Río Sil: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 29: Liña 29:


== Etimoloxía ==
== Etimoloxía ==
Segundo algúns autores crese que Sil viría do [[latín]] ''sil'': [[ocre.]] [[Plinio]] falaba nos seus documentos da abondosidade de ouro e prata que se tiraba das grandes explotacións mineiras da Gallaecia no que hoxe son [[As Médulas]], na conca do Sil, tales minas eran tamén ricas en materias corantes ou pigmentos [[ocre]]s. Dioscórides fala expresamente dos ocres da Iberia occidental.
Segundo algúns autores crese que Sil viría do [[latín]] ''sil'': [[ocre]]. [[Plinio]] falaba nos seus documentos da abondosidade de ouro e prata que se tiraba das grandes explotacións mineiras da Gallaecia no que hoxe son [[As Médulas]], na conca do Sil, tales minas eran tamén ricas en materias corantes ou pigmentos [[ocre]]s. Dioscórides fala expresamente dos ocres da Iberia occidental.


Máis probable é a orixe que dan outros autores, que falan dunha raíz [[Linguas celtas|celto]], xemánica-lituana: ''sei-'', ''sel-'' (pingar), da que deriban os nomes doutros ríos coma os italianos SIlis, Silarus. Outros autores falan da raíz celto, xemánica, baltico-eslava: ''slei-'', ''sli-'' (esvarar).
Máis probable é a orixe que dan outros autores, que falan dunha raíz [[Linguas celtas|celto]], xemánica-lituana: ''sei-'', ''sel-'' (pingar), da que deriban os nomes doutros ríos coma os italianos SIlis, Silarus. Outros autores falan da raíz celto, xemánica, baltico-eslava: ''slei-'', ''sli-'' (esvarar).

Revisión como estaba o 28 de agosto de 2019 ás 08:12

Sil
Vista dos canóns do Sil
PaísEspaña España
Comunidades AutónomasGalicia Galicia
Castela e León Castela e León
NacementoLa Cueta, León
Altitude1980 m
Lonxitude228 km
Conca4 500 km²
Caudal medio100 m3/s
Desembocadurarío Miño
Conca do río Miño no territorio galego

O Sil é un río do noroeste da Península Ibérica que discorre polas provincias de León e Ourense, facendo no seu último tramo de fronteira entre esta última e a de Lugo, na zona noroeste de España. É o principal afluente do río Miño e o río máis caudaloso de Galicia, popularmente dise que «o Sil leva a auga e o Miño a fama», afirmación comprobable, pois o caudal do Sil é maior que o do Miño.

Características

Nace en La Cueta, León, ao pé de Peña Orniz, a 1980 metros de altitude. Após pasar polas comarcas de Laciana e do Bierzo (nesta, cruza a vila de Ponferrada), entra en Galicia pola provincia de Ourense, onde atravesa o Montefurado. Antigamente o seu leito rodeaba este monte nun percorrido de 3 km.

No seu tramo medio define a fronteira entre as provincias de Lugo e Ourense. Xúntase co Miño no lugar dos Peares. Preto da intersección entre o río Sil e o río Miño están os Canóns do Sil. O seu curso é de 228 km, pasando por vilas como Villablino, Toreno, Ponferrada, O Barco de Valdeorras, A Rúa e Quiroga. A súa conca é de 8 020 km².

Tanto o seu caudal como o dos seus afluentes é moi estable.

A sona de ser o río máis caudaloso de Galicia está xustificada: No anuario hidrolóxico da confederación hidrográfica Miño-Sil aparece que o encoro de San Pedro, a poucos quilómetros da xuntanza co Miño, rexistra moito máis paso de auga que o de Os Peares, o último do río miño antes do encontro (5492 hm3 fronte a 2762,9 hm3 de media anual).[1] Aínda así, a xuntanza de ambos, na parte baixa do Miño, produce un caudal conxunto superior.

Etimoloxía

Segundo algúns autores crese que Sil viría do latín sil: ocre. Plinio falaba nos seus documentos da abondosidade de ouro e prata que se tiraba das grandes explotacións mineiras da Gallaecia no que hoxe son As Médulas, na conca do Sil, tales minas eran tamén ricas en materias corantes ou pigmentos ocres. Dioscórides fala expresamente dos ocres da Iberia occidental.

Máis probable é a orixe que dan outros autores, que falan dunha raíz celto, xemánica-lituana: sei-, sel- (pingar), da que deriban os nomes doutros ríos coma os italianos SIlis, Silarus. Outros autores falan da raíz celto, xemánica, baltico-eslava: slei-, sli- (esvarar).

Tamén existe unha terceira hipótese de orixe preindoeuropea[2].

Principais afluentes

Encoros

Os principais encoros do río son:

Notas

  1. ANUARIO DE AFOROS 2011-12 CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DEL MIÑO - SIL, saih.chminosil.es/files/informes/anuario/ANUARIO%20AFOROS%20CHMS%202011_12.pdf
  2. Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do río Sil

Véxase tamén