Antin Seliava: Diferenzas entre revisións
Liña 29: | Liña 29: | ||
Logo do martirio de Kuntsevych en [[Witebsk]] o [[12 de novembro]] de [[1623]], Seliava foi en [[1624]] elixido arcebispo de [[arquieparquía católica bielorrusa de Polack|Polack]],{{sfn|Мудрий|1995|p=206}} e recibiu a consagración episcopal de mans do metropolita [[Yosyf Rutskyi]] o [[18 de xaneiro]] do mesmo ano. Como arcebispo foi impulsor e puxo en marcha o proceso de [[canonización]] de Kuntsevych, quen foi finalmente beatificado en [[1643]].{{sfn|Мудрий|1995|p=206}} |

||
== Metropolita de Kiev, Galicia e toda a Rus === |
=== Metropolita de Kiev, Galicia e toda a Rus === |
||
Nunha viaxe do metropolita [[Rafail Korsak|Korsak]] a [[Roma]], en [[1639]], Seliava foi nomeado na súa ausencia administrador temporal da Igrexa ucraína. O metropolita Korsak finou durante a súa estadía en Roma, e antes do seu pasamento ofreceu a Seliava ao papa [[Urbano VIII]] e ao rei [[Ladislau IV de Polonia|Ladislau IV]] como posible sucesor.{{sfn|Мудрий|1995|p=206}} En Roma tivo lugar un proceso apostólico de investigación sobre a persoa de Seliava, logo do cal foi nomeado en [[1641]] [[arquieparquía católica ucraína de Kiev|metropolita de Kiev, Galicia e toda a Rus]], cargo no que permaneceu até o seu pasamento en outubro de [[1655]].{{sfn|Мудрий|1995|p=207}} Conservou tamén o título de arcebispo de Polack, e en [[1642]] foi elixido tamén como superior da orde basiliana.{{sfn|Мудрий|1995|p=207}} |

Revisión como estaba o 23 de agosto de 2019 ás 16:01
Modelo:Eclesiástico Antin Seliava (en ucraíno: Антін Селява; en polaco: Antoni Sielawa; en belaruso: Антоній Сялява), nado arredor de 1583 no voivodato de Połock (Gran Ducado de Lituania, hoxe Belarús) e finado o 5 de outubro de 1655, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kiev e Galicia e toda a Rus dende 1641 até a súa morte.
Traxectoria
Primeiros anos
Antin Seliava naceu arredor do ano 1583 en Polack.[1] Ingresou en 1612 no mosteiro da Santa Trindade dos basilianos en Vilnius, facendo o novizado baixo a dirección de Xosafat Kuntsevych.[1] En 1615 foi enviado a Roma para ampliar os seus estudos, e á súa volta a Lituania traballou na reforma levada a cabo nos mosteiros polo metropolita Rutskyi. En outubro de 1617 foi ordenado sacerdote da Orde de San Basilio Magno. Posteriormente foi reitor nos mosteiros de Vilnius e de Navahrudak, e participou activamente nas polémicas relacionadas coa restauración da metrópole ortodoxa en 1620.[1]
Arcebispo de Polack
Logo do martirio de Kuntsevych en Witebsk o 12 de novembro de 1623, Seliava foi en 1624 elixido arcebispo de Polack,[1] e recibiu a consagración episcopal de mans do metropolita Yosyf Rutskyi o 18 de xaneiro do mesmo ano. Como arcebispo foi impulsor e puxo en marcha o proceso de canonización de Kuntsevych, quen foi finalmente beatificado en 1643.[1]
Metropolita de Kiev, Galicia e toda a Rus
Nunha viaxe do metropolita Korsak a Roma, en 1639, Seliava foi nomeado na súa ausencia administrador temporal da Igrexa ucraína. O metropolita Korsak finou durante a súa estadía en Roma, e antes do seu pasamento ofreceu a Seliava ao papa Urbano VIII e ao rei Ladislau IV como posible sucesor.[1] En Roma tivo lugar un proceso apostólico de investigación sobre a persoa de Seliava, logo do cal foi nomeado en 1641 metropolita de Kiev, Galicia e toda a Rus, cargo no que permaneceu até o seu pasamento en outubro de 1655.[2] Conservou tamén o título de arcebispo de Polack, e en 1642 foi elixido tamén como superior da orde basiliana.[2]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Мудрий 1995, p. 206.
- ↑ 2,0 2,1 Мудрий 1995, p. 207.
Véxase tamén
Bibliografía
- Назарко, Іриней-Іван Іванович (1962). Київські і Галицькі митрополити: біографічні нариси (1590-1960). Analecta OSBM. Serie 2. Sectio 1. Roma. OCLC 54007358.
- Мудрий, Софрон (1995). Нарис історії Церкви в Україні. Roma / Lviv. OCLC 36087791.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Rafail Korsak |
Metropolita de Kiev, Galicia e toda a Rus 1641 - 1655 |
Sucesor: Havryil Kolenda |