Antin Seliava: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 32: Liña 32:
Nunha viaxe do metropolita [[Rafail Korsak|Korsak]] a [[Roma]], en [[1639]], Seliava foi nomeado na súa ausencia administrador temporal da Igrexa ucraína. O metropolita Korsak finou durante a súa estadía en Roma, e antes do seu pasamento ofreceu a Seliava ao papa [[Urbano VIII]] e ao rei [[Ladislau IV de Polonia|Ladislau IV]] como posible sucesor.{{sfn|Мудрий|1995|p=206}} En Roma tivo lugar un proceso apostólico de investigación sobre a persoa de Seliava, logo do cal foi nomeado en [[1641]] [[arquieparquía católica ucraína de Kiev|metropolita de Kiev, Galicia e toda a Rus]], cargo no que permaneceu até o seu pasamento en outubro de [[1655]].{{sfn|Мудрий|1995|p=207}} Conservou tamén o título de arcebispo de Polack, e en [[1642]] foi elixido tamén como superior da orde basiliana.{{sfn|Мудрий|1995|p=207}}
Nunha viaxe do metropolita [[Rafail Korsak|Korsak]] a [[Roma]], en [[1639]], Seliava foi nomeado na súa ausencia administrador temporal da Igrexa ucraína. O metropolita Korsak finou durante a súa estadía en Roma, e antes do seu pasamento ofreceu a Seliava ao papa [[Urbano VIII]] e ao rei [[Ladislau IV de Polonia|Ladislau IV]] como posible sucesor.{{sfn|Мудрий|1995|p=206}} En Roma tivo lugar un proceso apostólico de investigación sobre a persoa de Seliava, logo do cal foi nomeado en [[1641]] [[arquieparquía católica ucraína de Kiev|metropolita de Kiev, Galicia e toda a Rus]], cargo no que permaneceu até o seu pasamento en outubro de [[1655]].{{sfn|Мудрий|1995|p=207}} Conservou tamén o título de arcebispo de Polack, e en [[1642]] foi elixido tamén como superior da orde basiliana.{{sfn|Мудрий|1995|p=207}}


Os primeiros anos do seu goberno da Igrexa ucraína foron pacíficos: combateu con éxito o intento do clero [[Igrexa católica latina|latino]] de debilitar a Igrexa bizantina, e entre [[1645]] e [[1647]] dirixiu importantes negociacións cos [[Metrópole ortodoxa grega de Kiev|ortodoxos]] que, porén, se interromperon co pasamento de [[Petro Mohyla]].{{sfn|Мудрий|1995|p=207}} Posteriormente tivo que afrontar as consecuencias da [[rebelión de Khmelnytsky|rebelión]] de [[Bohdan Khmelnytsky]] en [[1648]]: a paz chegou co [[tratado de Zboriv]] de agosto de [[1649]], que entre outras provisións incluiu a supresión da [[Igrexa católica bizantina ucraína|Igrexa greco-católica]] nos territorios do [[Hetmanato cosaco|Hetmanato]] e a cesión das súas propiedades á [[Igrexa ortodoxa]].{{sfn|Мудрий|1995|p=207}} Malia as protestas de Seliava e do nuncio, o rei [[Xoán II Casimiro de Polonia]] aprobou o tratado en xaneiro de [[1650]].
Os primeiros anos do seu goberno da Igrexa ucraína foron pacíficos: combateu con éxito o intento do clero [[Igrexa católica latina|latino]] de debilitar a Igrexa bizantina, e entre [[1645]] e [[1647]] dirixiu importantes negociacións cos [[Metrópole ortodoxa grega de Kiev|ortodoxos]] que, porén, se interromperon co pasamento de [[Petro Mohyla]].{{sfn|Мудрий|1995|p=207}} Posteriormente tivo que afrontar as consecuencias da [[rebelión de Khmelnytsky|rebelión]] de [[Bohdan Khmelnytsky]] en [[1648]]: a paz chegou co [[tratado de Zboriv]] de agosto de [[1649]], que entre outras provisións incluíu a supresión da [[Igrexa católica bizantina ucraína|Igrexa greco-católica]] nos territorios do [[Hetmanato cosaco|Hetmanato]] e a cesión das súas propiedades á [[Igrexa ortodoxa]].{{sfn|Мудрий|1995|p=207}} Malia as protestas de Seliava e do nuncio, o rei [[Xoán II Casimiro de Polonia]] aprobou o tratado en xaneiro de [[1650]].


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 23 de agosto de 2019 ás 17:01

Modelo:Eclesiástico Antin Seliava (en ucraíno: Антін Селява; en polaco: Antoni Sielawa; en belaruso: Антоній Сялява), nado arredor de 1583 no voivodato de Połock (Gran Ducado de Lituania, hoxe Belarús) e finado o 5 de outubro de 1655, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kiev e Galicia e toda a Rus dende 1641 até a súa morte.

Traxectoria

Primeiros anos

Antin Seliava naceu arredor do ano 1583 en Polack.[1] Ingresou en 1612 no mosteiro da Santa Trindade dos basilianos en Vilnius, facendo o novizado baixo a dirección de Xosafat Kuntsevych.[1] En 1615 foi enviado a Roma para ampliar os seus estudos, e á súa volta a Lituania traballou na reforma levada a cabo nos mosteiros polo metropolita Rutskyi. En outubro de 1617 foi ordenado sacerdote da Orde de San Basilio Magno. Posteriormente foi reitor nos mosteiros de Vilnius e de Navahrudak, e participou activamente nas polémicas relacionadas coa restauración da metrópole ortodoxa en 1620.[1]

Arcebispo de Polack

Logo do martirio de Kuntsevych en Witebsk o 12 de novembro de 1623, Seliava foi en 1624 elixido arcebispo de Polack,[1] e recibiu a consagración episcopal de mans do metropolita Yosyf Rutskyi o 18 de xaneiro do mesmo ano. Como arcebispo foi impulsor e puxo en marcha o proceso de canonización de Kuntsevych, quen foi finalmente beatificado en 1643.[1]

Metropolita de Kiev, Galicia e toda a Rus

Nunha viaxe do metropolita Korsak a Roma, en 1639, Seliava foi nomeado na súa ausencia administrador temporal da Igrexa ucraína. O metropolita Korsak finou durante a súa estadía en Roma, e antes do seu pasamento ofreceu a Seliava ao papa Urbano VIII e ao rei Ladislau IV como posible sucesor.[1] En Roma tivo lugar un proceso apostólico de investigación sobre a persoa de Seliava, logo do cal foi nomeado en 1641 metropolita de Kiev, Galicia e toda a Rus, cargo no que permaneceu até o seu pasamento en outubro de 1655.[2] Conservou tamén o título de arcebispo de Polack, e en 1642 foi elixido tamén como superior da orde basiliana.[2]

Os primeiros anos do seu goberno da Igrexa ucraína foron pacíficos: combateu con éxito o intento do clero latino de debilitar a Igrexa bizantina, e entre 1645 e 1647 dirixiu importantes negociacións cos ortodoxos que, porén, se interromperon co pasamento de Petro Mohyla.[2] Posteriormente tivo que afrontar as consecuencias da rebelión de Bohdan Khmelnytsky en 1648: a paz chegou co tratado de Zboriv de agosto de 1649, que entre outras provisións incluíu a supresión da Igrexa greco-católica nos territorios do Hetmanato e a cesión das súas propiedades á Igrexa ortodoxa.[2] Malia as protestas de Seliava e do nuncio, o rei Xoán II Casimiro de Polonia aprobou o tratado en xaneiro de 1650.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Rafail Korsak
 Metropolita de Kiev, Galicia e toda a Rus 
1641 - 1655
Sucesor:
Havryil Kolenda