Dendrocigninos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 20: Liña 20:
Os '''dendrocigninos''' (''Dendrocygninae'') son unha [[subfamilia]] de [[aves]] [[anseriformes]] da [[familia (bioloxía)|familia]] dos [[anátidos]].<ref name = Peterson>[http://www.zoonomen.net/avtax/anse.html Alan P. Peterson. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Anseriformes].</ref>
Os '''dendrocigninos''' (''Dendrocygninae'') son unha [[subfamilia]] de [[aves]] [[anseriformes]] da [[familia (bioloxía)|familia]] dos [[anátidos]].<ref name = Peterson>[http://www.zoonomen.net/avtax/anse.html Alan P. Peterson. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Anseriformes].</ref>


Porén, algúns autores clasifícanos como unha [[familia (bioloxía)|familia]] independente, a dos '''dendrocígnidos''' (''Dendrocygnidae''),<ref>[http://www.scricciolo.com/classificazione/sequence.htm Sibley].</ref> mentres que para outros sería unha tribo, '''dendrocininos''' (''Dendrocygnini'') dentro da subfamilia dos [[anserinos]].
Porén, algúns autores clasifícanos como unha [[familia (bioloxía)|familia]] independente, a dos '''dendrocígnidos''' (''Dendrocygnidae''),<ref>[http://www.scricciolo.com/classificazione/sequence.htm Sibley] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20131111062926/http://www.scricciolo.com/classificazione/sequence.htm |date=11 de novembro de 2013 }}.</ref> mentres que para outros sería unha tribo, '''dendrocininos''' (''Dendrocygnini'') dentro da subfamilia dos [[anserinos]].


Algunhas clasificacións <ref name =Peterson/> inclúen nesta subfamilia o xénero ''[[Thalassornis]]'', que outros ás veces inclúen na súa propia subfamilia (''[[Thalassorninae]]'').
Algunhas clasificacións <ref name =Peterson/> inclúen nesta subfamilia o xénero ''[[Thalassornis]]'', que outros ás veces inclúen na súa propia subfamilia (''[[Thalassorninae]]'').

Revisión como estaba o 12 de agosto de 2019 ás 00:16

Dendrocigninos
Dendrocygninae

Dendrocygna autumnalis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Dendrocygninae
Reichenbach, 1853
Xénero: Dendrocygna
Swainson, 1837
Especies
  • Véxase o texto

Os dendrocigninos (Dendrocygninae) son unha subfamilia de aves anseriformes da familia dos anátidos.[1]

Porén, algúns autores clasifícanos como unha familia independente, a dos dendrocígnidos (Dendrocygnidae),[2] mentres que para outros sería unha tribo, dendrocininos (Dendrocygnini) dentro da subfamilia dos anserinos.

Algunhas clasificacións [1] inclúen nesta subfamilia o xénero Thalassornis, que outros ás veces inclúen na súa propia subfamilia (Thalassorninae).

Etimoloxía

O nome da subfamilia está formado sobre a base do nome do xénero, Dendrocygna, coa desinencia -inae, propia dos nomes das subfamilias zoolóxicas.

En canto ao nome do xénero, fórmase co prefixo do latín científico dendro-, tirado do grego δένδρον déndron, árbore, e o o latín cygna, forma feminina de cygnus, cisne, termo derivado do grego κύκνος kýknos, co mesmo significado.

É dicir, o nome da subfamilia quere dicir, literalmente, 'os cisnes arborícolas'.

Descrición

A subfamilia compende oito especies de aves acuáticas de corpo esvelto, do tamaño dun pato pequeno, coas patas longas e o pescozo moi longo (que recorda en certo modo aos cisnes, as ás anchas e a plumaxe de cores variadas, semellante nos dous sexos (non hai dimorfismo sexual).

Comportamento e distribución

Andan, nadan e mergúllanse ben, e tamén voan, pousando nas ramas das árbores para descansaren. De costumes nocturnos e moi sociábeis, están amplamente difundidos polas rexións tropicais e subtropicais de América, África oriental, Madagascar, Asia meridional e sudoriental, Nova Guinea e Australia.

Aliméntanse sobre todo de materias vexetais, que atopan nos bosques pantanosos, lagos con frondosa vexetación acuática, estanques e pozas, e tamén en terreos cultivados e parques, como palmeirais e arrozais.

Teñen, como un dos seus nomes en castelán indica, patos silbadores, patos asubiadores (ou en inglés, whistling ducks), un canto que recorda un asubío.

Especies

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Carboneras, Carles en: del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans) Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona (España):Lynx Edicions. ISBN 84-87334-10-5.

Outros artigos

Ligazóns externas