Asociación Pola Defensa da Ría: Diferenzas entre revisións
corrixo ligazón interna |
|||
Liña 8: | Liña 8: | ||
==Colaboracións== |
==Colaboracións== |
||
Colabora con outras plataformas en defensa do medio ambiente, en defensa dos ríos [[río Gafos|Gafos]], [[río Lérez|Lérez]] ou [[río Verdugo|Verdugo]], e con iniciativas populares e mesmo facendo aportacións en materias de medioambiente e urbanismo ó PXOM de Pontevedra. |
Colabora con outras plataformas en defensa do medio ambiente, en defensa dos ríos [[río dos Gafos|dos Gafos]], [[río Lérez|Lérez]] ou [[río Verdugo|Verdugo]], e con iniciativas populares e mesmo facendo aportacións en materias de medioambiente e urbanismo ó PXOM de Pontevedra. |
||
Desde 1999 forma parte da [[FEG]] (Federación Ecoloxista galega), e desde [[2002]] da plataforma [[Nunca Máis]]. |
Desde 1999 forma parte da [[FEG]] (Federación Ecoloxista galega), e desde [[2002]] da plataforma [[Nunca Máis]]. |
Revisión como estaba o 21 de outubro de 2007 ás 08:26
A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) é unha asociación ecoloxista de Pontevedra. Conta cuns 500 socios e un gran respaldo entre a veciñanza da bisbarra.
Fundouse a finais de 1987, con carácter aberto, como resposta cidadá ante o grave deterioro ambiental da ría de Pontevedra e o seu contorno. Propón unha explotación racional dos recursos naturais (marisqueiros, pesqueiros e forestais) e un turismo alternativo, fronte á industrialización contaminante, os recheos ou o monocultivo de eucalipto.
Mediante a divulgación e a sensibilización mediante charlas, conferencias ou edicións de boletíns, e actividades como manifestacións, concentracións ou recollidas de sinaturas e denuncias públicas (medios de comunciacións, ante administracións...) e xudiciais, pretende dar a coñecer a problemática medioambiental e a proposta de solucións.
Boa parte desta loita vai concentrada contra os principais focos contaminantes, como a empresa TAFISA (xa trasladada) e o complexo ENCE-ELNOSA
Colaboracións
Colabora con outras plataformas en defensa do medio ambiente, en defensa dos ríos dos Gafos, Lérez ou Verdugo, e con iniciativas populares e mesmo facendo aportacións en materias de medioambiente e urbanismo ó PXOM de Pontevedra.
Desde 1999 forma parte da FEG (Federación Ecoloxista galega), e desde 2002 da plataforma Nunca Máis.
Recoñecementos
- No ano 2002 foi recoñecida co premio "Cidade de Pontevedra", concedido polo Excmo. Concello de Pontevedra.
- En maio de 2005 recibiu o 2º premio "Vidal Bolaño" concedido pola organización Redes Escarlata.