterra de Miño) pola marxe dereita.
  40. Río Tea:[1] desemboca na Quinta de Fillaboa (Salvaterra de Miño) pola marxe dereita.
  41. Río da Gadanha:[1] desemboca en Troporiz (Monção) pola marxe esquerda.
  42. Río Caselas:[1] desemboca entre A Agrela (Salvaterra de Miño) e Caldelas de Tui (Tui) pola marxe dereita.
  43. Río Manco:[1] desemboca en Friestas (Valença) pola marxe esquerda.
  44. Río Louro:[1] desemboca na cidade de Tui pola marxe dereita.
  45. Río Furnia:[2] desemboca en Carregal de Abaixo (Tomiño) pola marxe dereita.
  46. Río Cereixo:[1] desemboca en Forcadela (Tomiño) pola marxe dereita.
  47. Río do Pego:[1] desemboca en Vilar de Matos (Tomiño) pola marxe dereita.
  48. Río Tollo:[1] desemboca entre Fontela (Tomiño) e Carril (O Rosal) pola marxe dereita.
  49. Río Tamuxe:[1] desemboca entre A Ponte da Tamuxe e Pías (O Rosal) pola marxe dereita.
  50. Río Coura:[1] desemboca na cidade de Caminha pola marxe esquerda.

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do río Miño

Notas

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 1,38 1,39 1,40 1,41 1,42 1,43 1,44 1,45 1,46 1,47 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°12'46.5"N 7°15'46.1"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 34. ISBN 978-84-8341-136-0. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Cañada, Silverio, ed. (2003). "Miño 4". Gran Enciclopedia Galega 29. El Progreso - Diario de Pontevedra. pp. 187–196. ISBN 84-87804-26-8. 
  4. Cañada, Silverio, ed. (1974). "Miño". Gran Enciclopedia Galega 21. p. 78. 
  5. "Enciclopedia Galega Universal". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2008. Consultado o 01 de outubro de 2008. 
  6. Cf. páx. 534 de "La Hidronimia de Galicia: tres estratos ..". http://www.mondonedoferrol.org/estudios-mindonienses/MINDONIENSES%2024%20[protegido].pdf
  7. Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela
  8. Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela
  9. Hidrográfica do Miño-Sil
  10. ANUARIO DE AFOROS 2011-12 CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DEL MIÑO - SIL, saih.chminosil.es/files/informes/anuario/ANUARIO%20AFOROS%20CHMS%202011_12.pdf
  11. "Ilha espanhola é a primeira das 14 existentes no rio Minho a abrir ao público". 
  12. Vázquez, José Manuel (2015): O rio Minho galego-português, ISBN 9781326350161
  13. Concello de Outeiro de Rei. "Robra (San Pedro Fiz)". Concello de Outeiro de Rei. Consultado o 30 de marzo de 2016. 
  14. Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, buscar Lugo, Campus Universitario" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 4 de xullo de 2019. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas