Cogomelo de pé aveludado: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 31: Liña 31:
O '''cogomelo de pé aveludado'''<ref>Nome vulgar galego en ''Dicionario de alimentación e restauración'', Santiago de Compostela, VV. AA. (2012), Termigal, [[Xunta de Galicia]], [[Real Academia Galega]]</ref> ('''''Flammulina velutipes'''''), tamén coñecido cos nomes orientais de '''''enoki''''' (エノキ en [[Lingua xaponesa|xaponés]]) ou ''cogomelo de agulla de ouro'' (金針菇 en [[Lingua chinesa|chinés]]<ref>[http://dictionary.reference.com/browse/enokitake Enokitake] Dictionary.com</ref> é un [[fungi|fungo]] que forma parte dunha familia de cogomelos brancos alongados e finos populares en varias gastronomías asiáticas (tales como a [[gastronomía da China|chinesa]], [[gastronomía do Xapón|xaponesa]] e [[Gastronomía de Corea|coreana]]). Estes cogomelos pertencen ao xénero '''''[[Flammulina]]'''''. Variantes bravas distínguense na cor, textura e grosor e se lles denomina tamén "cogomelo do inverno" ou "talo aveludado".
O '''cogomelo de pé aveludado'''<ref>Nome vulgar galego en ''Dicionario de alimentación e restauración'', Santiago de Compostela, VV. AA. (2012), Termigal, [[Xunta de Galicia]], [[Real Academia Galega]]</ref> ('''''Flammulina velutipes'''''), tamén coñecido cos nomes orientais de '''''enoki''''' (エノキ en [[Lingua xaponesa|xaponés]]) ou ''cogomelo de agulla de ouro'' (金針菇 en [[Lingua chinesa|chinés]]<ref>[http://dictionary.reference.com/browse/enokitake Enokitake] Dictionary.com</ref> é un [[fungi|fungo]] que forma parte dunha familia de cogomelos brancos alongados e finos populares en varias gastronomías asiáticas (tales como a [[gastronomía da China|chinesa]], [[gastronomía do Xapón|xaponesa]] e [[Gastronomía de Corea|coreana]]). Estes cogomelos pertencen ao xénero '''''[[Flammulina]]'''''. Variantes bravas distínguense na cor, textura e grosor e se lles denomina tamén "cogomelo do inverno" ou "talo aveludado".


O cogomelo pódese adquirir natural ou enlatado. Sóese empregar na preparación de [[sopa]]s, aínda que tamén se poden atopar en [[ensalada]]s e outros pratos. Teñen unha textura crocante e se poden conservar no frío até unha semana. Os expertos recomendan ''enokis'' frescos de [[Píleo (micoloxía)|chapeu]] firme branco e brillante, e cómpre evitarmos aqueles cun [[Estipe (micoloxía)|pé]] mucoso ou marrón.<ref>[http://www.quamut.com/quamut/mushrooms/page/enoki_mushrooms.html Purchasing and Preparing Enoki Mushrooms]</ref>
O cogomelo pódese adquirir natural ou enlatado. Sóese empregar na preparación de [[sopa]]s, aínda que tamén se poden atopar en [[ensalada]]s e outros pratos. Teñen unha textura crocante e se poden conservar no frío até unha semana. Os expertos recomendan ''enokis'' frescos de [[Píleo (micoloxía)|chapeu]] firme branco e brillante, e cómpre evitarmos aqueles cun [[Estipe (micoloxía)|pé]] mucoso ou marrón.<ref>{{Cita web |url=http://www.quamut.com/quamut/mushrooms/page/enoki_mushrooms.html |título=Purchasing and Preparing Enoki Mushrooms |data-acceso=19 de setembro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090326083842/http://quamut.com/quamut/mushrooms/page/enoki_mushrooms.html |dataarquivo=26 de marzo de 2009 |urlmorta=si }}</ref>


== Características ==
== Características ==

Revisión como estaba o 5 de xuño de 2019 ás 22:18

O cogomelo de pé aveludado[1] (Flammulina velutipes), tamén coñecido cos nomes orientais de enoki (エノキ en xaponés) ou cogomelo de agulla de ouro (金針菇 en chinés[2] é un fungo que forma parte dunha familia de cogomelos brancos alongados e finos populares en varias gastronomías asiáticas (tales como a chinesa, xaponesa e coreana). Estes cogomelos pertencen ao xénero Flammulina. Variantes bravas distínguense na cor, textura e grosor e se lles denomina tamén "cogomelo do inverno" ou "talo aveludado".

O cogomelo pódese adquirir natural ou enlatado. Sóese empregar na preparación de sopas, aínda que tamén se poden atopar en ensaladas e outros pratos. Teñen unha textura crocante e se poden conservar no frío até unha semana. Os expertos recomendan enokis frescos de chapeu firme branco e brillante, e cómpre evitarmos aqueles cun mucoso ou marrón.[3]

Características

O cogomelo adoita medrar nos toros do lodoeiro chinés (Celtis sinensis), denominado enoki no Xapón, aínda que tamén poden atoparse noutras árbores coma as moreiras ou os caquiceiros. A diferenza na aparencia dos cogomelos salvaxes e cultivadas é notoria. Os cogomelos cultivados non están expostos á luz, resultando nunha cor abrancazada, mentres que os bravos adoitan ter unha cor acastañada escura. Os cogomelos cultivados medran nunha contorna de alta concentración de CO2 para produciren pés magros e alongados, mentres que os bravos teñen os pés máis curtos e grosos.

A variedade que se atopa nos supermercados é sempre a cultivada, normalmente nunha botella de plástico ou nunha saqueta de vinilo durante 30 días a 15 °C e unha humidade do 70%, nun substrato de serraduras ou mazaroca de millo, ademais doutros ingredientes. Máis tarde, o cogomelo medra durante outros trinta días nunha contorna máis frío pero máis húmida. O crecemento está restrinxido a un papel de forma cónica para obrigar ao cogomelo a medrar de xeito magro e alongado. Os cogomelos dos supermercados a miúdo teñen mostras da botella arredor da base.[4]

O cogomelo é moi sinxelo de cultivar e ten crecido no Xapón durante máis de 300 anos, ao comezo en madeira e despois en botellas. Pódense mercar tamén os kits para o seu cultivo.

En América do Norte pódese atopar unha segunda especie, Flammulina populicola, que tamén se cultiva.

Denominacións vernáculas

O termo enokitakeen xaponés榎茸エノキタケ), enokidakexaponés榎茸エノキダケ), ou enoki (en xaponés:エノキ) deriva do xaponés. En chinés, o cogomelo denomínase jīnzhēngū (金針菇) ou jīngū (金菇). En coreano chámase de paengi beoseot (팽이버섯) e en vietnamita kim châm ou trâm vàng.

Propiedades medicinais do enokitake

Os cogomelos enokitake posúen antioxidantes[5][6] ao igual que a ergothioneine.[6]

Estudos da Universidade Nacional de Singapur publicados por vez primeira en 2005 confirmaron que o pé deste cogomelo contén unha gran cantidade de proteínas, denominadas five, que axudan a regular o sistema de inmunidade. Ensaios en animais indicaron posíbeis usos en vacinas e inmunoloxía de tumores.[7] Tamén contén flammutoxín, unha proteína citólica e cardiotóxica[8][9] que posibelmente apenas pode absorberse de xeito oral.

Galería de imaxes

Notas

  1. Nome vulgar galego en Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, VV. AA. (2012), Termigal, Xunta de Galicia, Real Academia Galega
  2. Enokitake Dictionary.com
  3. "Purchasing and Preparing Enoki Mushrooms". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2009. Consultado o 19 de setembro de 2014. 
  4. "Cultivo de Flammulina velutipes (en [[lingua inglesa|inglés]])". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2016. Consultado o 19 de setembro de 2014.  Ligazón wiki dentro do título da URL (Axuda)
  5. Bao HN, Ushio H, Ohshima T (2009). "Antioxidative activities of mushroom (Flammulina velutipes) extract added to bigeye tuna meat: dose-dependent efficacy and comparison with other biological antioxidants". Journal of Food Science 74 (2): C162–9. PMID 19323731. doi:10.1111/j.1750-3841.2009.01069.x. 
  6. 6,0 6,1 Bao HN, Ushio H, Ohshima T (2008). "Antioxidative activity and antidiscoloration efficacy of ergothioneine in mushroom (Flammulina velutipes) extract added to beef and fish meats". Journal of Agricultural and Food Chemistry 56 (21): 10032–40. PMID 18841979. doi:10.1021/jf8017063. 
  7. New look at two wonder mushrooms, National University of Singapore, 2005.
  8. Tomita T, Ishikawa D, Noguchi T, Katayama E, Hashimoto Y (1998). "Assembly of flammutoxin, a cytolytic protein from the edible mushroom Flammulina velutipes, into a pore-forming ring-shaped oligomer on the target cell". The Biochemical Journal 333 (1): 129–37. PMC 1219565. PMID 9639572. 
  9. Lin JY, Wu HL, Shi GY (1975). "Toxicity of the cardiotoxic protein flammutoxin, isolate from edible mushroom Flammulina velutipes". Toxicon 13 (5): 323–31. PMID 54950. doi:10.1016/0041-0101(75)90191-9. 

Véxase tamén

Outros artigos