Fervenza do Ézaro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Retiro o aviso de formato de referencias incorrecto
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 26: Liña 26:
== Etnoloxía ==
== Etnoloxía ==
[[Ficheiro:Carnota - Monte Pindo (A Coruña, Galicia, España) 02 - Cascada del Ézaro.JPG|miniatura|Fervenza do Ézaro.]]
[[Ficheiro:Carnota - Monte Pindo (A Coruña, Galicia, España) 02 - Cascada del Ézaro.JPG|miniatura|Fervenza do Ézaro.]]
Aínda que en [[Escocia]] e nos [[fiorde]]s nórdicos existen regueiros que desembocan no mar, é o [[Río Xallas|Xallas]] o único río de envergadura en Europa que desemboca deste xeito no océano. Por isto, a fervenza do río Ézaro vese chea de lendarias historias: desamores de princesas, poderes sobrenaturais, encantamentos, ritos etc. Dise que tras das súas augas existe unha porta máxica gardada por [[bruxa]]s que levará embaixo do río ao mozo que se atreva a pasar, podendo daquela casar cunha bela princesa encantada e posuír unha enorme fortuna.{{Cómpre referencia}}
Aínda que en [[Escocia]] e nos [[fiorde]]s nórdicos existen regueiros que desembocan no mar, é o [[Río Xallas|Xallas]] o único río de envergadura en Europa que desemboca deste xeito no océano. Por isto{{cómpre cita}}{{clarificar||non lle vexo a relación}}, a fervenza do río Ézaro vese chea de lendarias historias: desamores de princesas, poderes sobrenaturais, encantamentos, ritos etc. Dise que tras das súas augas existe unha porta máxica gardada por [[bruxa]]s que levará embaixo do río ao mozo que se atreva a pasar, podendo daquela casar cunha bela princesa encantada e posuír unha enorme fortuna.{{Cómpre referencia}}


== Turismo ==
== Turismo ==

Revisión como estaba o 24 de maio de 2019 ás 10:36

Coordenadas: 42°54′46″N 09°06′59″O / 42.91278, -9.11639

Fervenza do Xallas.
Fervenza do río Xallas en Ézaro.

O Cadoiro ou fervenza do Ézaro é unha fervenza que forma o río Xallas na súa desembocadura ao mar na enseada do Ézaro en Santa Uxía do Ézaro, unha parroquia do concello de Dumbría. É a única fervenza en Europa que desemboca directamente no océano. Dende 2012 a fervenza pode verse todos os días do ano.

Características

No último treito do río Xallas o desnivel é de 155 metros, e a auga precipítase a 40 metros de altura monte abaixo até se esmagar con virulencia contra as paredes pétreas do canón que a propia auga arou ao cabo de millóns de anos a través do monte Pindo (de 630 m de altitude) despois de ducias de metros de caída libre no punto coñecido coma Cadoiro do Xallas ou do Pindo (unha poza de máis de 20 m de fondo), pronunciado na voz popular como Coaduiro desde os tempos de frei Martín Sarmiento, malia que en tempos máis recentes fose rebautizada coma Fervenza do Ézaro. Estudosos de todo o mundo percorrían milleiros de quilómetros na procura deste espectáculo único da natureza.

Textos de 1724 falan xa da fervenza, describíndoa coma unha enorme fumeira que podía ser ollada dende varios quilómetros mar a dentro[1].

Paisaxe e ecoloxía

Panorámica da fervenza.

A zona ten unha paisaxe impoñente de gran valor ecolóxico. A fervenza está rodeada de espectaculares microformas graníticas que forma o monte Pindo, coma a Pedra do Brazal, un milagre de equilibrio natural. A existencia de paraxes cun gran valor ecolóxico coma a área de Vilafernández, salientan pola súa flora e fauna autóctona. Nos arredores da fervenza atopamos especies botánicas únicas en Galicia coma o carballo anano (Quercus lusitanica), unha herba hidrófila chamada Isoetes longissimum que ocupa os ríos con augas ben osixenadas, ou a escasa herba carnívora Drosera anglica. Polo xeral a vexetación é típica de matogueira con toxos, uces e queiroas, e con piñeiros e carballos principalmente coma estrato arbóreo. Respecto da fauna atopamos unha pequena variedade de mamíferos coma lebres, coellos, xabarís, mais hai que destacar a presenza da lontra ou o lobo, de interese non só natural, senón tamén cultural. No encoro da Fervenza áchanse poboacións de aves de zonas húmidas coma rapaces, parrulos, garzas. Son tamén frecuentes aves coma os mouchos e as curuxas. Dos anfibios abondan unha gran variedade específica de ras especialmente no encoro de Ponte Olveira. No río atopamos sobre todo troitas e escalos.

O arredores da fervenza, o monte Pindo, e en xeral, a paisaxe de Dumbría, incluíuse coma zona especial de conservación (ZEC Carnota-Monte Pindo), integrada na Rede Natura 2000. Porén, hai asociacións apoiando que se declare ao monte Pindo parque natural, un rango de protección maior. En setembro de 2013 declarouse un incendio forestal de nivel 1 que calcinou unhas 1 000 hectáreas[2].

Aproveitamento da fervenza

Fervenza do Xallas.

O caudal do Xallas mantense constante por causa dos numerosos encoros que nel se teñen construído. En 1897, a Sociedade Española de Carburos Metálicos, hoxe parte do grupo FerroAtlántica, asentouse na zona e daquela datan as primeiras construcións para obter enerxía. O encoro máis importante é o de Fervenza, construído na década dos anos 60 do século XX. En Ponte Olveira hai outra central. Máis abaixo, da presa de Brazal parten as canalizacións cara Ézaro; máis abaixo, atópase o encoro de Santa Uxía, construído na década dos anos 80. Na súa desembocadura están situadas tres centrais hidroeléctricas: Castrelo, Santa Uxía e Pindo, esta última de principios do século XX.

Até 2012 as augas céibanse soamente os domingos do verán ao mediodía. Desde 2006, ampliouse o horario aos sábados á noite, cun espectáculo de luces. Dende 2012 a fervenza pode verse todos os días.[3]

Etnoloxía

Fervenza do Ézaro.

Aínda que en Escocia e nos fiordes nórdicos existen regueiros que desembocan no mar, é o Xallas o único río de envergadura en Europa que desemboca deste xeito no océano. Por istoModelo:Cómpre cita[Cómpre clarificar], a fervenza do río Ézaro vese chea de lendarias historias: desamores de princesas, poderes sobrenaturais, encantamentos, ritos etc. Dise que tras das súas augas existe unha porta máxica gardada por bruxas que levará embaixo do río ao mozo que se atreva a pasar, podendo daquela casar cunha bela princesa encantada e posuír unha enorme fortuna.[Cómpre referencia]

Turismo

Desde o 12 de abril de 2012 a fervenza pode verse todos os días, sen necesidade de consultar un calendario de aperturas. Ademais das rutas de sendeirismo, o piragüismo, a pesca e outros deportes acuáticos son actividades fortes en Dumbría, son os deportes acuáticos.

Enchentes de 2013

En xaneiro de 2013, a causa das abundantes precipitacións e escorrentas, a fervenza recuperou un caudal que non tiña había decenios, pois obrigou á central hidroeléctrica que zuga os seus quilovatios a ceibar as augas do río Xallas ante a ameaza de que a enchente estragase as instalacións da antiga hidroeléctrica do Pindo, hoxe Ferroatlántica.[4]

Notas

  1. "Como era o Monte Pindo en 1724?". Consultado o 2019-02-02. 
  2. "Un incendio arrasa el monte Pindo y provoca un caos en los servicios básicos". La Voz de Galicia (en castelán). 2013-09-13. Consultado o 2019-02-02. 
  3. "O Ézaro recupera la cascada del Xallas". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-04-14. Consultado o 2019-02-02. 
  4. "Asociación Monte Pindo Parque Natural". Consultado o 2019-02-02. 

Véxase tamén

Ligazóns externas