Panxoliña: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m →‎Ligazóns externas: achego urlarquivada
Etiqueta: edición de código 2017
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 26: Liña 26:
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [https://revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/viewFile/MADR0707110011A/32993 O nadal nas letras galegas (1940-1979), por [[Xesús Alonso Montero]], en PDF]
* [https://revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/viewFile/MADR0707110011A/32993 O nadal nas letras galegas (1940-1979), por [[Xesús Alonso Montero]], en PDF]
* [https://archive.is/k6xQu Características das panxoliñas e outros cantares]
* [https://archive.today/20130705194035/http://www.gim1.rabawyzna.pl/us/pagina_comenius/galego/cantigas.htm Características das panxoliñas e outros cantares]
* [http://www.galiciadigital.com/images/especiales/especiales/nadal/vilancicos.php Sobre o Nadal galego e tres panxoliñas para oírmos]
* [http://www.galiciadigital.com/images/especiales/especiales/nadal/vilancicos.php Sobre o Nadal galego e tres panxoliñas para oírmos]
* [http://www.youtube.com/watch?v=2IZIpUQEo4Y&feature=related Vídeo musical: Vinde vir o neno]
* [http://www.youtube.com/watch?v=2IZIpUQEo4Y&feature=related Vídeo musical: Vinde vir o neno]

Revisión como estaba o 4 de xullo de 2019 ás 05:48

A panxoliña[1] é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo nadal.

Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, as panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral. As panxoliñas, pola contra, son cancións populares cantadas polo pobo, en grupo ou individualmente ante o Belén ou na festa do Nadal.

Sábese da existencia de panxoliñas desde o século XV, mais non nos chegou ningún documento que explique as súas características, só referencias a como se organizaban os veciños para lle iren cantar ao neno Xesús e ao portal dos Reis.

Etimoloxía

O nome panxoliña procede das dúas primeiras palabras do himno Pange lingua gloriosi corporis mysterium escrito por Tomé de Aquino no século XIII.[2]

Panxoliñas

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para panxoliña. Consultado o 24-12-2017.
  2. Em galego (28 de novembro de 2018). "Em galego chamamos habitualmente PANJOLINHA às canções de Natal. Mas, sabedes qual é a origem?". Consultado o 30 de novembro de 2018. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.