Craig Patterson: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía}}
{{Biografía}}
'''Craig Patterson''', nado en [[Gloucester]] o [[7 de setembro]] de [[1973]] é un tradutor e investigador [[Inglaterra|inglés]], especializado na [[Cultura de Galicia|cultura galega]].
'''Craig Patterson''', nado en [[Gloucester]] o [[7 de setembro]] de [[1973]] é un tradutor e investigador angloirlandés, especializado na [[Cultura de Galicia|cultura galega]].


==Traxectoria==
==Traxectoria==

Revisión como estaba o 6 de xuño de 2019 ás 15:44

Infotaula de personaCraig Patterson

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Gloucester, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Birmingham (pt) Traducir
Universidade de Oxford Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutor , catedrático , activista lingüístico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford
Universidade de Cardiff
Universidade de Birmingham (pt) Traducir
Universidade de Stirling Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1417688

Craig Patterson, nado en Gloucester o 7 de setembro de 1973 é un tradutor e investigador angloirlandés, especializado na cultura galega.

Traxectoria

Licenciado en Estudos Hispánicos na Universidade de Birmingham en 1996, e doutor en 2002 pola Universidade de Oxford coa tese Galician Cultural Identity in the Works of Ramón Otero Pedrayo. Foi profesor nas universidades británicas de Oxford, Birmingham, Stirling e Cardiff, así como presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos entre 2009 e 2012. É membro correspondente da Real Academia Galega.

Ten colaborado en diversos medios (Vieiros, Praza Pública, Luzes, Anuario de Estudos Literarios Galegos, Grial e A Trabe de Ouro), residindo na Coruña. Centrou a súa investigación en estudos galegos, deténdose especialmente na época da Xeración Nós e nas figuras de Ramón Otero Pedrayo e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Exerce como profesor e tradutor.

Obra publicada

Ensaio

  • Galician Cultural Identity in the Works of Ramón Otero Pedrayo, 2006, Mellen.[1]

Traducións

Traducións colectivas

  • Things (Cousas), de Castelao, 2001, Planet.

Premios

  • Premio English PEN Translates Award por Home is Like a Different Time en 2019.
  • Premio Ostana (Scritture in lingua madre) polo seu traballo de tradución da literatura galega ao inglés, en 2019.

Notas

  1. Tradución ao galego de Xabier Cid co título O devalar da idea, 2008, Colección Fundación Otero Pedrayo, Editorial Galaxia.
  2. Ficha de Forever in Galicia na páxina web da editorial.

Véxase tamén

Ligazóns externas