Manuel Vilanova: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
nota, segundo a GEG naceu en A Barca de Barbantes, Cenlle
Liña 4: Liña 4:
}}
}}


'''Manuel Vilanova Rodríguez''', nado en [[Barbantes, Punxín|Barbantes]] ([[Punxín]]) en [[1944]] e finado en [[Vigo]]<ref>{{Cita web|título=A AELG lamenta a perda do seu Socio Manuel Vilanova|url=https://axendacultural.aelg.gal/2019/03/06/a-aelg-lamenta-a-perda-do-seu-socio-manuel-vilanova/|data-acceso=2019-03-06|lingua=gl-ES|apelidos=|páxina-web=aelg}}</ref> o [[5 de marzo]] de [[2019]]<ref>{{Cita web|título=Morre o poeta Manuel Vilanova, o renovador silencioso|url=https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/morre-poeta-manuel-vilanova-renovador-silencioso/20190306112658076756.html?fbclid=IwAR0bUm4jFlX26QTXzsymg6JVpkU9VtTB1faIlmoIL5pdXCCaCnfvk6B6Y2c|páxina-web=Sermos Galiza|data-acceso=2019-03-06|lingua=|nome=|apelidos=}}</ref>, foi un profesor e escritor galego.
'''Manuel Vilanova Rodríguez''', nado en [[Barbantes, Punxín|Barbantes]] ([[Punxín]])<ref>Segundo a [[GEG]], naceu en [[A Barca de Barbantes, Cenlle]].</ref> en [[1944]] e finado en [[Vigo]]<ref>{{Cita web|título=A AELG lamenta a perda do seu Socio Manuel Vilanova|url=https://axendacultural.aelg.gal/2019/03/06/a-aelg-lamenta-a-perda-do-seu-socio-manuel-vilanova/|data-acceso=2019-03-06|lingua=gl-ES|apelidos=|páxina-web=aelg}}</ref> o [[5 de marzo]] de [[2019]]<ref>{{Cita web|título=Morre o poeta Manuel Vilanova, o renovador silencioso|url=https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/morre-poeta-manuel-vilanova-renovador-silencioso/20190306112658076756.html?fbclid=IwAR0bUm4jFlX26QTXzsymg6JVpkU9VtTB1faIlmoIL5pdXCCaCnfvk6B6Y2c|páxina-web=Sermos Galiza|data-acceso=2019-03-06|lingua=|nome=|apelidos=}}</ref>, foi un profesor e escritor galego.


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 16 de xullo de 2019 ás 23:04

Infotaula de personaManuel Vilanova

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1944 Editar o valor em Wikidata
Barbantes, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de marzo de 2019 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalFiloloxía Románica
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, poesía, lingua castelá e literatura española Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , poeta , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

AELG: 102


Manuel Vilanova Rodríguez, nado en Barbantes (Punxín)[1] en 1944 e finado en Vigo[2] o 5 de marzo de 2019[3], foi un profesor e escritor galego.

Traxectoria

Estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela[4] e doutorouse na Universidade Complutense de Madrid coa tese La soledad en la poesía de Luís Cernuda.

Como poeta está considerado como un dos que marcou o paso da literatura socialrealista á preocupación máis esteticista dos anos oitenta[5] xunto con Xosé Luís Méndez Ferrín e Arcadio López-Casanova. Para Ramiro Fonte Manuel Vilanova é o introdutor da poesía artellada sobre a intertextualidade.[6]

Comezou escribindo en castelán pero pronto se decidiu polo galego co libro inédito A tarde cheia de verán[7]. O primeiro poemario publicado en galego foi E direi-vos eu do míster das cobras (1980). Segundo César Antonio Molina "é unha especie de grande happening da poesía galega deste século, un suceso lúdico no cal Vilanova descolga os fantasmas ancestrais e sácaos a pasear polas rúas deste fin de milenio".[8] O libro parte da transgresión temporal e espacial, facendo simultáneos nos seus poemas feitos que na vida real non o son.[7]

Foi catedrático de ensino medio de Lingua e Literatura española en Vigo.

Obra

Poesía

Obras colectivas

  • Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984, Sotelo Blanco).
  • Sis poetes gallecs (1990, Editorial Columna). Edición bilingüe galego-catalán.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010, Toxosoutos).

Obra en castelán

Poesía

  • Mejor el fuego (1972). Fablas Ediciones. Las Palmas.
  • El cazador de días (1977). Fablas Ediciones. Las Palmas. 170 páxs.
  • El quinto cáliz (1977). Diputación Provincial de Granada. Colección Genil de Literatura. 56 páxs. ISBN 978-8478072101.
  • Casa para los ojos (1988). Diputación Provincial de Málaga. Puerta del Mar XXXVI. 106 páxs.
  • El corazón del pan (2002). Fundación Jorge Guillén, Valladolid. 350 páxs. ISBN 978-8489707559.

Premios

Notas

  1. Segundo a GEG, naceu en A Barca de Barbantes, Cenlle.
  2. "A AELG lamenta a perda do seu Socio Manuel Vilanova". aelg. Consultado o 2019-03-06. 
  3. "Morre o poeta Manuel Vilanova, o renovador silencioso". Sermos Galiza. Consultado o 2019-03-06. 
  4. "Manuel Vilanova". www.aelg.gal. Consultado o 2019-03-06. 
  5. "Manuel Vilanova. Premios da Crítica Galicia. Web oficial da Fundación Premios da Crítica Galicia". Consultado o 2019-03-06. 
  6. Fonte, Ramiro (1986). ""A lenda das árobores de prata" por Manuel Vilanova". Grial (92). 
  7. 7,0 7,1 Vilavedra, Dolores, Coord. (1995). Diccionario da literatura galega I. Autores. Galaxia. p. 612. ISBN 84-8288-019-5. 
  8. Molina, César Antonio (2005). En honor de Hermes (en castelán). Huerga Y Fierro Editores. p. 666. ISBN 9788483744970. 
  9. "Catálogo de la Biblioteca Nacional de España". catalogo.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-03-06. 
  10. Requeixo, Armando (2011-06-16). "Metafísica de Barbantes". Criticalia. Consultado o 2019-03-06. 
  11. Nicolás, Ramón (2018-04-05). "A substancia das horas, de Manuel Vilanova". Caderno da crítica. Consultado o 2019-03-06. 
  12. Carreño, Antonio. "Manuel Vilanova: a substancia das horas". La Región. Consultado o 2019-03-06. 

Véxase tamén

Ligazóns externas