Erignathus barbatus: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23: Liña 23:
}}
}}


'''''Erignathus barbatus''''', a foca barbuda, é unha especie de [[pinnípede]] de mediano tamaño, que vive no [[Océano Glacial Ártico]] e as súas proximidades.<ref name=":4">{{Cite book|url=https://books.google.com/?id=2rkHQpToi9sC&pg=PP1&dq=bearded+seal+encyclopedia+of+marine+mammals#v=onepage&q=bearded%20seal&f=false|title=Encyclopedia of Marine Mammals|last=Perrin|first=William F.|last2=Würsig|first2=Bernd|last3=Thewissen|first3=J. G. M.|date=2009-02-26|publisher=Academic Press|isbn=9780080919935|language=en}}</ref> O seu nome xenérico procedente do grego significa mandíbula pesada, e o seu nome específico refírese á súa peculiar característica de ter uns bigotes moi grandes e abondosos, aos que se debe o nome de foca barbuda ou equivalente que ten en varios idiomas.<ref name=":4" />
'''''Erignathus barbatus''''', a foca barbuda, é unha especie de [[pinnípede]] de mediano tamaño, que vive no [[Océano Glacial Ártico]] e as súas proximidades.<ref name=":4">{{Cite book|url=https://books.google.com/?id=2rkHQpToi9sC&pg=PP1&dq=bearded+seal+encyclopedia+of+marine+mammals#v=onepage&q=bearded%20seal&f=false|title=Encyclopedia of Marine Mammals|last=Perrin|first=William F.|last2=Würsig|first2=Bernd|last3=Thewissen|first3=J. G. M.|date=2009-02-26|publisher=Academic Press|isbn=9780080919935|language=en}}</ref> O seu nome xenérico, procedente do grego, significa mandíbula pesada, e o seu nome específico refírese á súa peculiar característica de ter uns bigotes moi grandes e abondosos, aos que se debe tamén o nome de foca barbuda ou equivalente que ten en varios idiomas.<ref name=":4" />


Son os fócidos de maior tamaño do Ártico. Poden pesar ata 300&nbsp;kg e as femias son as máis grandes, aínda que o [[dimorfismo sexual]] non é moi acusado.<ref name=":4" />
Son os fócidos de maior tamaño do Ártico. Poden pesar ata 300&nbsp;kg e as femias son as máis grandes, aínda que o [[dimorfismo sexual]] non é moi acusado.<ref name=":4" />

Revisión como estaba o 21 de maio de 2019 ás 14:59

Erignathus barbatus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Pinnipedia (clado)
Familia: Phocidae
Xénero: Erignathus
Gill, 1866
Especie: Erignathus barbatus
Erxleben, 1777
Distribución de E. barbatus
Distribución de E. barbatus

Distribución de E. barbatus

Erignathus barbatus, a foca barbuda, é unha especie de pinnípede de mediano tamaño, que vive no Océano Glacial Ártico e as súas proximidades.[2] O seu nome xenérico, procedente do grego, significa mandíbula pesada, e o seu nome específico refírese á súa peculiar característica de ter uns bigotes moi grandes e abondosos, aos que se debe tamén o nome de foca barbuda ou equivalente que ten en varios idiomas.[2]

Son os fócidos de maior tamaño do Ártico. Poden pesar ata 300 kg e as femias son as máis grandes, aínda que o dimorfismo sexual non é moi acusado.[2]

A especie é o único membro do xénero Erignathus, con características intermedias entre as típicas das das dúas subfamilias en que se divide a familia dos fócidos: Phocinae e Monachinae.[2]

Certos fósiles descritos en 2002 indican que, durante o Plistoceno, a especie chegaba moito máis ao sur, ata as costas de Carolina do Sur.[3]

Descrición

As características distintivas desta foca son as aletas anteriores cadradas e os seus grosos e abondosos bigotes do seu fociño. O adultos son de cor marrón agrisado, máis escuro no dorso e con algunhas manchas difuminadas no dorso ou manchas escuras nos laterais do corpo. Ocasionalmente a cara e pescozo son de cor marrón avermellado. As crías nacen con pelaxe marrón agrisada con manchas espelladas de cor branca no dorso e na cabeza. A especie é única dentro da subfamilia Phocinae porque ten dous pares de mamilas, unha característica que comparte coas focas monxe.

Chegan a medir entre 2,1 e 2,7 m do fociño á cola e a pesar de 200 a 430 kg.[4] A femia é meirande, o que significa que hai un dimorfismo sexual, pero non moi acusado.

As E. barbatus, xunto coas Pusa hispida, son a principal fonte de alimento do oso polar.[5] Son tamén un importante alimento para o pobo inuit (esquimós), que denominan esta foca no seu idioma ugjuk[6][7] (plural: ugjuit) ou oogrook ou oogruk. Aínda que os inuit prefiren a Pusa hispida como alimento, a pel da E. barbatus úsase para facer zapatos, botes (umiak), tendas (tupiq), látegos e arneses, xa que é moi resistente.[8]

o contido en graxa corporal da foca barbuda é do 25 a 40%.[9]

Distribución

Viven nas rexións marítimas árticas e subárticas. Na rexión do Pacífico, esténdense desde o mar de Chukchi no Ártico, cara ao sur no mar de Bering[10] onde se atopan desde a baía Bristol na costa de Alasca ata o mar de Okhotsk na costa rusa,[11] e seguen ata preto da costa norte do Xapón, pero sen incluíla.[11] No Océano Glacial Ártico, atópanse ao longo da costa norte de Rusia, Noruega, Canadá e Alasca,[11] incluíndo as illas Svalbard[12] e o arquipélago ártico candense.[13] No Atlántico, atópanse ns costas do norte de Islandia, as costas do leste e oeste de Groenlandia e nas costas continentais de Canadá ata o Labrador como límite sur.[14]

Aínda que a súa área de distribución só se estende cara ao sur ás zonas subárticas, foron vistas no Xapón e a China, ou mesmo tan ao sur como nas costas de Alemaña, Países Baixos, Reino Unido, Francia, España (Galicia incluída) e Portugal, polo que figura na Lista dos mamíferos de Galicia.[11]

Alimentación

Teñen unha alimentación principalmente bentónica, e comen diversas pequenas presas que encontran no fondo do océano, como ameixas, luras e peixes. Os seus bigores sérvenlles para tentear o terreo[15] nos brandos sedimentos do fondo. Os adultos non adoitan mergullarse moito durante os meses de verán, preferindo zonas costeiras pouco profundas de non máis de 300 m de profundidade. As crías dun ano de idade aventúranse a moita maior profundidade, mergullándose ata os 450 m. Nun estudo realizado durante os meses de verán comprobouse que se alimentaban de invertebrados como anemones, cogombro de mar e vermes poliquetos.[13] O mesmo estudo encontrou que os peixes Cottoidea e o Arctogadus glacialis constituían a maior parte d súa dieta de verán. Os cotoideos eran os peixes máis grandes que comían. Poden comer peixes peláxicos e demersais ademais das súas presas bentónicas.[16]

Reprodución e forma de vida

Cría de foca barbuda

As focas barbudas dan a luz na primavera. No Ártico canadense, as crías nacen en maio.[8] En Svalbard, chegan á madureza sexual aos 5 ou 6 anos de idade.[17] Paren as crías en pequenos xeos flotantes en augas pouco profundas, as cales adoitan pesar de 30 a 40 kg. Entran na auga só unhas horas despois de que nacen e rapidamente se converten en hábiles mergulladores. As nais coidan as crías durante de 18 a 24 días, durante os cales estas aumentan uns 3,3 kg de media por día. Durante este tempo, as cías toman unha media de 8 L de leite diarios. No momentodo destete pesan the uns 100 kg.

Xusto antes de que as crías sexan destetadas, comeza nas femias un novo ciclo de apareamento. As femias ovulan ao final do seu período de lactación, peropermanecen preto das crías, preparadas para defendelas se for necesario. Durante a estación de apareamento, os machos "cantan", emitindo unha nota trilante moi longa que acaba nunha especie de queixume ou salaio. Este son pode atraer as femias ou pode utilizarse para proclamar o territorio ou a dispoñibilidade para aparearse. Os machos ocupan as mesmas áreas dun ano para outro.[18]

Como moitos mamíferos do Ártico, empregan unha estratexia reprodutora denominada implantación retardada, que consiste en que o blastocisto tarda dous meses en implantarse despois da fecundación, implantándose xeralmente en xullo. Así, o período de xestación total da foca é duns once meses, aínda que a súa xestación activa é de nove meses.[19]

Os predadores naturais desta foca son os osos polares, para os cales estas focas son unha importante fonte de alimento.[20] As candorcas tamén as depredan, ás veces envorcando os xeos flotantes para acceder a elas. As morsas tmén comen estas focas, esencialmente as crías, pero esta depredación é rara.[21]

As focas barbudas crese que viven ata os 31 anos.[22]

Vocalización

Mostra das vocalizacións da foca barbuda gravadas cun hidrófono.

As voalizacións desta especie son moi peculiares, posiblemente porque a súa traquea é diferente da doutros fócidos do norte do Pacífico. A maioría dos seus aneis cartilaxinosos da traquea son incompletos e só unha membrana une os seus dous extremos.[23] Os seus sons consisten xeralmente un longo trilo oscilante que dura un minuto ou máis seguido dun curto e profundo xemido. Esta 'canción' adoita repetirse frecuentemente.[23] O número de tipos de chamadas dunha poboación pode variar xeograficamente, e distínguense catro tipos en Svalbard e once no Ártico do Canadá Occidental. Os sons máis frecuentes son trilos vibrantes, xemidos e varridos. Un destes varridos pode ser comparado a un trilo vibrante curto.[24]

Emiten distintos trilos desde finais de marzo a finais de xuño, cun declive na ritmicidade a finais de maio e xuño. Este momento coincide coa súa estación de reprodución e crianza, ue é de abril a maio. A natureza repetitiva e transmisible dos trilos da foca barbuda fixo pensar que son utilizados para a comunicación, probablemente durante o cortexo e reprodución.[25] Os machos usan estes sons para establecer territorios de apareamento e comunicar o seu bo estado físico,[24] pero é probable que as femias produzan estes sons tamén.[25]

Baixo a auga tamén emiten trilos vibrantes que se oen a distancias deuns 30 km, e algúns tipos de sons viaxan máis lonxe que outros. Isto fai posible que un animal se comunique con outros animais que está lonxe, aínda que se produce unha degradación acústica a medida que o son atravesa o medio. Unha foca debe producir un trilo cunha presión de son de polo menos 100 dB a 1 m para que o son se propague 30 km, o que significa que as focas barbudas poden probablemente producir sons a ese nivel.[25]

Foca barbuda sobre o xeo en Svalbard

Status de conservación

A IUCN clasifica esta especie como en situación "pouco preocupante".[26] Esta clasificación está determinada por varios factores como a súa ampla distribución, tamaño de poboación estable, e recursos de posibles presas alternativos. A NOAA determinou que os factores que inflúen en calquera posible cambio no status de conservación da foca barbuda poden ser: perda de xeo mariño por mor do cambio climático, pesca accidental (bycatch) en aparellos de pesca comerciais e a caza.[27] Os seus principais depredadores son os osos polares.[28] Debido ao cambio climático, os factores como a perda de xeo mariño ou a diminución das poboacións de presas poden producir resultados negativos sobre as poboacións da foca barbuda no futuro. Por tanto, a monitorización da especie e as influencias das actividades humanas serán vitais para asegurar a estabilidade da especie.

Subespecies

Recoñécense dúas subespecies:[29]

  • Erignathus barbatus barbatus
  • Erignathus barbatus nautica

Aínda que a validez destas subespecies foi cuestionada e non está apoiada por datos moleculares,[3] a análise das chamadas dos animais indica unha diferenciación entre distintas poboacións.[30]

Historia evolutiva

Atopáronse fósiles de foca barbuda en estratos do Plistoceno temperán ou medio. Estes fósiles iniciais apareceron en rexións como Inglaterra, Alasca e Suecia, así como no mar do Norte e o mar de Champlain.[31]

As focas barbudas pertencen á familia dos fócidos, que é unha das tres familias do clado dos pinnípedes, xunto cos otáridos e os odobénidos. Os pinnípedos crese que se orixinaron hai de 27 a 25 millóns de anos durante o Oligoceno tardío. Unha hipótese da evolución dos pinnípedes é que son un grup difilético e os otáridos e odobénidos están máis estreitamente relacionados cos osos, mentres que os fócidos están máis relacionados con mustélidos como as denosiñas. Outra hipótese suxire que os pinípedes son un grupo monofilético que descende dun único antepasado, o cal está máis apoiado por análises filoxenéticas que a hipótese difilética. Un dos estudos indica que os fócidos son un taxon irmán do antepasado común de otáridos e odobénidos.[31]

As focas barbudas pertencen á subfamilia Phocinae. Pénsase que esta subfamilia evolucionou despois da subfamilia Monachinae. Filoxenias alternativas mostran que a foca barbuda está máis relacionada coa Histriophoca fasciata ou a Cystophora cristata, aínda que as probas moleculares suxiren que as Cystophora cristata son os seus parentes máis próximos.[31]

Notas

  1. {{{assessors}}} (2008). "Erignathus barbatus". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 28 January 2009. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Perrin, William F.; Würsig, Bernd; Thewissen, J. G. M. (2009-02-26). Encyclopedia of Marine Mammals (en inglés). Academic Press. ISBN 9780080919935. 
  3. 3,0 3,1 Berta, A. & Churchill, M. (2012). "Pinniped Taxonomy: evidence for species and subspecies". Mammal Review 42 (3): 207–234. doi:10.1111/j.1365-2907.2011.00193.x. 
  4. Erignathus barbatus. The Animal Diversity Web
  5. "Arctic Bears". PBS Nature. 17 February 2008. 
  6. Ohokak, G.; M. Kadlun; B. Harnum. Inuinnaqtun-English Dictionary (PDF). Kitikmeot Heritage Society. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2012-09-04. Consultado o 2013-03-20. 
  7. "Bearded seal". Asuilaak Living Dictionary. Consultado o 2013-03-20. [Ligazón morta]
  8. 8,0 8,1 Ugjuk — Bearded Seal
  9. Ryg, Morten; Lydersen, Christian; Markussen, Nina H.; Smith, Thomas G.; Øritsland, Nils Are (18 January 1990). "Estimating the Blubber Content of Phocid Seals". Canadian Journal of Fisheries and Aquatic Sciences 47 (6): 1223–1227. ISSN 0706-652X. doi:10.1139/f90-142. 
  10. Lowry, Lloyd F.; Frost, Kathryn J.; Burns, John J. (1980). "Variability in the Diet of Ringed Seals, Phoca hispida, in Alaska". Canadian Journal of Fisheries and Aquatic Sciences 37 (12): 2254–2261. ISSN 0706-652X. doi:10.1139/f80-270. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 "Erignathus barbatus: Kovacs, K.M.". 2016-02-17. doi:10.2305/iucn.uk.2016-1.rlts.t8010a45225428.en. 
  12. Hjelset, A. M.; Andersen, M.; Gjertz, I.; Lydersen, C.; Gulliksen, B. (1999-02-23). "Feeding habits of bearded seals ( Erignathus barbatus ) from the Svalbard area, Norway". Polar Biology (en inglés) 21 (3): 186–193. ISSN 0722-4060. doi:10.1007/s003000050351. 
  13. 13,0 13,1 Finley, K.J.; Evans, C.R. (1983-01-01). "Summer Diet of the Bearded Seal (Erignathus barbatus) in the Canadian High Arctic". ARCTIC (en inglés) 36 (1). ISSN 1923-1245. doi:10.14430/arctic2246. 
  14. "Bearded Seal - NAMMCO". NAMMCO (en inglés). 2017-01-16. Consultado o 2018-06-07. 
  15. Saundry, Peter. 2010. Bearded seal Arquivado July 4, 2010, en Wayback Machine.. Encyclopedia of Earth. Topic editor C. Michael Hogan, Ed.in Chief: Cutler Cleveland, NCSE, Washington DC
  16. Finley, K. J.; Evans, C. R. (1983-01-01). "Summer Diet of the Bearded Seal ( Erignathus barbatus ) in the Canadian High Arctic". ARCTIC (en inglés) 36 (1): 82–89. ISSN 1923-1245. doi:10.14430/arctic2246. 
  17. Andersen, Magnus, et al. "Growth, age at sexual maturity and condition in bearded seals (Erignathus barbatus) from Svalbard, Norway." Polar Biology 21.3 (1999): 179-185.
  18. Nuttal; et al. (2005). Encyclopedia of the Arctic. New York, NY: Routlelege. 
  19. Perry, Judith E. (1983). Seals of the World. Ithaca, NY: Comstock Publishing Associates. p. 103. 
  20. "Erignathus barbatus – bearded seal". Animal Diversity Web. 
  21. Folkens, Peter (2002). National Audubon Society Guide to Marine Mammals of the World. New York, pg. 117.
  22. National Marine Mammal Laboratory Bearded Seals Retrieved May 1, 2016
  23. 23,0 23,1 Burns, John J. (May 1979). "Natural History and Ecology of the Bearded Seal, Erignathus Barbatus" (PDF). 
  24. 24,0 24,1 Risch, Denise; Clark, Christopher W.; Corkeron, Peter J.; Elepfandt, Andreas; Kovacs, Kit M.; Lydersen, Christian; Stirling, Ian; Van Parijs, Sofie M. (May 2007). "Vocalizations of male bearded seals, Erignathus barbatus: classification and geographical variation". Animal Behaviour 73 (5): 747–762. ISSN 0003-3472. doi:10.1016/j.anbehav.2006.06.012. 
  25. 25,0 25,1 25,2 Cleator, Holly J.; Stirling, Ian; Smith, T. G. (5 July 1989). "Underwater vocalizations of the bearded seal (Erignathus barbatus)". Canadian Journal of Zoology 67 (8): 1900–1910. ISSN 0008-4301. doi:10.1139/z89-272. 
  26. "Erignathus barbatus (Bearded Seal)". www.iucnredlist.org. Consultado o 2018-06-06. 
  27. Fisheries, NOAA (2018-05-24). "Bearded Seal | NOAA Fisheries". www.fisheries.noaa.gov (en inglés). Consultado o 2018-06-06. 
  28. "Canadian Science Publishing". doi:10.1139/z80-302#.ww96nkgvziu (inactivo 2019-03-13). 
  29. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome msw3
  30. Risch, D.; et al. (2006). "Vocalizations of male bearded seals, Erignathus barbatus: classification and geographical variation". Animal Behaviour 73 (5): 747–762. doi:10.1016/j.anbehav.2006.06.012. 
  31. 31,0 31,1 31,2 Harington, C. R. (March 2008). "The Evolution of Arctic Marine Mammals". Ecological Applications (en inglés) 18 (sp2): S23–S40. ISSN 1051-0761. doi:10.1890/06-0624.1. 

Bibliografía

Ligazóns externas