Espectrograma: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 37: Liña 37:
* [https://web.archive.org/web/20110725231858/http://devrand.org/show_item.html?item=64&page=Project Further information on creating a signal whose spectrogram is an arbitrary image]
* [https://web.archive.org/web/20110725231858/http://devrand.org/show_item.html?item=64&page=Project Further information on creating a signal whose spectrogram is an arbitrary image]
* [https://web.archive.org/web/20130308191404/http://kdenlive.org/users/granjow/introducing-scopes-audio-spectrum-and-spectrogram Article describing the development of a software spectrogram]
* [https://web.archive.org/web/20130308191404/http://kdenlive.org/users/granjow/introducing-scopes-audio-spectrum-and-spectrogram Article describing the development of a software spectrogram]
* [http://www.spectrogramsforspeech.com/background/history-of-spectrograms/ History of spectrograms & development of instrumentation]
* [https://web.archive.org/web/20120425045439/http://www.spectrogramsforspeech.com/background/history-of-spectrograms/ History of spectrograms & development of instrumentation]


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 13 de xuño de 2019 ás 12:04

Espectrograma das sete vogais da lingua galega.
Espectrograma da oración en checo Strč prst skrz krk ("Insire o dedo pola gorxa"), que carece de vogais.
Espectrograma do son dun violín. As liñas brillantes da parte baixa son os tons fundamentais formantes de cada nota, e as outras liñas brillantes próximas son os sobretóns harmónicos; en conxunto forman o espectro de frecuencia.

Un espectrograma é a representación espectral variando no tempo (formando unha imaxe), que mostra como unha densidade espectral varía no dito tempo.[1]

No eido acústico, é o resultado de calcular o espectro de frecuencia en imaxe dun sinal analóxico de son. Pode resultar nunha gráfica tridimensional que representa a enerxía do contido frecuencial do sinal segundo vai variando esta ao longo do tempo. Obtense a través do espectrómetro.

Aplicacións

É usada para identificar sons fonéticos e procesos da fala. Poden servir para axudar a corrixir trastornos da linguaxe e para axudar a aprender a falar a persoas xordas.

Dentro do campo artístico, foi usado na música electrónica, para crear un sinal acústico a partir dun espectrograma feito cunha imaxe deseñada ou arbitraria. Tamén serve para modificar a intensidade de diferentes frecuencias ou crear novos sons musicais a partir doutros xa existentes.

É usado en sistemas de detección como o radar e o sonar.

Algúns espectrogramas analóxicos foron aplicados no estudo do canto dos paxaros e doutras especies para estudar a modulación de frecuencia da comunicación animal.

Tamén se empregan no campo da sismoloxía.

Formato

Espectograma en 3D dun anaco dunha peza musical.

O formato máis común consiste nun gráfico con dous eixos, o horizontal representa o tempo, mentres que o vertical representa a frecuencia. Pódese engadir unha terceira dimensión que indique a amplitude nun tempo e frecuencia concretos, indicándose a intensidade en cada punto, ou mediante cores.

Hai moitas variedades de formato. Os eixos vertical e horizontal pódense permutar, correndo o tempo horizontalmente. Ás veces a amplitude represéntase mediante a altura dunha superficie en tres dimensións. A frecuencia ou a amplitude poden ser indicadas linear ou logaritmicamente, dependendo de para que se use o espectograma. No son normalmente emprégase un eixo logarítmico para a amplitude (probablemente en db), e a frecuencia represéntase de xeito linear para enfatizar os harmónicos e de xeito logarítmico para o ton fundamental.

Notas

  1. "espectrograma" en digatic.org

Véxase tamén

Ligazóns externas