Raposo do mar: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m arraanxos lig. morta
Etiqueta: edición de código 2017
Maria zaos (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 140: Liña 140:
* [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?lin=s&p=has_linkout&id=57979 ''Alopias pelagicus''] en CCBI. {{en}} Consultada o 9/12/2012.
* [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?lin=s&p=has_linkout&id=57979 ''Alopias pelagicus''] en CCBI. {{en}} Consultada o 9/12/2012.
* [http://www.fishbase.org/summary/Alopias-superciliosus.html ''Alopias superciliosus''] en FishBase.{{en}} Consultada o 9/12/2012.
* [http://www.fishbase.org/summary/Alopias-superciliosus.html ''Alopias superciliosus''] en FishBase.{{en}} Consultada o 9/12/2012.
* [http://www.cbif.gc.ca/pls/itisca/next?v_tsn=159921&p_ifx=&p_lang=es ''Alopias superciliosus'']{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} en SIIT. {{es}} Consultada o 9/12/2012.
* [https://www.itis.gov/servlet/SingleRpt/SingleRpt?search_topic=TSN&search_value=159921#null ''Alopias superciliosus''] en SIIT. {{en}} Consultada o 23/05/2019.
* [http://www.shark.ch/Database/Search/species.html?sh_id=1116 ''Alopias superciliosus''] en Shark database. {{en}} Consultada o 9/12/2012.
* [http://www.shark.ch/Database/Search/species.html?sh_id=1116 ''Alopias superciliosus''] en Shark database. {{en}} Consultada o 9/12/2012.
* [http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=105835 ''Alopias superciliosus''] en World Register of Matine Species. {{en}} Consultada o 9/12/2012.
* [http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=105835 ''Alopias superciliosus''] en World Register of Matine Species. {{en}} Consultada o 9/12/2012.

Revisión como estaba o 23 de maio de 2019 ás 21:27

Raposo do mar
(Alopias vulpinus)

Rango fósil: eoceno - actualidade [1]
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Superorde: Selachimorpha
Orde: Lamniformes
Familia: Alopiidae
Bonaparte, 1838
Xénero: Alopias
Rafinesque, 1810
Especie: A. vulpinus
Nome binomial
Alopias vulpinus
(Bonnaterre, 1788)
Distribución confirmada (azul escuro) e sospeitada (azul claro) do raposo do mar
Distribución confirmada (azul escuro)
e sospeitada (azul claro) do raposo do mar

Distribución confirmada (azul escuro)
e sospeitada (azul claro) do raposo do mar
Sinonimia
  • Alopecias barrae Perez Canto, 1886
  • Alopecias chilensis Philippi, 1902
  • Alopecias longimana Philippi, 1902
  • Alopias caudatus Phillipps, 1932
  • Alopias greyi Whitley, 1937
  • Alopias macrourus Rafinesque, 1810
  • Galeus vulpecula Rafinesque, 1810
  • Squalus alopecias Gronow, 1854
  • Squalus vulpes Gmelin, 1789
  • Squalus vulpinus Bonnaterre, 1788
  • Vulpecula marina Garman, 1913

Raposo do mar,[2][3][4] raposo de mar,[5] peixe raposo,[2] tiburón raposo [6] ou simplemente raposo,[2][6] camarín [2][4] ou golpe [4] son, entre outros, os nomes cos que se coñece en galego a especie Alopias vulpinus, peixe cartilaxinoso elasmobranquio da orde dos lamniformes (Lamniformes), familia dos alopíidos —tamén grafada alópidos— (Alopiidae) integrante do xénero Alopias, único co que conta dita familia,[7] especie caracterizada pola súa extraordinaria cola, que mide case tanto como o resto do corpo.

Etimoloxía

O nome do xénero, Alopias, deriva go grego ἀλώπηξ alópex, "raposo".[8] O específo, vulpinus ("raposuno", "arraposado") do latín vulpēs, -is, "raposo".

Clasificación

Taxonomía

Familia Alopiidae Bonaparte, 1838

  • Xénero Alopias Rafinesque, 1810
    • Alopias pelagicus H. Nakamura, 1935
    • Alopias superciliosus R. T. Lowe, 1841
    • Alopias vulpinus (Bonnaterre, 1788)

Filoxenia

Cladograma da filoxenia da familia Alopiidae [9][10]

Megachasmidae

<font color="white">voidAlopiidae<font color="white">void

A. vulpinus

Alopias sp non descritas

A. superciliosus

A. pelagicus

Cetorhinidae

Lamnidae

Características do raposo de mar

Peixe raposo.
O enorme lóbulo superior da aleta caudal do peixe raposo.
Alopias pelagicus.
Distribución de Alopias pelagicus.
Alopias superciliosus.
Alopias superciliosus.
Distribución de Alopias superciliosus.

As principais características do raposo do mar son:[3][4]

  • A principal característica, que fai a esta especie inconfundíbel, é a lonxitude extraordinaria do lobo superior da súa aleta cuadal, algo recurvado cara a abaixo e rematado en punta, que é case igual á do resto do corpo; pola contra, o lobo inferior é moi pequeno.
  • O corpo é máis ou menos cilíndrico, forte, e co pedúnculo caudal moi delgado e sen quillas laterais, aínda que con fendeduras precuadais. Estes animais poden medir (as femias) até 5 m ou máis (a lonxitude máxima rexistrada foi de 5,49 m), estando os machos adultos comunmente entre os 3,19 e os 4,20 m, e as femias entre os 3,76 e os 5,49.
  • A cabeza é pequena, co fociño curto e arredondado no seu extremo, con ollos relativamente grandes e sen estrías sobre as fendeduras branquiais, aínda que con engurras labiais. Ten 5 fendeduras branquiais, a terceira das cales está xusto enriba da orixe das aletas pectorais.
  • A boca, ventral, é relativamente pequena, armada de dentes pequenos, case triangulares e cos bordos rugosos, dispostos en 29 fileiras en cada maxilar.
  • Presenta dúas aletas dorsais, a primeira na metade do lombo, e a segunda, moi pequena, situada no comezo do pedúnculo caudal, á altura da aleta anal, tamén pequena. As aletas pectorais son longas, relativamente anchas e rematadas en punta.
  • A coloración do dorso é cincenta azulada, contrastando coa branca brillante da rexión ventral.

Historia natural do raposo de mar

  • É unha especie costeira que vive nas plataformas continentais e insulares, e epipeláxico cando vive en mar aberto, a longa distancia da costa (o que adoitan faceren os individuos adultos); a profundidade máxima alcanzada rexistrada é de 366 m.[4]
  • Nadador moi activo, o raposo do mar aliméntase, en solitario ou en pequenos grupos (moitas veces en parellas) de peixes, perseguindo pequenos cardumes dos que separa algúns individuos rodeándoos coa súa cola, que actúa a xeito de látego. Consome sobre todo clupeidos ( sardiñas, arenques), xardas e lanzóns, pero tamén luras, polbos e crustáceos peláxicos.[3][4]
  • É ovovivíparo, con camadas de 2 a 4 crías, que miden ao nacer entre 114 e 150 cm, presentando quizais canibalismo intrauterino, como outros lamniformes.[4]

Estado de conservación do raposo de mar

Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza, a situación do raposo do mar na actualidade cualifícase, na súa "lista vermella", como VU (especie vulnerábel).[11][12]

En Galicia

Frecuente nas augas galegas, pódese ver o raposo de mar nas lonxas da Coruña e Vigo, ás que chega xa sen a cola, que os mariñeiros cortan ao subilos a bordo [Cómpre referencia]. Péscase con palangre.[3][13]

As outras especies da familia

  • Alopias pelagicus, que poderiamos denominar raposo do mar peláxico de acordo co seu nome científico,[14] vive nos océanos Índico e Pacífico a profundidades entre os 0 e os 500 m, e é o máis pequeno dos membros da familia, xa que ten unha lonxitude media de 3 m (aínda que pode chegar aos 4 m). Ten o dorso azul, e a súa coloración vai pasando progresivamente á gris, e despois á branca no ventre. Como todos os raposos do mar ten unha cola moi longa (ás veces tan longa como o resto do corpo), fociño curto e grandes ollos, aínda que máis pequenos que os de Alopias superciliosus, distinguíndose de Alopias vulpinus polas súas aletas pectorias menos afiadas.
    A súa poboación exacta e a súa distribución son mal coñecidas debido a que se confunde coa das outras dúas especies da familia; porén, a forte explotación das tres especies (especialmente pola pesca deportiva), o raposo do Pacífico estivo clasificado como vulnerábel, aínda que na actualidade non figura na lista de especies protexidas.
  • Alopias superciliaris vive en océanos e mares a latitudes comprendidas entre os 46 °N e os 40 °S, no Atlántico, Mediterráneo, Pacífico e Índico, a profundidades de entre 0 e polo menos os 500 m. A súa lonxitude máxima é de case 5 m (máxima rexistrada, 4,88 m; máis tipicamente, de 1,5 a 3,5 m). Distínguese das outras especies de alopíidos polos seus grandes ollos, o que xustificaría o nome vulgar de raposo do mar de ollos grandes, como os que se lle dan en inglés e francés, bigeye threser e requin-renard à gros yeux ou renard de mer à gros yeux, respectivamente).[15] Outra característica é que adultos e embrións presentan un suco horizontal prominente, estendido cara a atrás desde as aberturas branquiais, e por non presentaren suco labial. A súa coloración é parda agrisada escura na parte dorsal do corpo e branca crema na ventral.

Notas

  1. Bourdon, J. (2009): Fossil Genera: Alopias en ITIS (Integrated Taxonomic Information System). The Life and Times of Long Dead Sharks. Consultada o 9/12/2012.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Ríos Panisse, Mª C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. Verba. Anejo 7. ISBN 84-7191-008-X, pp. 167-168 (citado como Alopias vulpes).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Rodríguez Solórzano et al. (1983), p. 36
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Rodríguez Villanueva et al. (1992), pp. 52-53.
  5. Dicionario da RAG.
  6. 6,0 6,1 Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 184.
  7. Ranier Froese e Daniel Pauly, (eds.) (2010): Alopias vulpinus en FishBase, verisón 7 de xaneiro de 2010. (en inglés) Consultada o 8/12(2012.
  8. Alopias en myEtymology.
  9. Eitner, B. (1995): "Systematics of the Genus Alopias (Lamniformes: Alopiidae) with Evidence for the Existence of an Unrecognized Species" Copeia, 1995 (3): 562–571. American Society of Ichthyologists and Herpetologists. Resumo
  10. Sims, D. W. (2008): Advances in Marine Biology, Volume 54. Academic Press. ISBN 0-12-374351-6, p. 175.
  11. Goldman, K. J.; Baum, J.; Cailliet, G. M.; Cortés, E.; Kohin, S.; Macías, D.; Megalofonou, P.; Pérez, M.; Soldo, A. & Trejo, T. (2007): Alopias vulpinus na Lista Vermella da IUCN, edición 2010.2
  12. Un SOS mundial por los tiburones Arquivado 12/03/2016, en Wayback Machine. Diario La Voz de Galicia, 8/1/2011. Consultada o 8/12/2012.
  13. Pontedeume, con 'p' de paladar Diario La Voz de Galicia, 6/3/2008. Consultada o 8/12/2012.
  14. Lahuerta e Vázquez adxudícanlle o nome de tiburón raposo do Índico
  15. Lahuerta e Vázquez, Op. cit., danlle o nome principal de tiburón raposo ollón e, como sinónimo, raposo ollón.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
  • Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.

Outros artigos

Ligazóns externas

Para o raposo do mar común

Para as outras dúas especies