Euloxio R. Ruibal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 83.59.200.248 (conversa); cambiado á última versión feita por HombreDHojalata
Etiqueta: Reversión
→‎Teatro: engadida referencia
Liña 30: Liña 30:
* ''O cabodano. Cousas da morte. A sombra do bon cabaleiro'' ([[1977]], Pico Sacro).
* ''O cabodano. Cousas da morte. A sombra do bon cabaleiro'' ([[1977]], Pico Sacro).
* ''[[Azos de esguello]]'' ([[1990]], [[Xerais]]).<ref name="VILAVEDRA3">{{Cita libro |apelidos-editor={{Versaleta|Vilavedra}} |nome-editor=Dolores |máscara-editor= |ligazón-editor=Dolores Vilavedra |ano=2000 |título=Diccionario da Literatura Galega. Obras |volume=III |url=https://books.google.es/books?id=dRYGIwW4kFkC&lpg=PP1&hl=es&pg=PP1#v=onepage&q&f=false |páxina= |editorial=Galaxia |isbn=84-8288-365-8 |ref=harv }}</ref>
* ''[[Azos de esguello]]'' ([[1990]], [[Xerais]]).<ref name="VILAVEDRA3">{{Cita libro |apelidos-editor={{Versaleta|Vilavedra}} |nome-editor=Dolores |máscara-editor= |ligazón-editor=Dolores Vilavedra |ano=2000 |título=Diccionario da Literatura Galega. Obras |volume=III |url=https://books.google.es/books?id=dRYGIwW4kFkC&lpg=PP1&hl=es&pg=PP1#v=onepage&q&f=false |páxina= |editorial=Galaxia |isbn=84-8288-365-8 |ref=harv }}</ref>
* ''Brinquemos ó teatro'' (1990, [[Xunta de Galicia]]). Traducido ao castelán no [[1999]] en Ediciones de la Torre como ''Jugamos a hacer teatro: recursos teatrales''.
* ''Brinquemos ó teatro'' (1990, [[Xunta de Galicia]]). Traducido ao castelán no [[1997]] en Ediciones de la Torre como ''Jugamos a hacer teatro: recursos teatrales''.<ref>{{Cita web|título=Jugamos a hacer teatro|url=http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=1922|páxina-web=bibliotraducion.uvigo.es|data-acceso=2019-07-11|lingua=|apelidos=}}</ref>
* ''Unha macana de dote'' (1990, [[Sotelo Blanco Edicións|Sotelo Blanco]]).
* ''Unha macana de dote'' (1990, [[Sotelo Blanco Edicións|Sotelo Blanco]]).
* ''Teatro mínimo'' ([[1991]], [[Cadernos da Escola Dramática Galega]]).
* ''Teatro mínimo'' ([[1991]], [[Cadernos da Escola Dramática Galega]]).

Revisión como estaba o 11 de xullo de 2019 ás 07:17

Euloxio R. Ruibal
Nacemento16 de marzo de 1945
 Ordes
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor, dramaturgo e catedrático
XénerosTeatro, narrativa
Na rede
Bitraga: 1545 AELG: 173 Dialnet: 740346
editar datos en Wikidata ]

Euloxio Rodríguez Ruibal, nado en Ordes o 16 de marzo de 1945, é un escritor e director galego. Está considerado un dos renovadores do teatro galego.

Traxectoria

Comezou a súa actividade teatral no grupo Ditea en 1961, baixo a dirección de Agustín Magán, e fundou o grupo de teatro Obradoiro. Tamén foi animador do equipo de cine Reina Lupa (1972), co que realizou varias curtametraxes e documentais (Cuatro por Cuatro, Mesturanza, Holocausto,...).

En 1973 gañou con Zardigot o Premio Abrente de teatro, e en 1975 volveu a conseguir o mesmo galardón con O Cabodano. De 1973 é a súa obra de teatro infantil O roubo do aparello, coa que gañou a primeira edición do Concurso de Teatro Infantil O Facho. En 1975 publicou a farsa A sonada e proveitosa enchenta do marqués Ruchestinto no derradeiro século da súa vida. En 1976 publica as obras O cabodano, Cousas da morte e A sombra do bon cabaleiro nun único volume. Mais entre 1977 e 1987, por causas descoñecidas, deixou de crear novas pezas. Volvería a facelo en 1988, mais só teatro infantil ata 1989, data en que publica Azos de esguello (peza coa que gañou o Premio Álvaro Cunqueiro). De 1990 data a súa obra Unha macana de dote. En 2003 publicou o ensaio Xogo de máscaras. Escritos sobre teatro galego

Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e director das galerías de arte Torque e Citánia. Foi elixido membro da Real Academia Galega en marzo de 2005, sendo o actual Arquiveiro-bibliotecario da institución. Actualmente, é profesor na Universidade de Santiago de Compostela.


Predecesor:
Xosé Luís Axeitos Agrelo
 Arquiveiro/Bibliotecario da RAG 
2010-2013
Sucesor:
Margarita Ledo Andión

Obra

Euloxio Rodríguez Ruibal é un dos dramaturgos máis frutíferos en lingua galega. Como acontece con outros autores da Nova Dramaturxia Galega (e usamos esta terminoloxía seguindo a Manuel F. Vieites e non a Manuel Lourenzo e Francisco Pillado), a súa obra está claramente marcada polo teatro épico do xermano Bertolt Brecht, utilizando igualmente o recurso do efecto de distanciamento, propio da dramática do alemán. Na obra de Ruibal, pois, como na do resto de autores do grupo Abrente, existe a expresa vontade de conectar co teatro das máis sobranceiras correntes da vangarda europea, sen descoidar a tradición galega. Por isto, achamos na dramática deste autor a influencia de escritores do país, como Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Eduardo Blanco Amor. Algunhas das obras obras de creación máis importantes de Euloxio R. Ruibal son as seguintes:

Teatro

E. Ruibal foi o primeiro gañador do premio de teatro de Ribadavia.

Narrativa

Literatura infanto-xuvenil

Ensaio

  • Compostela na historia (2000, A Nosa Terra).
  • Xogo de máscaras: escritos sobre teatro galego (2003, Espiral Maior).
  • Do escénico e o fílmico: notas sobre a linguaxe teatral no cinema contemporáneo (2006, Real Academia Galega).
  • Valle-Inclán e o teatro galego: a recepción da obra dramática de Valle-Inclán na dramaturxia galega (1916-1973) (2006, Tris Tram).
  • Escena aperta. Escritos sobre teatro (2009, Laiovento).

Poesía

  • Caderno de Ordes (2012, Toxosoutos).

Obras colectivas

Destaca na obra de Ruibal un gran número de textos dramáticos de curta extensión.

Premios

  • Premio Abrente de teatro en 1973, por Zardigot.
  • Premio Abrente de teatro en 1975, por O cabodano.
  • Gañador da primeira edición do Concurso de Teatro Infantil O Facho no 1974, por O roubo do espello.
  • Premio Álvaro Cunqueiro no 1989, por Azos de esguello.
  • Premio Valle-Inclán da Deputación de Pontevedra no 2005, por Valle-Inclán e o teatro galego: a recepción da obra dramática de Valle-Inclán na dramaturxia galega (1916-1973).

Notas

  1. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8. 
  2. "Jugamos a hacer teatro". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-11. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bibliografía

  • Teatro, cerimonia e xogo: a traxectoria teatral, literaria e cinematográfica de Euloxio R. Ruibal. Anxo Abuín. 2001. Editorial Tris Tram.