Diferenzas entre revisións de «Río Eume»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
 
== Toponimia ==
O hidrónimo Eume segundo [[Isidoro Millán González-Pardo]] derivaría do termo paleuropeo ''Ume'', relacionado co hidrónimo [[Lingua éuscara|éuscaro]] ''Urumea'', composto do substantivo vasco ''umea'', "neno, cativo, pequeno", nome que ten sentido, pois o Eume recibe noutra zona do seu percorrido o nome de Río Pequeno. Sería pois un nome preindoeuropeo emparentado coas linguas éuscaras e que podería estar relacionado cos nomes dos ríos [[Río Umia|Umia]] ([[Pontevedra]]), [[Río Uma|Uma]] (afluente do [[Río Tea|Tea]]), [[Pedregal de Irimia|Irimia]] (nacemento do [[río Miño]] en [[Lugo]]), [[Río Urumea|Urumea]] ([[Navarra]]-[[País Vasco]]) e [[Río Umeälven|Umeälven]] ([[Suecia]]). [[Edelmiro Bascuas]] relaciónao co composto bitemático E-Ume, da mesma orixe<ref>[''Toponimia del Concejo de Pontedeume y Cartas Reales de su puebla y alfoz'', 1987; ''Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega'', 2002.]</ref>.
 
A outra posibilidade é que veña dunha raíz hidronímica prelatina [[Lingua galaica|celto-galaica]], xa indoeuropea *u̯h<sub>1</sub>-m (auga)̯̯ cfr. lat. ''ūmeō <''*u̯h<sub>1</sub>-m-o, de recoñecida presenza na hidronimia galega ([[Río Umia]], [[Río Mao]], Acea de Ama etc).<ref name="navaza2004">{{cita publicación periódica| apelidos1 = Navaza | nome1= Gonzalo | |ligazón-autor= Gonzalo Navaza | título = Os topónimos Acea de Ama e O Xurés | volume = 5 | páxinas = 141-162 | data = 2004 | xornal = Revista Galega de Filoloxía |editores = Universidade da Coruña|issn= 1576-2661 | doi = 10.17979/rgf.2016.17.0.1873 | url = http://hdl.handle.net/2183/2606}}</ref>
21.448

edicións

Menú de navegación