Caixanova: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
máis datos
retiro o link a wiki catalana porque no existe o artigo
Liña 19: Liña 19:
[[Category:Economía]]
[[Category:Economía]]


[[ca:Caixanova]]
[[es:Caixanova]]
[[es:Caixanova]]

Revisión como estaba o 23 de outubro de 2007 ás 20:10

Sede de Caixanova en Vigo.

A Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra máis coñecida pola sua marca comercial Caixanova, é unha entidade financieira privada. Constituíuse o 17 de xullo do ano 2000, en virtude dun acordo de fusión alcanzado polas suas respectivas Asambleas Xerais no mes de xuño do mesmo ano das caixas seguintes: Caixa de Aforros Municipal de Vigo (fundada en 1880) e Caixa de Aforros Provincial de Ourense (fundada en 1933) e Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra (fundada en 1930).

A fusión realizouse en dous tramos, o primeiro coa fusión entre a Caixa de Vigo e a de Ourense, dando lugar a Caixa de Aforros de Vigo e Ourense, que posteriormente fusionouse coa de Pontevedra para dar lugar á entidade actual.

Caixanova conforma co Banco Gallego, do que posee o 50% do seu capital social, a primeira plataforma financieira de Galicia integrada por unha caixa e un banco, e que conta con 676 oficinas operativas -a maior rede de Galicia- e 3.660 empleados, (datos do 31 de decembro de 2006). Mercede ó ambicioso plan de expansión que está levando a cabo, xa está presente en case toda España e en países como Portugal, Francia, Suíza, Alemania, Estados Unidos, México, Venezuela ou Brasil.
O volume de negocio que xestiona aproximábase, ó peche do exercicio 2006, ós 41.000 millóns de euros, ano en que acadou un resultado positivo (antes de impostos) de 200,8 millóns de euros. O investimento crediticio do grupo superaba no exercicio 2005 os 12.000 millóns de euros.

Sede de Caixanova en Pontevedra.

Véxase tamén


Ligazóns externas