Diferenzas entre revisións de «Club Patín Cerceda»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
| sitio_web = http://cpcerceda.net/index.html
}}
O '''Clube Patín Cerceda''',{{refn|group=lower-alpha|Se ben o nome correcto en [[Lingua galega|galego]] sería '''Club Patín Cerceda''', o logo do equipo e o seu sitio web oficial recollían a palabra '''Clube''' en lugar de '''Club'''.<ref name="pavillon"/>}} ou simplemente '''Patín Cerceda''', foi un equipo [[Galiza|galego]] de [[hóckey a patíns]] da localidade de [[Cerceda]] ([[Provincia da Coruña|A Coruña]]). O equipo foi creado en [[2009]] logo do ascenso á [[OK Liga]] do segundo equipo do [[H.C. Liceo]]. Logo de sete anos de existencia, o equipo disolveuse por motivos económicos militando na [[OK Liga]], a máxima categoría do hóckey a patíns [[España|español]].
 
Nas sete tempadas que o equipo estivo en competición conseguiu dúas participacións na segunda competición de clubs a nivel europeo, a [[Copa CERS]], na que debutou na tempada 2014-15, se ben en ningunha delas conseguiu superar a primeira eliminatoria. Tamén disputou dúas veces a [[Copa do Rei de hóckey a patíns|Copa do Rei]], ambas de xeito consecutivo en [[Copa do Rei 2014 de hóckey a patíns|2014]] e [[Copa do Rei 2015 de hóckey a patíns|2015]] sen superar os cuartos de final. Xogou catro tempadas na máxima categoría do hóckey a patíns español, a [[OK Liga]], tres delas de xeito consecutivo. Logo de descender á [[OK Liga Prata|segunda categoría]] no ano do seu debut como equipo independente, o Cerceda recuperou a categoría logo de proclamarse campión da Primeira División na tempada 2012-13, tempada na que ademas conseguiu o subcampionato da [[Copa da Princesa de hóckey a patíns|Copa do Príncipe]].
29.134

edicións

Menú de navegación