Valdivia: Diferenzas entre revisións
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8) |
elimino sintaxe desbotada |
||
Liña 4: | Liña 4: | ||
|escudo = Escudo de Valdivia.svg |
|escudo = Escudo de Valdivia.svg |
||
|bandeira = Flag of Valdivia, Chile.svg |
|bandeira = Flag of Valdivia, Chile.svg |
||
|imaxe = |
|imaxe = Valdivia y su río.JPG |
||
|situación = |
|situación = Mapa loc Los Ríos.svg |
||
|país = [[Chile]] |
|país = [[Chile]] |
||
|bandeirapaís= {{CHIb}} |
|bandeirapaís= {{CHIb}} |
Revisión como estaba o 28 de maio de 2019 ás 13:25
Coordenadas: 39°48′30″S 73°14′30″O / -39.80833, -73.24167 Modelo:Cidade Valdivia é unha comuna, cidade e un municipio chileno da provincia de Valdivia, que tamén é capital da XIV rexión de Los Ríos. A cidade é situada na costa do Pacífico, nas proximidades do Río Calle-Calle. Valdivia dista uns 841 km da urbe de Santiago de Chile.
Historia
O primeiro gobernador de Chile, Pedro de Valdivia, enviou ao almirante Juan Bautista Pastene á zona, quen explorou a baía de Corral no 1544, e logrou bautizar a zona co nome do seu superior. Máis tarde, o 9 de febreiro de 1552, Valdivia fundou a cidade co nome de Santa María la Blanca de Valdivia sobre unha aldea indíxena chamada Ainil. No 1598, despois do desastre de Curalaba, Valdiva foi abandonada e destruída polos nativos huilliches. Foi repoboada en 1645, pero os arredores foron controlados polos indíxenas Lafkenche-huilliche.
A cidade creceu e formouse un importante porto, o seu río é un dos poucos ríos navegables do país, e na época, Valdivia foi a cidade máis austral de Chile con numerosos e ben equipados fortes militares[1]. No 1821 foi capturada polos independentistas de Chile. Na época, foi lanzada oficialmente a colonización alemá e no 1850 chegan os primeiros á zona impulsando a industrialización. Tamén queimaron grandes áreas de pluviselva valdiviana para conseguir terras agrícolas. En 1909, un gran incendio destruíu o centro da cidade que logo foi reconstruído[2]. O 1960, o 22 de maio foi rexistrado o terremoto máis forte na historia da Terra,[Cómpre referencia] cunha magnitude é de 9,5 Richter (Terremoto de Chile de 1960), que destruíu o 40% da cidade. Desde o 2 de outubro de 2008, entrou en vigor a nova rexión chilena de Los Ríos XIV, da cal Valdivia é capital.
Galería de imaxes
Cidades irmandadas
Notas
- ↑ Valdivia entre Ríos y Piratas, gochile.cl - Consultado o 9 de xaneiro de 2014 (en castelán)
- ↑ La historia y las imágenes del gran incendio que destruyó Valdivia hace 100 años, Cultura, latercera.com - Consultado o 9 de xaneiro de 2014 (en castelán)
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valdivia |