Pobo caribe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13: Liña 13:
|relacionados = [[pobo garífuna]] e [[pobo taíno]]
|relacionados = [[pobo garífuna]] e [[pobo taíno]]
}}
}}
Os '''caribes''',<ref>{{DRAG|caribe}}</ref> tamén chamados '''kalinagos''', son unha tribo [[amerindio|amerindia]], un dos primeiros grupos que habitaron as [[Antillas Menores]] e serviron de inspiración ao nome da rexión homónima de [[América]].
Os '''caribes''',<ref>{{DRAG|caribe}}</ref><ref>{{DiGalego|12707|noa=s|caribe}}</ref> tamén chamados '''kalinagos''', son unha tribo [[amerindio|amerindia]], un dos primeiros grupos que habitaron as [[Antillas Menores]] e serviron de inspiración ao nome da rexión homónima de [[América]].


A [[Linguas caribes|familia lingüística caribe]] figurou entre as máis importantes de [[América do Sur]], non só polo elevado número de tribos que a compuñan, senón polo seu marcado carácter expansionista. Os seus centros de dispersión abarcaron as costas do norte de [[Colombia]], [[Venezuela]] e as [[Güiana]]s, estendéndose cara ao norte das [[Antillas Menores]] e outros puntos das [[Antillas Maiores]].
A [[Linguas caribes|familia lingüística caribe]] figurou entre as máis importantes de [[América do Sur]], non só polo elevado número de tribos que a compuñan, senón polo seu marcado carácter expansionista. Os seus centros de dispersión abarcaron as costas do norte de [[Colombia]], [[Venezuela]] e as [[Güiana]]s, estendéndose cara ao norte das [[Antillas Menores]] e outros puntos das [[Antillas Maiores]].

Revisión como estaba o 13 de agosto de 2019 ás 07:00

Pobo caribe
Familia caribe (por John Gabriel Stedman, 1818)
Poboación
Poboación total:
c  4 000
Rexións principais:
Dominica3 000[1]
San Vicente e as Granadinas1 000[2]
Aspectos culturais
LinguaLingua inglesa e crioulo de Dominica (antigamente lingua kalhíphona)
Relixiónrelixión tradicional
Grupos
relacionados
pobo garífuna e pobo taíno

Os caribes,[3][4] tamén chamados kalinagos, son unha tribo amerindia, un dos primeiros grupos que habitaron as Antillas Menores e serviron de inspiración ao nome da rexión homónima de América.

A familia lingüística caribe figurou entre as máis importantes de América do Sur, non só polo elevado número de tribos que a compuñan, senón polo seu marcado carácter expansionista. Os seus centros de dispersión abarcaron as costas do norte de Colombia, Venezuela e as Güianas, estendéndose cara ao norte das Antillas Menores e outros puntos das Antillas Maiores.

Costumes

Os caribes agrupábanse en clans patrilineais que, aos poucos, nas Antillas, cederon terreo aos matrilineais. Predominaba a exogamia e era frecuente a poligamia, sendo a posición da muller inferior á do home.

Cultivaban millo, iuca, feixóns e froitas tropicais, especialmente nas Güianas e as Antillas. A pesca constituía tamén parte da súa actividade.

As primeiras crónicas descríbenos como un pobo agresivo e practicante do canibalismo.

Expansión

Debuxo de muller caribe realizado por Charles E. Taylor (1888).

A rápida expansión precolombiana do pobo caribe debeuse á súa habilidade e aos seus coñecementos: eran expertos navegantes e construtores de canoas lixeiras de gran capacidade. Os territorios ocupados estendéronse do norte do Amazonas (carijona e panares), ata a aba dos Andes, onde destacaron as tribos de yukpas, macoas, chaparros e caratos,

A ampla expansión caribe propiciou o contacto, polo xeral pouco amigable, con tribos arauacas e tupís.

A chegada dos europeos

Os caribes foron desprazados polos españois e finalmente foron case exterminados durante o período colonial. Con todo, foron capaces de conservar algunhas illas, como San Vicente, Dominica, Santa Lucía e Trinidad. Os caribes negros (garífuna) de San Vicente que se mesturaron con escravos negros dun naufraxio foron deportados en 1795 á Illa Roatan, en Honduras, onde os seus descendentes, os garífuna, aínda viven hoxe. Os británicos viron menos hostís os caribes de San Vincente e permitíronlles permanecer nesta illa. A resistencia caribe atrasou o establecemento de europeos en Dominica, e as comunidades Caribe que permaneceron en San Vicente e Dominica conservaron un grao de autonomía no século XIX. O número de Caribes en Dominica hoxe é aproximadamente de 3.000, aínda que xa non queda ningún indíxena que coñeza a súa lingua (a lingua foi dada por morta no ano de 1920).

Varias palabras de orixe caribe engrosaron as linguas que se falan nas Antillas: español, inglés ou francés (en menor grao); por exemplo: furacán, hamaca e iguana, entre outras.

Notas

  1. http://kalinagoterritory.com/about-us/ "Presently approximately 3,000 Kalinagos live in a collectively owned 3,700 acre territory, spread over eight hamlets, on the north-eastern coast of Dominica."
  2. "Central America :: Saint Vincent and the Grenadines - The World Factbook". Central Intelligence Agency. 27 de decembro de 2018. Consultado o 8 de xaneiro de 2019. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caribe.
  4. Definición de caribe no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

Véxase tamén

Outros artigos