Sete marabillas do mundo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: | thumb | → |miniatura|
Liña 15: Liña 15:


== Orixe da lista ==
== Orixe da lista ==
[[Ficheiro: ancient_seven_wonders_timeline.svg | thumb | 300px | Cronoloxía e mapa das Sete Marabillas {{En}}. Datas en grosa verde e vermello escuro son da súa construción e destrución, respectivamente.]]
[[Ficheiro: ancient_seven_wonders_timeline.svg |miniatura|300px | Cronoloxía e mapa das Sete Marabillas {{En}}. Datas en grosa verde e vermello escuro son da súa construción e destrución, respectivamente.]]
A orixe da lista é dubidosa, pero atribúeselle ao [[Poesía|poeta]] [[Grecia Clásica|grego]] [[Antípatro de Sidón]], que escribiu sobre estas obras nun poema. Outro documento que contén a lista é o libro ''De Septem Orbis Miraculis'', do [[Enxeñaría|enxeñeiro]] [[Grecia|grego]] [[Filón de Bizancio]]. A lista tamén se coñece co nome [[lingua grega|grego]] de ''ta hepta thaemata'' (as sete cousas dignas de seren vistas). Esta catalogación das marabillas polos gregos debeuse producir entre os anos [[-150|150]] e [[-120|120 aC]].
A orixe da lista é dubidosa, pero atribúeselle ao [[Poesía|poeta]] [[Grecia Clásica|grego]] [[Antípatro de Sidón]], que escribiu sobre estas obras nun poema. Outro documento que contén a lista é o libro ''De Septem Orbis Miraculis'', do [[Enxeñaría|enxeñeiro]] [[Grecia|grego]] [[Filón de Bizancio]]. A lista tamén se coñece co nome [[lingua grega|grego]] de ''ta hepta thaemata'' (as sete cousas dignas de seren vistas). Esta catalogación das marabillas polos gregos debeuse producir entre os anos [[-150|150]] e [[-120|120 aC]].


Liña 40: Liña 40:


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Sete marabillas do mundo| ]]
[[Categoría:Sete marabillas do mundo| ]]

Revisión como estaba o 29 de xuño de 2019 ás 20:10

As sete marabillas do mundo (ou as sete marabillas do mundo antigo) son as máis belas e maxestosas obras artísticas e arquitectónicas realizadas na Antigüidade.

As sete marabillas do mundo antigo

Velaquía a lista das sete marabillas do mundo antigo, ordenadas por data de construción.

  1. A Gran Pirámide de Gizeh. Rematada arredor do ano 2570 a.C., foi utilizada como tumba ou cenotafio do faraón Khufu, denominado Queops por Herodoto. Localizada en Gizeh, Exipto, é a única das sete marabillas que aínda se pode contemplar.
  2. Os Xardíns colgantes de Babilonia. Construídos entre o 605 e o 562 a.C.. Localizados en Babilonia, actual Iraq.
  3. O Templo de Artemisa en Éfeso. Construído cara a -550 - -325. Localizado en Éfeso, actual Turquía.
  4. A Estatua de Zeus, en Olimpia (Grecia). Esculpida cara a -430 por Fidias. Localizada en Olimpia, Grecia.
  5. O Mausoleo de Halicarnaso. Construído arredor de -353. Situado en Bodrum, actual Turquía.
  6. O Coloso de Rodas. Construído entre -294 e -282. Localizado na illa de Rodas, actualmente pertencente a Grecia.
  7. O Faro de Alexandría. Construído entre -294 e -283. Localizado en Alexandría, Exipto.

Orixe da lista

Cronoloxía e mapa das Sete Marabillas (en inglés). Datas en grosa verde e vermello escuro son da súa construción e destrución, respectivamente.

A orixe da lista é dubidosa, pero atribúeselle ao poeta grego Antípatro de Sidón, que escribiu sobre estas obras nun poema. Outro documento que contén a lista é o libro De Septem Orbis Miraculis, do enxeñeiro grego Filón de Bizancio. A lista tamén se coñece co nome grego de ta hepta thaemata (as sete cousas dignas de seren vistas). Esta catalogación das marabillas polos gregos debeuse producir entre os anos 150 e 120 aC.

De todas as sete marabillas, a única que resistiu até os días actuais foi a Gran Pirámide de Gizeh, construída hai máis de 4.000 anos. Dos outros monumentos podemos imaxinar o aspecto que tiñan, a partir de descricións en textos antigos e de reproducións estilizadas en moedas. Ese é o caso da estatua de Zeus Olímpico, construída en ouro e marfil, e con 40 pés de altura, do que conservamos ademais de descricións escritas detalladas, a súa reprodución nas moedas de Elis.

Moeda de Elis. Estatua de Zeus de Olimpia no seu reverso.

Actualización

A comezos do século XXI o cidadán suízo Bernard Weber promoveu a selección das novas sete marabillas do mundo, que viría substituír esta lista. Esa decisión foi tomada pola Unesco o 7 de xullo de 2007.

Marabillas naturais

Tal como con outras listas, non existe consenso sobre sete marabillas naturais. Unha das listas foi compilada pola CNN [1]:

Véxase tamén

Outros artigos