Igrexa católica maronita: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Liña 52: Liña 52:
O número exacto de maronitas no mundo non se coñece con certeza. Estímanse máis de 3 millóns, segundo a [[Asociación Católica para o Benestar no Oriente Próximo]].
O número exacto de maronitas no mundo non se coñece con certeza. Estímanse máis de 3 millóns, segundo a [[Asociación Católica para o Benestar no Oriente Próximo]].


Segundo un informe de 2007, hai arredor de are 930.000 maronitas no [[Líbano]], onde constitúen aproximadamente o 22% da poboación.<ref name=freedom>{{cita web |url=http://www.state.gov/g/drl/rls/irf/2008/108487.htm |título=Lebanon - International Religious Freedom Report |ano=2008 |editor=U.S. Department of State}}</ref> En Siria son un total de 51.000.<ref name="annuario">{{cita web |url=http://www.cnewacanada.ca/source-images/Roberson-eastcath-statistics/eastcatholic-stat08.pdf |título=Datos do Annuario Pontificio: ''The Eastern Catholic Churches'' |ano=2008}}</ref> Existe tamén unha comunidade maronita en Chipre, de arredor de 10.000 fieis,<ref name="annuario"/> e que fala [[lingua árabe chipriota maronita|o seu propio dialecto árabe]].<ref>{{cita libro |autor=Maria Tsiapera |título=A Descriptive Analysis of Cypriot Maronite Arabic |ano=1969 |editor=Mouton and Company |lugar=A Haia}}</ref><ref>{{cita web |url=http://moi.gov.cy/new/admin/sections/filedepot/uploaded/file/PDF_FILES/EuropeanCharterForRegionalMinorities.pdf |editor=Ministerio do Interior de Chipre |título=European Charter for Regional or Minority Languages: Answers to the Comments/Questions Submitted to the Government of Cyprus Regarding its Initial Periodical Report |lingua=en |data-acceso=01 de agosto de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20101126204758/http://moi.gov.cy/new/admin/sections/filedepot/uploaded/file/PDF_FILES/EuropeanCharterForRegionalMinorities.pdf |dataarquivo=26 de novembro de 2010 |urlmorta=si }}</ref> Finalmente, hai unha salientable comunidade no norte de Israel, na rexión de [[Galilea]], de 7.504 persoas,<ref name="annuario"/> famosa polos seus intentos de conservación da [[lingua aramea]].
Segundo un informe de 2007, hai arredor de are 930.000 maronitas no [[Líbano]], onde constitúen aproximadamente o 22% da poboación.<ref name=freedom>{{cita web |url=http://www.state.gov/g/drl/rls/irf/2008/108487.htm |título=Lebanon - International Religious Freedom Report |ano=2008 |editor=U.S. Department of State |data-acceso=01 de agosto de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120120062547/http://www.state.gov/g/drl/rls/irf/2008/108487.htm |dataarquivo=20 de xaneiro de 2012 |urlmorta=si }}</ref> En Siria son un total de 51.000.<ref name="annuario">{{cita web |url=http://www.cnewacanada.ca/source-images/Roberson-eastcath-statistics/eastcatholic-stat08.pdf |título=Datos do Annuario Pontificio: ''The Eastern Catholic Churches'' |ano=2008}}</ref> Existe tamén unha comunidade maronita en Chipre, de arredor de 10.000 fieis,<ref name="annuario"/> e que fala [[lingua árabe chipriota maronita|o seu propio dialecto árabe]].<ref>{{cita libro |autor=Maria Tsiapera |título=A Descriptive Analysis of Cypriot Maronite Arabic |ano=1969 |editor=Mouton and Company |lugar=A Haia}}</ref><ref>{{cita web |url=http://moi.gov.cy/new/admin/sections/filedepot/uploaded/file/PDF_FILES/EuropeanCharterForRegionalMinorities.pdf |editor=Ministerio do Interior de Chipre |título=European Charter for Regional or Minority Languages: Answers to the Comments/Questions Submitted to the Government of Cyprus Regarding its Initial Periodical Report |lingua=en |data-acceso=01 de agosto de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20101126204758/http://moi.gov.cy/new/admin/sections/filedepot/uploaded/file/PDF_FILES/EuropeanCharterForRegionalMinorities.pdf |dataarquivo=26 de novembro de 2010 |urlmorta=si }}</ref> Finalmente, hai unha salientable comunidade no norte de Israel, na rexión de [[Galilea]], de 7.504 persoas,<ref name="annuario"/> famosa polos seus intentos de conservación da [[lingua aramea]].


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 26 de maio de 2019 ás 09:23

Igrexa siríaca maronita de Antioquía
Igrexa católica maronita
Historia
Fundaciónséculo IV
Parte deIgrexa católica
Goberno
Tipo de gobernoEpiscopal
Patriarca de AntioquíaBixara Pedro al-Rai
EstruturaDividida en eparquías
AgrupaciónsCongregación para as Igrexas orientais
Clasificación
GrupoCatolicismo
OrientaciónCristianismo oriental
Demografía e cultura
Fieis3 300 000[1]
PaísesSiria, Líbano, Chipre, Estados Unidos, Israel, Australia, Brasil e outros
Linguas litúrxicasLingua siríaca
Outros datos
Sede centralBkirki, Líbano

A Igrexa siríaca maronita de Antioquía (en lingua siríaca: ܥܕܬܐ ܣܘܪܝܝܬܐ ܡܪܘܢܝܬܐ ܕܐܢܛܝܘܟܝܐ, ʿīṯo suryoiṯo morunoiṯo d'anṭiokia; árabe: الكنيسة الأنطاكية السريانية المارونية, al-Kanīsa al-Anṭākiyya al-Suryāniyya al-Māruniyya; latín: Ecclesia Maronitarum), máis coñecida simplemente como Igrexa católica maronita, é unha Igrexa particular católica, en comuñón coa Santa Sé de Roma. Ten a súa orixe na comunidade fundada por Marón, un monxe siríaco do século IV venerado como santo. O primeiro patriarca maronita, san Xoán Marón, foi elixido a finais do século VII.

Malia ser reducidos en número, os maronitas continúan a ser un dos principais grupos etnorrelixiosos do Líbano. A diferenza doutras Igrexas católicas orientais, dende a súa orixe os maronitas sempre teñen estado en comuñón coa Igrexa de Roma e co papa.

Historia

A Igrexa maronita toma o seu nome do seu fundador, san Marón († 410), un asceta siríaco amigo de Xoán Crisóstomo que a instituiu no século IV. Logo da súa morte os seus discípulos fundaron un mosteiro preto do seu túmulo, en Apamea, á beira do río Orontes. Dende os seus inicios, a comunidade maronita seguiu ao patriarca de Antioquía.

No século VII a comunidade maronita foi refundada e organizada por un monxe, o abade do mosteiro de Brad, en Siria. Xoán Marón foi o primeiro maronita en ter a dignidade episcopal; a súa ordenación tivo lugar en 676, e máis tarde (en 685) foi elixido patriarca de Antioquía. El foi o primeiro maronita en ter este encargo. Para escapar dunha persecución, decidiu deixar Siria e ir ao Líbano. Estabeleceuse en Bkirki, onde construíu un novo mosteiro no que depositou a máis valiosa reliquia para os maronitas: o cranio de San Marón. Dende aquela época, o mosteiro é a sé patriarcal.

A catedral maronita de Alepo.
Estatua do santuario de Nosa Señora do Líbano.

En 685 a Igrexa de Antioquía dividiuse entre os calcedonianos e os non calcedonianos, que se converteron na maioría. A comunidade maronita elixiu permanecer calcedoniana, e non se recoñeceu máis no patriarca Teófanes. Iniciou un período de autonomía, e os mosteiros tornáronse bispados.

Na época das cruzadas a Igrexa maronita retomou relacións coa Igrexa latina, da que nunca se separara formalmente. A unión foi selada algúns séculos máis tarde, en 1584, coa fundación, durante o pontificado de Gregorio XIII, do Colexio maronita de Roma.

Os maronitas foron protexidos por Francia, durante o dominio otomán de Oriente Medio.

Até o século XVIII a Igrexa maronita estaba só formalmente dividida en eparquías: en realidade, todos os bispos eran considerados como auxiliares do patriarca, o único e verdadeiro guía dos maronitas. En varias ocasións Propaganda Fide interveu para pedir a subdivisión canónica do patriarcado, pero os seus decretos non chegaron a ter efecto. O sínodo do Monte Líbano de 1736 instituiu canonicamente 8 eparquías, ademais da sé patriarcal, definindo para cada unha a súa xurisdición territorial: Alepo, Beirut, Biblos e Batrun, Chipre, Damasco, Baalbik, Trípoli e Tiro-Sidón. A Santa Sé aprobou as decisións do sínodo coa bula Apostólica praedecessorum do papa Bieito XIV do 14 de febreiro de 1742. Esta división permaneceu sen variacións até o inicio do século XX, cando foi creada a vigairía patriarcal de Exipto (1904), e foron separadas as de Tiro e Sidón (1906).

Cando o Líbano obtivo a independencia en 1943, os poderes do novo estado foron divididos entre as principais comunidades relixiosas. Os maronitas, que constituían a maioría da poboación, recibiron a Presidencia da República, cargo que continúan a manter hoxe.

Organización

A Peshitta é a Biblia siríaca estándar, empregada pola Igrexa Maronita e outras igrexas. A imaxe é o texto de Éxodo 13:14-16, do ano 464.

A cabeza da Igrexa maronita é o patriarca de Antioquía dos maronitas, quen é elixido polos bispos maronitas e reside en Bkirki, ao norte de Beirut. Dende marzo de 2011 o patriarca é o cardeal Bixara Pedro al-Rai. Cando un novo patriarca e elixido e entronizado, pide o recoñecemento eclesiástico do Papa, mantendo deste xeito a comuñón coa Santa Sé. Como un dos patriarcas orientais, o patriarca a miúdo é creado cardeal polo papa, co rango de cardeal-bispo.

Os maronitas comparten co resto de católicos a doutrina, mais teñen as súas propias tradicións en canto á liturxia, teoloxía e espiritualidade; amais de manter unha disciplina e xerarquía diferenciadas das do resto de Igrexas particulares. A Igrexa maronota pertence á tradición antioquense e é de rito siro-antioquense occidental. A lingua siríaca é a súa lingua litúrxica propia. Porén, considéranse unha das Igrexas católicas orientais máis fortemente latinizadas, aínda que hai esforzos na recuperación de prácticas orientais.

O cardeal Sufair acelerou persoanlmente as reformas litúrxicas nos oitenta e noventa, que levaron á publicación en 1992 do novo misal maronita. O misal é unha viraxe ás formas orixinais da liturxia antioquense, eliminando a latinización litúrxica dos séculos pasados.

O celibato non está estritamente requirido para os sacerdotes e diáconos, podendo casar antes de seren ordenados; os monxes, porén, deben ser célibes, así como os bispos. Os eparcas e arquieparcas responden ante o patriarca.

Poboación

Artigo principal: Maronitas.

O número exacto de maronitas no mundo non se coñece con certeza. Estímanse máis de 3 millóns, segundo a Asociación Católica para o Benestar no Oriente Próximo.

Segundo un informe de 2007, hai arredor de are 930.000 maronitas no Líbano, onde constitúen aproximadamente o 22% da poboación.[2] En Siria son un total de 51.000.[3] Existe tamén unha comunidade maronita en Chipre, de arredor de 10.000 fieis,[3] e que fala o seu propio dialecto árabe.[4][5] Finalmente, hai unha salientable comunidade no norte de Israel, na rexión de Galilea, de 7.504 persoas,[3] famosa polos seus intentos de conservación da lingua aramea.

Notas

  1. The Eastern Catholic Churches 2010, Ronald Roberson (fonte: Annuario Pontificio), 22 de agosto de 2010, Catholic Near East Welfare Association. (en inglés)
  2. U.S. Department of State, ed. (2008). "Lebanon - International Religious Freedom Report". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 01 de agosto de 2014. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Datos do Annuario Pontificio: The Eastern Catholic Churches" (PDF). 2008. 
  4. Maria Tsiapera (1969). Mouton and Company, ed. A Descriptive Analysis of Cypriot Maronite Arabic. A Haia. 
  5. Ministerio do Interior de Chipre (ed.). "European Charter for Regional or Minority Languages: Answers to the Comments/Questions Submitted to the Government of Cyprus Regarding its Initial Periodical Report" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de novembro de 2010. Consultado o 01 de agosto de 2014. 

Véxase tamén

Ligazóns externas