A Cañiza: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 199: Liña 199:


[[Categoría:A Cañiza|A Cañiza]]
[[Categoría:A Cañiza|A Cañiza]]
[[Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía]]
[[Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía|Cañiza]]

Revisión como estaba o 29 de agosto de 2019 ás 06:17

Coordenadas: 42°12′46.12″N 8°16′23.88″O / 42.2128111, -8.2733000

A Cañiza
Bandeira da Cañiza
Escudo da Cañiza
Casa do Concello.
Situación
Xentilicio[1]cañicense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca da Paradanta
Poboación5.090 hab. (2023)[2][3]
Área108,1 km²[3]
Densidade47,09 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias[4]
Política (2019[5])
AlcaldeMiguel Domínguez Alfonso (PP)
Concelleiros
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 6
Outros: C's 1
Eleccións municipais na Cañiza
Uso do galego[6] (2011)
Galegofalantes63,36%
Na rede
http://www.caniza.org
editar datos en Wikidata ]

A Cañiza é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Paradanta. Segundo o IGE no 2014 tiña 5342 habitantes (6719 en 2003), incluídas 126 persoas de orixe estranxeira.

Toponimia

A Cañiza é un dos poucos topónimos castelanizados[Cómpre referencia] de Galicia aínda vixente e que así consta no Nomenclátor oficial de Galicia. Desta forma deriva o xentilicio (véxase no Galizionario) cañicense.

A Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia estableceu, de feito, que o nome correcto e orixinal era A Caniza[7], forma aínda viva entre algúns habitantes das parroquias do concello[8]. Non obstante, durante as dúas lexislaturas de Alberto Núñez Feijóo ao cargo do goberno galego non se executou a aprobación por parte do Consello da Xunta de dita modificación.[9]

O topónimo orixinal fai referencia ás primeiras construcións na zona: casetas[8] ou canastros feitas de canas entrelazadas e colmados (coñecidos na zona coma canizos ou canizas[10]) e ergueitas polos veciños de Valeixe.[11]

Para forma A Caniza propuxéronse os xentilicios: (véxase no Galizionario) canizán[7] ou canicense[7] .

Poboación

Censo total (habitantes) 5342 (2014)
Menores de 15 anos 632 (11,83 %)
Entre 15 e 64 anos 3159 (59,13 %)
Maiores de 65 anos 1551 (29,03 %)
Evolución da poboación da Cañiza   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
7923 7655 8186 7810 6782 6583 6461 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}} {{{18}}} {{{19}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Limita ao norte cos concellos de Covelo e Melón (este da provincia de Ourense), ao sur con Crecente, Arbo e As Neves, e ao oeste con Salvaterra de Miño, Mondariz e Covelo.

O seu relevo é accidentado, pois está situado entre unha zona de monte baixo da serra do Faro de Avión (situada ao nordeste) e o val do río Deva (ao sur). A maior altitude acádase no Alto da Cruz (1095 m).

A súa rede hidrográfica está formada polos ríos Uma (afluente do Tea), Ribadil e Deva (afluentes do Miño).

Climatoloxicamente está situada en transición entre o clima oceánico e o mediterráneo, segundo a zona.

Historia

Na zona habitou a tribo dos oestrimnios, que foron expulsados polos celtas. Da cultura megalítica quedan diversos restos, como os complexos rupestres de Laxiña das Cruces, Coto da Regueira do Valiño e Casiñas dos Mouros, os complexos megalíticos con gravados de Tomada de Estremadoiro e Coto da Vella, e os complexos megalíticos de Guntín, Aráns, Casiñas dos Mouros e A Cañiza.

Durante a Idade de Ferro o lugar estivo posiblemente habitado polos grovios. Daquela época quedan o castro de Grades, o castro de Monte Coto do Castro, o castro de Coto das Cavadas e o castro de Barreiros.

Logo da romanización as terras do concello foron enmarcadas no conventus Bracarensis. Na Idade Antiga, tralo I Concilio de Braga, as terras quedaron adscritas á diocese de Tui. O mosteiro da Franqueira posiblemente teña a súa orixe nunha ermida do século VI, da época de Martiño de Dumio.

No século IX, durante o reinado de Afonso II de Asturias, as terras do castelo de Sobroso, ao que pertencía o val de Achas, foron incluídas no reino de Galicia.

En 1056 Fernando I dá un privilexio do mosteiro da Franqueira, as súas terras e moradores ao abade Alvito e os monxes beneditinos. En 1147 Afonso VII outorga ao abade Odoario e aos monxes o dereito de coto. En 1293 a orde do Císter constrúe a igrexa de Santa María. Paio de Soutomaior, señor de Salvaterra, doou as terras dos cotos da Franqueira, O Cebreiro, Uma, Sendín e Pintelos, doazón que confirmaron Xoán I e Henrique III. O mosteiro desapareceu como tal en 1835, trala desamortización de Mendizábal.

A vila da Cañiza aparece documentada por primeira vez en 1583. As primeiras edificacións foron canastros (que nesta zona reciben o nome de canizos) feitas polos veciños de Valeixe para atender os cultivos da zona. Logo de construírse a capela do Doce Nome de Xesús, en 1790 o bispo de Tui, Domingo Fernández Angulo, erixiu A Cañiza como parroquia adxunta á de Valeixe, separándose definitivamente en 1815.

Na Cañiza editáronse os periódicos Nueva Cañiza (1927-1933) e La Cañiza (1932-1934).

Símbolos

O escudo heráldico oficial do concello da Cañiza foi aprobado mediante decreto en 2007, e ten o seguinte brasonamento:

De prata, un carballo sobre terreiro de sinople, follado e froitado de nove landras de goles; bordura xadrezada de goles e prata.[12]

Ademais, na mesma data aprobouse tamén a bandeira do concello, pano de verde cunha franxa vertical de branco no terzo do centro e, nesta, un carballo de verde follado e froitado de nove landras de vermello.[13]

A Cañiza na literatura popular

  • Batalláns xa chega/ coa súa santiña,/ e cara a Franqueira/ connosco camiña [14].
  • Vinme triste en Ponteareas,/ e da Cañiza a Melón,/ mais cheguei a Ribadavia/ e ensanchouse o corazón.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Cañiza.

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Cañiza

As Achas (San Sebastián) | A Cañiza (Santa Teresa) | O Couto (San Bartolomeu) | A Franqueira (Santa María) | Luneda (Santa María) | Oroso (Santa María) | Parada das Achas (Santiago) | Petán (San Xián) | Valeixe (Santa Cristina)

Lugares da Cañiza

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Cañiza vexa: Lugares da Cañiza.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "A Cañiza".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Resultado eleccións 2019
  6. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  7. 7,0 7,1 7,2 Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 44. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  8. 8,0 8,1 Navaza Blanco, G. (2006): Fitotoponimia galega, páx. 137. Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-95892-53-7
  9. "A Cañiza e Riveira". Dúbidas do galego. Consultado o 26 de agosto de 2016. 
  10. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para canizo.
  11. "Historia da vila na web do Concello" (en castelán). Consultado o 26 de agosto de 2016. 
  12. DOG, ed. (24 de maio de 2007). "DECRETO 110/2007, do 24 de maio, polo que se aproba o escudo do Concello da Cañiza (Pontevedra).". Consultado o 9 de abril de 2014. 
  13. DOG, ed. (24 de maio de 2007). "DECRETO 111/2007, do 24 de maio, polo que se aproba a bandeira do Concello da Cañiza (Pontevedra).". Consultado o 9 de abril de 2014. 
  14. Santa Eulalia de Batalláns é parroquia das Neves lindeira coa da Franqueira, na Cañiza. Vicente Risco: "Cultura espritual", en Historia de Galiza I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777, px. 393.

Véxase tamén

Bibliografía