Diferenzas entre revisións de «Antin Seliava»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
Os primeiros anos do seu goberno da Igrexa ucraína foron pacíficos: combateu con éxito o intento do clero [[Igrexa católica latina|latino]] de debilitar a Igrexa bizantina, e entre [[1645]] e [[1647]] dirixiu importantes negociacións cos [[Metrópole ortodoxa grega de Kiev|ortodoxos]] que, porén, se interromperon co pasamento de [[Petro Mohyla]].{{sfn|Мудрий|1995|p=207}} Posteriormente tivo que afrontar as consecuencias da [[rebelión de Khmelnytsky|rebelión]] de [[Bohdan Khmelnytsky]] en [[1648]]: a paz chegou co [[tratado de Zboriv]] de agosto de [[1649]], que entre outras provisións incluíu a supresión da [[Igrexa católica bizantina ucraína|Igrexa greco-católica]] nos territorios do [[Hetmanato cosaco|Hetmanato]] e a cesión das súas propiedades á [[Igrexa ortodoxa]].{{sfn|Мудрий|1995|p=207}} Malia as protestas de Seliava e do nuncio, o rei [[Xoán II Casimiro de Polonia]] aprobou o tratado en xaneiro de [[1650]].
 
A situación empeorou posteriormente co [[Tratado de Pereiaslav]] de [[1654]], que puxo ao Hetmanato en dependencia do [[Tsarato de Rusia]]. Logo de deixar o goberno da súa arquidiocese en mans de [[Havryil Kolenda]], Seliava se trasladou a [[Podlaquia]], residindo en diferentes mosteiros até que, perseguido e esgotado, finou aos 72 anos, (en [[1655]],) na poboación de [[Tykotsin]].{{sfn|Мудрий|1995|p=207}}
 
== Notas ==
68.568

edicións

Menú de navegación