Bordeos: Diferenzas entre revisións
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta15) |
m probas digalego ligazóns non mortas (via JWB) |
||
Liña 33: | Liña 33: | ||
|sitio web = [http://www.bordeaux.fr/ Páxina oficial de Bordeos] |
|sitio web = [http://www.bordeaux.fr/ Páxina oficial de Bordeos] |
||
}} |
}} |
||
'''Bordeos'''<ref>{{DRAG|bordelés}}</ref> (en {{lang-oc|Bordèu}}; en {{lang-fr|Bordeaux}}) é unha cidade do suroeste de [[Francia]], capital da rexión de [[Nova Aquitania]] e do departamento da [[Xironda]]. Está cruzada polo [[río Garona]]. O seu [[xentilicio]] en [[lingua galega]] é bordelés/-esa, e burdigalense/-a.<ref> |
'''Bordeos'''<ref>{{DRAG|bordelés}}</ref> (en {{lang-oc|Bordèu}}; en {{lang-fr|Bordeaux}}) é unha cidade do suroeste de [[Francia]], capital da rexión de [[Nova Aquitania]] e do departamento da [[Xironda]]. Está cruzada polo [[río Garona]]. O seu [[xentilicio]] en [[lingua galega]] é bordelés/-esa, e burdigalense/-a.<ref>{{cita web|páxina-web=Digalego.xunta.gal|data-acceso=9 de agosto de 2019|título=Bordelés-sa|url=https://digalego.xunta.gal/gl/termo/10130/bordel%C3%A9s%20-sa}}</ref><ref>{{cita web|páxina-web=Digalego.xunta.gal|data-acceso=9 de agosto de 2019|título=Burdigalense|url=https://digalego.xunta.gal/gl/termo/10893/burdigalense}}</ref> |
||
É un [[Porto (comunicacións)|porto]] accesible para os barcos de altura. Pero os máis atracan augas abaixo do [[Gironde]], principalmente en [[Verdon]]. Posúe a derradeira ponte da embocadura do Gironda, a ponte de Aquitania. Máis alá, o [[Río Garona|Garona]], e despois o Gironde, non son franqueables máis que por algúns barcos. |
É un [[Porto (comunicacións)|porto]] accesible para os barcos de altura. Pero os máis atracan augas abaixo do [[Gironde]], principalmente en [[Verdon]]. Posúe a derradeira ponte da embocadura do Gironda, a ponte de Aquitania. Máis alá, o [[Río Garona|Garona]], e despois o Gironde, non son franqueables máis que por algúns barcos. |
Revisión como estaba o 9 de agosto de 2019 ás 11:02
Coordenadas: 44°50′16″N 00°34′46″O / 44.83778, -0.57944 Modelo:Cidade Bordeos[1] (en occitano: Bordèu; en francés: Bordeaux) é unha cidade do suroeste de Francia, capital da rexión de Nova Aquitania e do departamento da Xironda. Está cruzada polo río Garona. O seu xentilicio en lingua galega é bordelés/-esa, e burdigalense/-a.[2][3]
É un porto accesible para os barcos de altura. Pero os máis atracan augas abaixo do Gironde, principalmente en Verdon. Posúe a derradeira ponte da embocadura do Gironda, a ponte de Aquitania. Máis alá, o Garona, e despois o Gironde, non son franqueables máis que por algúns barcos.
Urbanismo
Bordeos é unha cidade na que o desenvolvemento precoz conduciu rapidamente á urbanización completa do territorio municipal, e tamén ó crecemento nos barrios dos arredores, dende o comezo do século XX, como demostra a evolución do número de habitantes.
Tras un período de rápido despoboamento e de importantes traballos de renovación dos barrios máis antigos, a poboación da cidade estabilizouse. Ó mesmo tempo, a aglomeración desenvolveuse a un ritmo rápido, debido a unha forte urbanización. Isto está moi ligado ó feito de que a tipoloxía das construcións da aglomeración bordelesa excede raramente dous, ás veces tres andares, nos arrabaldes.
Despois de abandonado un proxecto de metro automático, Bordeos dotouse dunha especie de tranvía, inaugurado o 21 de decembro de 2003.
Historia
Bordeos foi fundada no século III aC co nome de Burdigala polos Bituriges Vivisci (literalmente "biturixes desprazados"), que eran un pobo galo da rexión de Bourges. O primeiro emprazamento situouse na embocadura do Devèze, un afluente do Garona, próximo ó Gironde.
Nesa época actuou como un emporium, un tipo de vila de comerciantes, controlando as rotas do estaño e do chumbo entre os portos galos do río Loira e a república romana. Despois da ocupación romana, Burdigala desenvolveuse e acabou por se converter na cidade máis opulenta da Galia. No século II quitoulle a Saintes (daquela Mediolanum Santonum) o título de capital administrativa da provincia de Aquitania.
Do século XII ao século XV a cidade é un feudo dos reis de Inglaterra. O século XVIII é a súa época dourada, co florecente comercio coas Antillas. As suntuosas mansións costeiras son desa época. Durante a primeira guerra mundial, estando París ameazado polo avance dos exércitos alemáns, o goberno francés reprégase en Bordeos. Fixo mesmo de capital en 1940, antes da derrota.
Administración
Dende 1966, Bordeos é a sede da Comunidade Urbana de Bordeos, que comprende 27 concellos: Ambarès-et-Lagrave, Ambès, Artigues-près-Bordeaux, Bassens, Bègles, Blanquefort, Bordeos, Bouliac, Le Bouscat, Bruges, Carbon-Blanc, Cenon, Eysines, Floirac, Gradignan, Le Haillan, Lormont, Mérignac, Parempuyre, Pessac, Saint-Aubin-de-Médoc, Saint-Louis-de-Montferrand, Saint-Médard-en-Jalles, Saint-Vincent-de-Paul, Le Taillan-Médoc, Talence, Villenave-d'Ornon.
Bordeos está dividido en 8 cantóns:
- O 1º cantón conta 24.453 habitantes,
- O 2º cantón conta 23.855 habitantes;
- O 3º cantón conta 31.634 habitantes;
- O 4º cantón conta 30.994 habitantes;
- O 5º cantón conta 25.184 habitantes;
- O 6º cantón conta 27.302 habitantes;
- O 7º cantón conta 12.993 habitantes;
- O 8º cantón conta 38.948 habitantes.
Monumentos
A cidade está clasificada como Patrimonio da Humanidade grazas ao seu conxunto escultórico e arquitectónico.
- Monumento ós xirondinos e á República.
- Grand Théâtre.
- Ponte de Pedra.
- Catedral de Santo André.
- Palacio Rohan, onde está a casa do concello.
- Praza das Quinquonces, segunda praza máis grande de Francia (despois da praza da Concordia en París).
- Palacio Gallien, derradeiro vestixio da época galo-romana.
- Porta Cailhau, unha das portas da antiga muralla medieval.
- La Grosse Cloche, segunda porta restante da antiga muralla medieval.
- Torre Pey Berland.
Educación
Cidades irmás e socias
Cidades irmás
- Bristol (1947)
- Lima (1957)
- Quebec (1962)
- Múnic (1964)
- Os Ánxeles (1968)
- Porto (1978)
- Fukuoka (1982)
- Madrid (1984)
- Ashdod (1984)
- Bakú (1985)
- Casablanca (1988)
- Wuhan (1998)
- Orán (2003)
Cidades socias
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bordelés.
- ↑ "Bordelés-sa". Digalego.xunta.gal. Consultado o 9 de agosto de 2019.
- ↑ "Burdigalense". Digalego.xunta.gal. Consultado o 9 de agosto de 2019.
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bordeos |