Adolf Otto Reinhold Windaus: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
 
Liña 30: Liña 30:


=== Investigacións científicas ===
=== Investigacións científicas ===
Volveu a Berlín para traballar con Emil Fischer e coñeceu a [[Otto Paul Hermann Diels|Otto Diels]] (futuro premio Nobel en [[1950]]), con quen mantivo unha longa amizade. En [[1901]] retornou a Friburgo e comezou a traballar sobre o [[colesterol]] e os [[esterol|esterois]]. A partir de [[1906]] impartiu docencia na universidade de [[Innsbruck]] e logo en [[Göttingen]] entre [[1915]] e [[1944]]. En [[1919]] logrou transformar o colesterol en [[ácido colánico]] (que fora illado dos [[ácido biliar|ácidos biliares]] por [[Heinrich Otto Wieland]]). Windaus mostrou así a ligazón entre os esterois e os ácidos biliares. Descubriu tamén que a vitamina D é un esterol e que a luz é precisa para que esta [[vitamina]] actúe. Estas investigacións valéronlle o premio Nobel. Traballou igualmente sobre os derivados do [[imizadol]], o que o levou a demostrar que a [[histidina]] (un [[aminoácido]]) é un derivado do imidazol, e a descubrir a [[histamina]].
Volveu a Berlín para traballar con Emil Fischer e coñeceu a [[Otto Paul Hermann Diels|Otto Diels]] (futuro premio Nobel en [[1950]]), con quen mantivo unha longa amizade. En [[1901]] retornou a Friburgo e comezou a traballar sobre o [[colesterol]] e os [[esterol|esterois]]. A partir de [[1906]] impartiu docencia na universidade de [[Innsbruck]] e logo en [[Göttingen]] entre [[1915]] e [[1944]]. En [[1919]] logrou transformar o colesterol en [[ácido colánico]] (que fora illado dos [[ácido biliar|ácidos biliares]] por [[Heinrich Otto Wieland]]). Windaus mostrou así a ligazón entre os esterois e os ácidos biliares. Descubriu tamén que a vitamina D é un esterol e que a luz é precisa para que esta [[vitamina]] actúe. Estas investigacións valéronlle o premio Nobel. Traballou igualmente sobre os derivados do [[imizadol]], o que o levou a demostrar que a [[histidina]] (un [[aminoácido]]) é un derivado do [[imidazol]], e a descubrir a [[histamina]].


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión actual feita o 23 de xuño de 2019 ás 11:25

Adolf Otto Reinhold Windaus
Adolf Otto Reinhold Windaus
Datos persoais
Nacemento25 de decembro de 1876
LugarBerlín Alemaña Alemaña
Falecemento9 de xuño de 1959
LugarGöttingen Alemaña Alemaña
SoterradoCemiterio municipal de Gotinga
ResidenciaAlemaña Alemaña
Nacionalidadealemán
CónxuxeElisabeth Resau (1915)
Actividade
CampoQuímica orgánica
Bioquímica
Alma máterUniversidade Humboldt de Berlín, Universidade de Freiburg im Breisgau e Französisches Gymnasium Berlin
Director de teseHeinrich Kiliani
Contribucións e premios
Coñecido pordescubrir a vitamina D e a histamina
PremiosPremio Nobel de Química (1928)
editar datos en Wikidata ]

Adolf Otto Reinhold Windaus, nado o 25 de decembro de 1876 en Berlín (Alemaña) e finado o 9 de xuño de 1959 en Göttingen, foi un químico alemán, descubridor da vitamina D e a histamina. Gañou o Premio Nobel de Química en 1928.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Liceo Francés (Französisches Gymnasium) de Berlín, no que se interesou principalmente pola literatura. Iniciou estudos de Medicina en 1895. Impresionáronmo tanto as conferencias do premio Nobel de química Emil Fisher que comezou a estudar química en Friburgo ao tempo que continúa coa Medicina. Doutorouse en 1900 cunha tese dedicada ao veleno que se extrae da dedaleira. A partir de 1906, traballa como profesor na Universidade de Innsbruck, e na Universidade de Göttingen de 1915 a 1944 como director do Instituto Químico.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Volveu a Berlín para traballar con Emil Fischer e coñeceu a Otto Diels (futuro premio Nobel en 1950), con quen mantivo unha longa amizade. En 1901 retornou a Friburgo e comezou a traballar sobre o colesterol e os esterois. A partir de 1906 impartiu docencia na universidade de Innsbruck e logo en Göttingen entre 1915 e 1944. En 1919 logrou transformar o colesterol en ácido colánico (que fora illado dos ácidos biliares por Heinrich Otto Wieland). Windaus mostrou así a ligazón entre os esterois e os ácidos biliares. Descubriu tamén que a vitamina D é un esterol e que a luz é precisa para que esta vitamina actúe. Estas investigacións valéronlle o premio Nobel. Traballou igualmente sobre os derivados do imizadol, o que o levou a demostrar que a histidina (un aminoácido) é un derivado do imidazol, e a descubrir a histamina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Heinrich Otto Wieland
Premio Nobel de Química

1928
Sucesor:
Arthur Harden e Hans von Euler-Chelpin