Porto, As Maus, Vilar de Barrio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 6: Liña 6:
[[Ficheiro:Porto, As Maus, Vilar de Barrio.jpg|Alemparte vista dende Porto. A Serra de San Mamede ao fondo da imaxe.|dereita|miniatura]]
[[Ficheiro:Porto, As Maus, Vilar de Barrio.jpg|Alemparte vista dende Porto. A Serra de San Mamede ao fondo da imaxe.|dereita|miniatura]]


'''Porto''' é unha aldea da parroquia das [[As Maus, Vilar de Barrio|Maus]], no concello ourensán de [[Vilar de Barrio]]. Está situado preto da Serra de San Mamede, na cal nace o [[río Arnoia]], que separa Porto e [[Alemparte, As Maus, Vilar de Barrio|Alemparte]].

'''Porto''' é unha aldea da parroquia das [[As Maus, Vilar de Barrio|Maus]], no concello ourensán de [[Vilar de Barrio]]. Está situado preto da Serra de San Mamede, na cal nace o [[río Arnoia]], que separa Porto e [[Alemparte, As Maus, Vilar de Barrio|Alemparte]].


== Clima ==
== Clima ==

Revisión como estaba o 27 de agosto de 2019 ás 16:31


Alemparte vista dende Porto. A Serra de San Mamede ao fondo da imaxe.

Porto é unha aldea da parroquia das Maus, no concello ourensán de Vilar de Barrio. Está situado preto da Serra de San Mamede, na cal nace o río Arnoia, que separa Porto e Alemparte.

Clima

Porto posúe un clima suave pasando a frío. Podería cualificarse coma clima de montaña durante o inverno e coma clima de interior ou mediterráneo suave durante o verán. A serra que rodea a aldea pode estar nevada nos meses de inverno, o cal sumado a estaren preto do río pode facer que a sensación térmica sexa máis intensa ca o marcado nos termómetros. No verán, en cambio, é habitual chegar a temperaturas moi elevadas.

Patrimonio

Na aldea hai unha pequena capela de finais do século XVIII. Pódense ver diversos hórreos e muíños por toda a zona; aínda que a meirande parte están en desuso. Ademais no monte do Castro de Porto encóntranse uns restos que mesmo poderían ser dun poboado castrexo, o cal está sen confirmar.

Historia

Segundo o catastro de Ensenada, de 1753, o couto de Alemparte formaba parte da xurisdición do conde de Maceda, mentres que os lugares de Porto e Parada da do Conde de Monterrei.

Festividades

Porto e Alemparte celebran a festa na honra de santo Antón a mediados do mes de xaneiro.

Lugares e parroquias

Lugares das Maus

Lugares da parroquia das Maus no concello de Vilar de Barrio (Ourense)

Alemparte | Barrán | As Maus | Parada | Porto | San Pedro

Parroquias de Vilar de Barrio

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilar de Barrio

A Alberguería (Santa María) | Arnuíde (Santa María) | Bóveda (Santa María) | As Maus (San Pedro) | Padreda (San Miguel) | Prado (Santa Cruz) | Rebordechau (Santa María) | Seiró (San Salvador) | Vilar de Barrio (San Pedro Fiz)