Peso colombiano: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Moedas americanas" pola categoría "Moedas de América"
Breogan2008 (conversa | contribucións)
arranxo ligazón morta
Liña 38: Liña 38:
== Moedas ==
== Moedas ==
[[Ficheiro:Moneda_Colombiana_-_Colombian_Coins.JPG|miniatura|Moedas colombianas en 2012]]
[[Ficheiro:Moneda_Colombiana_-_Colombian_Coins.JPG|miniatura|Moedas colombianas en 2012]]
No presente circulan moedas de 50, 100, 200, 500 e 1000 pesos ($). Entre 1996 e 2002 estivo en circulación activa a moeda de $1000, que perdendo popularidade debido á súa [[falsificación]] masiva, polo cal se deixou de cuñalas, sendo substituídas pola emisión dun billete de 1000 pesos.<ref>http://www.eltiempo.com/archivo/documento/MAM-905414</ref><ref>http://www.eltiempo.com/archivo/documento/MAM-1310631</ref> Aínda que tecnicamente esta moeda aínda non saíu de circulación, e aínda conserva o seu valor cambiario, era moi difícil atopala en circulación corrente ata que se introduciu a nova familia de moedas onde o Banco da República decidiu volver cuñar unha moeda desta contía, posta ó público a partir do segundo semestre de 2012.<ref>{{Cita web|url=http://www.banrep.gov.co/sala-prensa/com2002-4.htm#septiembre%2027/2002|apelidos=Banco de la República|título=La moneda de MIL pesos no ha salido de circulación}}{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}</ref><ref>[http://www.banrep.gov.co/es/monedas/2144 ''Comunicados de prensa''] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20140327040700/http://www.banrep.gov.co/es/monedas/2144 |date=27 de marzo de 2014 }}. Banco de la República. 21 de febrero de 2014</ref>
No presente circulan moedas de 50, 100, 200, 500 e 1000 pesos ($). Entre 1996 e 2002 estivo en circulación activa a moeda de $1000, que perdendo popularidade debido á súa [[falsificación]] masiva, polo cal se deixou de cuñalas, sendo substituídas pola emisión dun billete de 1000 pesos.<ref>http://www.eltiempo.com/archivo/documento/MAM-905414</ref><ref>http://www.eltiempo.com/archivo/documento/MAM-1310631</ref> Aínda que tecnicamente esta moeda aínda non saíu de circulación, e aínda conserva o seu valor cambiario, era moi difícil atopala en circulación corrente ata que se introduciu a nova familia de moedas onde o Banco da República decidiu volver cuñar unha moeda desta contía, posta ó público a partir do segundo semestre de 2012.<ref>{{Cita web|url=http://www.banrep.gov.co/es/node/6413|apelidos=Banco de la República|título=La moneda de MIL pesos no ha salido de circulación|lingua=castelán}}</ref><ref>[http://www.banrep.gov.co/es/monedas/2144 ''Comunicados de prensa''] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20140327040700/http://www.banrep.gov.co/es/monedas/2144 |date=27 de marzo de 2014 }}. Banco de la República. 21 de febrero de 2014</ref>


En 1998, en conmemoración dos 50 anos da [[Organización dos Estados Americanos|OEA]], o Banco da República puxo en circulación unha edición especial de 5000 moedas únicas de $5000. Pero pola súa presentación nun estoxo, o seu alto valor facial e a baixa cuñaxe, estas moedas practicamente non circularon.<ref>[http://www.elmundo.com/sitio/noticia_detalle.php?idcuerpo=1&dscuerpo=Sección%20A&idseccion=3&dsseccion=Opinión&idnoticia=73011&imagen=&vl=1&r=buscador.php&idedicion=854 Monedas conmemorativas]</ref>
En 1998, en conmemoración dos 50 anos da [[Organización dos Estados Americanos|OEA]], o Banco da República puxo en circulación unha edición especial de 5000 moedas únicas de $5000. Pero pola súa presentación nun estoxo, o seu alto valor facial e a baixa cuñaxe, estas moedas practicamente non circularon.<ref>[http://www.elmundo.com/sitio/noticia_detalle.php?idcuerpo=1&dscuerpo=Sección%20A&idseccion=3&dsseccion=Opinión&idnoticia=73011&imagen=&vl=1&r=buscador.php&idedicion=854 Monedas conmemorativas]</ref>

Revisión como estaba o 28 de agosto de 2019 ás 13:07

Peso colombiano
Peso colombiano
Código:COP
Ámbito: Colombia
Símbolo:$
Fracción:100 centavos (¢)
Moedas:50, 100, 200, 500 e 1000
Billetes:1000, 2000, 5000, 10 000, 20 000, 50 000 e 100 000
Emisor:Banco da República de Colombia
Taxa de troco:
8-2-2018
1 EUR = 3.511 COP
1 USD = 2830.89 COP
Troco actual

O peso colombiano é a unidade monetaria de curso legal na República de Colombia. A súa abreviación formal é COP (ISO 4217), e informalmente é abreviada COL$. Localmente úsase o signo peso. A súa circulación é controlada polo Banco da República de Colombia. En 2017, a moeda emitida de menor valor é a de cincuenta pesos ($50) e o billete de maior valor é o de cen mil pesos ($100 000).

Historia da moeda colombiana

O peso foi a moeda colombiana dende 1810. En 1837, o peso substituíu ó real a unha taxa de cambio de 1 peso = 8 reais, estando dividido inicialmente en 8 reais. En 1847, Colombia decimalizou a súa moeda, dividindo o peso en 10 reais, cada un dos cales se dividía en 10 décimos de reais. O real foi renomeado décimo en 1853, aínda que as últimas moedas de real foron cuñadas en 1880. O sistema actual de 100 centavos para o peso utilizouse por primeira vez en 1819 aparecendo nos billetes, pero non reaparece até principios de 1860 sobre os billetes e non se utilizou na moeda até o ano de 1872.

En 1871, Colombia adoptou o padrón ouro, ligando o peso ó franco francés nunha taxa de cambio de 1 peso = 5 francos. Esta taxa só se mantivo até 1886. En 1880, o presidente Rafael Núñez crea o Banco Nacional da República de Colombia, o cal tiña entre as súas múltiples funcións a de imprimir o papel moeda (denominado peso moeda corrente), que a partir de 1888 sufriu unha acelerada inflación.

Taxa de cambio do peso colombiano fronte ó dólar dende 1998.

Para arranxar esta situación o goberno de José Manuel Marroquín estabelece en 1903 a Xunta de Amortización, que debe converter todo o papel moeda circulante en ouro, a unha taxa de conversión de 100 pesos papel moeda = 1 peso ouro.[1] Logo, baixo o goberno do xeneral Rafael Reyes creouse o Banco Central, o cal continuou con moitas das funcións da Xunta de Amortización e estabeleceu unha taxa de cambio fixa respecto de libra esterlina, segundo a cal 5 pesos equivalían a 1 libra.

Tamén durante o goberno do xeneral Rafael Reyes Prieto créase unha ampla controversia sobre o funcionamento do Banco Central, o que leva ó goberno a cancelar o seu contrato co Banco Central e expedir a Lei 69 de 1909, segundo a cal se crea a Xunta de Conversión, encargada de retomar o traballo deixado pola xa extinta Xunta de Amortización. Durante este período o papel moeda comeza a imprimirse con valores nominais expresados en pesos ouro.

Logo da primeira guerra mundial, o país sofre algúns problemas monetarios, que levaron a que o presidente Pedro Nel Ospina solicitase en 1922 ós Estados Unidos a asesoría de especialistas en materia económica, os cales emprenderon unha misión coñecida como a misión Kemmerer, liderada por Edwin Walter Kemmerer, baixo cuxas recomendacións se crea en 1923 o actual emisor: o Banco da República.[2]

En 1931, cando o Reino Unido abandonou o padrón ouro, Colombia cambiou a súa vinculación ó dólar estadounidense, a razón de 1,05 pesos = 1 dólar, unha leve desvalorización da súa anterior vinculación. Esta vinculación existiu até 1949, cando a inflación da moeda colombiana acabou con esta taxa de cambio.

A convertibilidade do peso colombiano por ouro remata en 1931, grazas ó decreto 1638 de 1931.[3]

Malia o anterior, os billetes emitidos polo Banco da República continuaron levando as súas denominacións en pesos ouro até 1993, cando unha demanda interposta polo ex-senador Pablo Victoria perante o Consello de Estado fixo que a palabra «ouro» e o termo «pagará ao portador» fosen eliminados dos billetes.[4]

Moedas

Ficheiro:Moneda Colombiana - Colombian Coins.JPG
Moedas colombianas en 2012

No presente circulan moedas de 50, 100, 200, 500 e 1000 pesos ($). Entre 1996 e 2002 estivo en circulación activa a moeda de $1000, que perdendo popularidade debido á súa falsificación masiva, polo cal se deixou de cuñalas, sendo substituídas pola emisión dun billete de 1000 pesos.[5][6] Aínda que tecnicamente esta moeda aínda non saíu de circulación, e aínda conserva o seu valor cambiario, era moi difícil atopala en circulación corrente ata que se introduciu a nova familia de moedas onde o Banco da República decidiu volver cuñar unha moeda desta contía, posta ó público a partir do segundo semestre de 2012.[7][8]

En 1998, en conmemoración dos 50 anos da OEA, o Banco da República puxo en circulación unha edición especial de 5000 moedas únicas de $5000. Pero pola súa presentación nun estoxo, o seu alto valor facial e a baixa cuñaxe, estas moedas practicamente non circularon.[9]

En 2006, redeseñouse a moeda de $20 que estaba a saír de circulación para minguar o costume de redondear os prezos á seguinte denominación ($50). Aínda así, a moeda é utilizada regularmente só por almacéns de cadea.

Posteriormente, en 2007, cambiouse a composición das moedas de $50 de alpaca a aceiro revestido de níquel, polos gastos que representaba a súa produción. Logo en 2008, a composición das moedas de $50 retornou a ser de alpaca.[10]

Notas