Carlos Callón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Fixed grammar
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil Edición desde aplicación iOS
m Bot: Substitución da categoría "Activistas da normalización lingüística do galego" pola categoría "Activistas pola normalización lingüística do galego"
Liña 61: Liña 61:


{{ORDENAR:Callon, Carlos}}
{{ORDENAR:Callon, Carlos}}

[[Categoría:Políticos do BNG]]
[[Categoría:Políticos do BNG]]
[[Categoría:Activistas da normalización lingüística do galego]]
[[Categoría:Activistas pola normalización lingüística do galego]]
[[Categoría:Nados en Ribeira]]
[[Categoría:Nados en Ribeira]]
[[Categoría:Nados en 1978]]
[[Categoría:Nados en 1978]]

Revisión como estaba o 19 de agosto de 2019 ás 14:33

Infotaula de personaCarlos Callón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de agosto de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Ribeira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónMestre, escritor
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Páxina webcarloscallon.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: carloscallon Instagram: carloscallon TikTok: carloscallon AELG: 421 Dialnet: 1964864 Editar o valor em Wikidata

Carlos Manuel Callón Torres, nado en Santa Uxía de Ribeira o 26 de agosto de 1978, é licenciado en filoloxías galega e portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela.

Exerce como profesor de lingua e literatura galega e lingua portuguesa no CPI Alfonso VII de Caldas de Reis.

Traxectoria

Foi concelleiro por parte do BNG na súa vila natal entre xaneiro de 2001 e xuño de 2002, e membro do Consello Asesor de RTVE en Galicia entre 1998[1] e 2002. A partir de 1995 ocupou diversas responsabilidades na Mesa pola Normalización Lingüística, organización de cuxa xunta directiva nacional é membro dende 1995 e que presidiu desde 2002 a 2014, desde entón é Presidente de Honra da entidade. É presidente tamén do padroado da Fundación Vía Galego, desde a súa constitución en 2006. Preside tamén a Fundación Via Galego[2] e a federación estatal Diverslinguae, desde a constitución de ambas, en 2006 e 2008, respectivamente.

É membro do grupo Galabra da USC e do consello de redacción de Longalingua. Publicación galega de lingua e sociedade[3]. Colaborou nos primeiros pasos da Biblioteca Virtual Galega, da Universidade da Coruña.

O 20 de decembro do 2015 presentouse ao congreso pola provincia da Coruña representando a NÓS Candidatura Galega.

Obra

É autor de diversos traballos centrados na sociolingüística e mais nos estudos literarios, dados a coñecer en diferentes congresos e revistas especializadas. Así mesmo, é autor dos libros Unha historia que nos pertence (A obra poética en galego de Lorenzo Varela) (2005) e En castellano no hay problema (2010), no cal aborda a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, facendo especial fincapé na política lingüística do bipartito e do comezo da lexislatura de Alberto Núñez Feijóo[4].

En febreiro de 2011 gañou o XVI premio Vicente Risco de Ciencias Sociais coa obra Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media[5], na que analiza a aceptación da adelphopoiesis na Idade Media. Entre outra documentación, analiza un documento de 1061 recollido no Tombo de Celanova, polo cal Pedro Díaz e Muño Vandilaz subscribían unión en Rairiz de Veiga.

Ensaio

  • Unha historia que nos pertence (A obra poética en galego de Lorenzo Varela), 2005, A Nosa Terra.
  • En castellano no hay problema, 2010, Xerais.
  • Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media, 2011, Sotelo Blanco.
  • Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, 2011, Xerais.
  • Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, 2012, Xerais.
  • Galegocalantes e galegofalantes, 2017, Xerais.

Poesía

  • Atravesar o fantasma, 2014, Xerais.

Obras colectivas

Premios

  • XVI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais en 2011, por Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de ensaio no 2011, por Amigos e sodomitas.
  • Premio Redelibros de Ensaio no 2011, por Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas