Mistral Air: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m +control autoridades using AWB
m →‎Frota: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
Liña 32: Liña 32:


== Frota ==
== Frota ==
[[Imaxe:Boeing 737-3M8(QC), Mistral Air JP6795548.jpg|thumb|right|[[Boeing 737-300QC]]]]
[[Imaxe:Boeing 737-3M8(QC), Mistral Air JP6795548.jpg|miniatura|right|[[Boeing 737-300QC]]]]
En maio de [[2018]] a frota de Mistral Air estaba formada polos seguintes avións:<ref>{{cita web |título=Mistral Air Fleet Details and History |url=https://www.planespotters.net/airline/Mistral-Air |editor=Planespotters |dataacceso=31 de maio de 2018}}</ref><ref>{{cita web |título=Fleet |url=https://www.mistralair.it/en/fleet |editor=Mistral Air |dataacceso=31 de maio de 2018}}</ref>
En maio de [[2018]] a frota de Mistral Air estaba formada polos seguintes avións:<ref>{{cita web |título=Mistral Air Fleet Details and History |url=https://www.planespotters.net/airline/Mistral-Air |editor=Planespotters |dataacceso=31 de maio de 2018}}</ref><ref>{{cita web |título=Fleet |url=https://www.mistralair.it/en/fleet |editor=Mistral Air |dataacceso=31 de maio de 2018}}</ref>
<center>
<center>

Revisión como estaba o 29 de xuño de 2019 ás 20:26

Mistral Air
IATA
M4
OACI
MSA
Indicativo
AIRMERCI
Fundación1981
Inicio das operacións1984
Aeroporto principalRoma-Fiumicino
Centros de conexión secundariosaeroporto de Boloña
Frota8
Destinos11
HoldingPoste italiane
Páxina web: https://www.mistralair.it

Mistral Air é unha aeroliña italiana con sede en Roma[1] subsidiaria de Poste italiane. Opera voos regulares domésticos e servizos chárter internacionais, ademais de realizar servizos de carga. A compañía ten bases no aeroporto de Roma-Fiumicino e no aeroporto de Boloña.

Historia

Mistral Air foi fundada no ano 1981 polo actor e antigo nadador Bud Spencer e comezou a operar en 1984. A compañía foi propiedade de TNT N.V. ata marzo de 2002 cando TNT vendeulle o 75% das accións a Poste Italiane.

A aeroliña ten sido contratada pola Santa Sé do Vaticano para transportar peregrinos a lugares como Lourdes, Fátima, Santiago de Compostela, Medjugorje, Palestina, Polonia e México. O primeiro voo de Roma a Lourdes foi o 27 de agosto de 2007 transportando ao vicario de Roma, o cardeal Camillo Ruini.[2]

Frota

Boeing 737-300QC

En maio de 2018 a frota de Mistral Air estaba formada polos seguintes avións:[3][4]

Frota de Mistral Air
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Y Total
ATR 72-200F 2 Carga
ATR 72-500 5 68 68
Boeing 737-300QC 1 144-148 144-148
Total 8

Notas

  1. Mistral Air (ed.). "Contacts". Consultado o 31 de maio de 2018. 
  2. BBC (ed.). "Vatican flight service launches". Consultado o 31 de maio de 2018. 
  3. Planespotters (ed.). "Mistral Air Fleet Details and History". Consultado o 31 de maio de 2018. 
  4. Mistral Air (ed.). "Fleet". Consultado o 31 de maio de 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas