Fernando Álvarez de Sotomayor: Diferenzas entre revisións
arranxiños |
|||
Liña 5: | Liña 5: | ||
Nado no seo dunha familia burguesa ferrolá, o seu pai morreu cando Fernando era un rapaz. A familia trasladou a súa residencia a [[Toledo]], e nesta cidade desenvolveu a súa vocación ao carón do profesor de debuxo José Gutiérrez e do paisaxista José Vera. En [[1893]] iniciou en Madrid os seus estudos universitarios; alí coñeceu ao pintor [[Manuel Domínguez]], quen o orientou definitivamente cara a pintura. Estudou o bacharelato en Madrid. Intentou seguir varias carreiras, adicándose finalmente por completo á pintura. |
Nado no seo dunha familia burguesa ferrolá, o seu pai morreu cando Fernando era un rapaz. A familia trasladou a súa residencia a [[Toledo]], e nesta cidade desenvolveu a súa vocación ao carón do profesor de debuxo José Gutiérrez e do paisaxista José Vera. En [[1893]] iniciou en Madrid os seus estudos universitarios; alí coñeceu ao pintor [[Manuel Domínguez]], quen o orientou definitivamente cara a pintura. Estudou o bacharelato en Madrid. Intentou seguir varias carreiras, adicándose finalmente por completo á pintura. |
||
Tras a súa aprendizaxe do obradoiro de Manuel Domínguez, en [[1899]] gañou unha pensión da [[ |
Tras a súa aprendizaxe do obradoiro de Manuel Domínguez, en [[1899]] gañou unha pensión da [[Real Academia de Belas Artes de San Fernando|Escola de San Fernando]] para a Academia de Belas Artes de [[Roma]]. Dende a cidade italiana viaxou a [[París]], [[Países Baixos]] e [[Bélxica]]. Iso permitiulle coñecer aos impresionistas franceses e á pintura [[Flandres|flamenga]] e holandesa, que tiveron unha grande influencia na súa obra. Tras retornar a Madrid en [[1904]], logra a primeira medalla da [[Exposición Nacional de Belas Artes]]. Con posterioridade obtén outros recoñecementos como o primeiro premio na Exposición Internacional de Barcelona ou a medalla de ouro da Exposición Internacional de Múnic. En [[1905]] volveu a Galicia, onde foi seducido polo ambiente sinxelo da vida aldeá e preparou a súa serie de temas galaicos. Nesta etapa figuran obras como ''O segador'', ''Saíndo de misa no pazo de Mende'' e ''Comida de voda en Bergantiños''. |
||
En [[1908]] instalouse en [[Santiago de Chile]], de cuxa Escola Superior de Belas Artes foi director ata o seu regreso a España en [[1915]]. En [[Chile]] a súa influencia foi fundamental, aínda que só viviu seis anos nese país. Coas súas clases primeiro e despois como director da Escola de Belas Artes, deixou unha pegada orixinal favorecendo os temas populares e a impronta peninsular na primeira xeración de artistas chilenos coñecida como a "Xeración do 13". Tras a súa volta, en España desenvolveu unha importante carreira artística que o converteu nun dos máis importantes e influentes personaxes do medio artístico oficial. Pódeselle considerar o pintor da Corte de [[Afonso XIII de España|Afonso XIII]], e chegou a dirixir o [[Museo do Prado]] en diversos períodos (entre 1922 e 1931, e trala [[guerra civil española]], de 1939 ata a súa morte no ano 1960) e a [[Academia de Belas Artes de San Fernando]] a partir do ano 1953. |
En [[1908]] instalouse en [[Santiago de Chile]], de cuxa Escola Superior de Belas Artes foi director ata o seu regreso a España en [[1915]]. En [[Chile]] a súa influencia foi fundamental, aínda que só viviu seis anos nese país. Coas súas clases primeiro e despois como director da Escola de Belas Artes, deixou unha pegada orixinal favorecendo os temas populares e a impronta peninsular na primeira xeración de artistas chilenos coñecida como a "Xeración do 13". Tras a súa volta, en España desenvolveu unha importante carreira artística que o converteu nun dos máis importantes e influentes personaxes do medio artístico oficial. Pódeselle considerar o pintor da Corte de [[Afonso XIII de España|Afonso XIII]], e chegou a dirixir o [[Museo do Prado]] en diversos períodos (entre 1922 e 1931, e trala [[guerra civil española]], de 1939 ata a súa morte no ano 1960) e a [[Real Academia de Belas Artes de San Fernando|Academia de Belas Artes de San Fernando]] a partir do ano 1953. |
||
En 1938 foi designado alcalde da [[A Coruña|Coruña]]<ref>[https://www.museodelprado.es/enciclopedia/enciclopedia-on-line/voz/alvarez-de-sotomayor-y-zaragoza-fernando/], Álvarez de Sotomayor y Zaragoza, Fernando na Enciclopedia online do [[Museo do Prado]]</ref> e, máis adiante, procurador nas Cortes españolas. |
En 1938 foi designado alcalde da [[A Coruña|Coruña]]<ref>[https://www.museodelprado.es/enciclopedia/enciclopedia-on-line/voz/alvarez-de-sotomayor-y-zaragoza-fernando/], Álvarez de Sotomayor y Zaragoza, Fernando na Enciclopedia online do [[Museo do Prado]]</ref> e, máis adiante, procurador nas Cortes españolas. |
||
Liña 35: | Liña 35: | ||
=== Bibliografía === |
=== Bibliografía === |
||
* AAVV: [[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]] (en [[DVD]]). |
* AAVV: [[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]] (en [[DVD]]). |
||
* AAVV: ''[[Dicionario biográfico de Galicia]]'', [[Ir Indo Edicións]], 2010-2011, [[Vigo]]. |
* AAVV: ''[[Dicionario biográfico de Galicia]]'', [[Ir Indo|Ir Indo Edicións]], 2010-2011, [[Vigo]]. |
||
* {{Versaleta|[[Manuel Colmeiro Guimarás|Colmeiro]], [[Ángel Ilarri Gimeno|Ilarri]], [[Francisco Pablos|Pablos]], [[Xavier Pousa Carrera|Pousa]] e [[Antonio Quesada Porto|Quesada]]}}: ''Plástica Gallega'', p. 90-91, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, [[1981]], ISBN 84-7231-603-3. |
* {{Versaleta|[[Manuel Colmeiro Guimarás|Colmeiro]], [[Ángel Ilarri Gimeno|Ilarri]], [[Francisco Pablos|Pablos]], [[Xavier Pousa Carrera|Pousa]] e [[Antonio Quesada Porto|Quesada]]}}: ''Plástica Gallega'', p. 90-91, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, [[1981]], ISBN 84-7231-603-3. |
||
* {{Versaleta|[[José Manuel B. López Vázquez|López Vázquez, José Manuel]]}}: "El arte contemporáneo" en ''[[Enciclopedia temática de Galicia]]'', t. V-Arte, p. 185-189, Nauta, [[Barcelona]], [[1990]] {{Es}}, ISBN 84-278-1210-8 (v.5). |
* {{Versaleta|[[José Manuel B. López Vázquez|López Vázquez, José Manuel]]}}: "El arte contemporáneo" en ''[[Enciclopedia temática de Galicia]]'', t. V-Arte, p. 185-189, Nauta, [[Barcelona]], [[1990]] {{Es}}, ISBN 84-278-1210-8 (v.5). |
||
Liña 42: | Liña 42: | ||
* [[Alcaldes da Coruña]] |
* [[Alcaldes da Coruña]] |
||
* [[Rosario Álvarez de Sotomayor]] |
* [[Rosario Álvarez de Sotomayor]] |
||
* [[Lista de directores do Museo do Prado]] |
|||
=== Ligazóns externas === |
=== Ligazóns externas === |
||
* [https://www.museodelprado.es/enciclopedia/enciclopedia-on-line/voz/alvarez-de-sotomayor-y-zaragoza-fernando/ Enciclopedia online] do [[Museo Nacional do Prado]] {{Es}}. |
* [https://www.museodelprado.es/enciclopedia/enciclopedia-on-line/voz/alvarez-de-sotomayor-y-zaragoza-fernando/ Enciclopedia online] do [[Museo do Prado|Museo Nacional do Prado]] {{Es}}. |
||
{{Colección Afundación|68}} |
{{Colección Afundación|68}} |
||
{{Fundación María José Jove|292}} |
{{Fundación María José Jove|292}} |
||
Liña 66: | Liña 67: | ||
[[Categoría:Membros de honra da Real Academia Galega]] |
[[Categoría:Membros de honra da Real Academia Galega]] |
||
[[Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega]] |
[[Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega]] |
||
[[Categoría:Alcaldes da Coruña]] |
Revisión como estaba o 30 de xuño de 2019 ás 00:27
Fernando Álvarez de Sotomayor Zaragoza, nado en Ferrol o 25 de setembro de 1875 e finado en Madrid o 17 de marzo de 1960, foi un pintor académico galego. Boa parte da súa obra destaca por reflectir diversos aspectos da vida de Galicia con luminosidade e colorido.
Traxectoria
Nado no seo dunha familia burguesa ferrolá, o seu pai morreu cando Fernando era un rapaz. A familia trasladou a súa residencia a Toledo, e nesta cidade desenvolveu a súa vocación ao carón do profesor de debuxo José Gutiérrez e do paisaxista José Vera. En 1893 iniciou en Madrid os seus estudos universitarios; alí coñeceu ao pintor Manuel Domínguez, quen o orientou definitivamente cara a pintura. Estudou o bacharelato en Madrid. Intentou seguir varias carreiras, adicándose finalmente por completo á pintura.
Tras a súa aprendizaxe do obradoiro de Manuel Domínguez, en 1899 gañou unha pensión da Escola de San Fernando para a Academia de Belas Artes de Roma. Dende a cidade italiana viaxou a París, Países Baixos e Bélxica. Iso permitiulle coñecer aos impresionistas franceses e á pintura flamenga e holandesa, que tiveron unha grande influencia na súa obra. Tras retornar a Madrid en 1904, logra a primeira medalla da Exposición Nacional de Belas Artes. Con posterioridade obtén outros recoñecementos como o primeiro premio na Exposición Internacional de Barcelona ou a medalla de ouro da Exposición Internacional de Múnic. En 1905 volveu a Galicia, onde foi seducido polo ambiente sinxelo da vida aldeá e preparou a súa serie de temas galaicos. Nesta etapa figuran obras como O segador, Saíndo de misa no pazo de Mende e Comida de voda en Bergantiños.
En 1908 instalouse en Santiago de Chile, de cuxa Escola Superior de Belas Artes foi director ata o seu regreso a España en 1915. En Chile a súa influencia foi fundamental, aínda que só viviu seis anos nese país. Coas súas clases primeiro e despois como director da Escola de Belas Artes, deixou unha pegada orixinal favorecendo os temas populares e a impronta peninsular na primeira xeración de artistas chilenos coñecida como a "Xeración do 13". Tras a súa volta, en España desenvolveu unha importante carreira artística que o converteu nun dos máis importantes e influentes personaxes do medio artístico oficial. Pódeselle considerar o pintor da Corte de Afonso XIII, e chegou a dirixir o Museo do Prado en diversos períodos (entre 1922 e 1931, e trala guerra civil española, de 1939 ata a súa morte no ano 1960) e a Academia de Belas Artes de San Fernando a partir do ano 1953.
En 1938 foi designado alcalde da Coruña[1] e, máis adiante, procurador nas Cortes españolas.
Temática e estilisticamente, a súa obra enlaza coa de pintores como Rosales, Pradilla ou Muñoz Degrain. Mediante o emprego de cores puras e luminosas e unha temática campesiña ou folclórica persegue a exaltación da intrahistoria. No seu catálogo abundan os retratos de personaxes da vida política e económica do país. En 1922, cando foi nomeado director do Museo do Prado, a súa evolución artística abriuse a unha nova etapa, caracterizada polos retratos con paisaxes velazqueños, como o de Afonso XIII e a Duquesa de Santoña. Algúns cadros mitolóxicos, como Leda ou Sátiro e ninfas, pertencen tamén a este momento.
Coa caída da monarquía, estableceuse en Inglaterra e non regresou a España ata finalizada a Guerra Civil. As exposicións de pintura española realizadas en Xenebra e Buenos Aires aumentaron o carácter tradicional da súa pintura, como o demostran os retratos da Duquesa de Alba e do Duque de Híjar. Nos últimos doce anos da súa vida produciu obras de ampla factura como Ceres, San Agustín, San Vicente Ferrer ou O infortunio.
Unha boa parte da súa obra atópase en América, aínda que tamén é considerable o numero de óleos, acuarelas e debuxos reunidos pola Fundación Caixa Galicia.
Galería de imaxes
-
Álvarez de Sotomayor no seu estudio, 1921.
-
Sotomayor visto por Ramon Casas (MNAC).
Notas
- ↑ [1], Álvarez de Sotomayor y Zaragoza, Fernando na Enciclopedia online do Museo do Prado
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando Álvarez de Sotomayor |
Bibliografía
- AAVV: Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (en DVD).
- AAVV: Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
- Colmeiro, Ilarri, Pablos, Pousa e Quesada: Plástica Gallega, p. 90-91, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981, ISBN 84-7231-603-3.
- López Vázquez, José Manuel: "El arte contemporáneo" en Enciclopedia temática de Galicia, t. V-Arte, p. 185-189, Nauta, Barcelona, 1990 (en castelán), ISBN 84-278-1210-8 (v.5).
- Pablos: A pintura en Galicia | La pintura en Galicia (edición bilingüe), p. 56-62, Nigra Trea, 2003, ISBN 84-95364-15-8.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Fernando Álvarez de Sotomayor na Fundación María José Jove (en castelán).
- Obras do pintor no Museo de Belas Artes da Coruña.
Predecesor: Juan González Regueral |
Alcalde da Coruña 1939 |
Sucesor: José Pérez-Ardá |