Erignathus barbatus: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 53: Liña 53:
[[Ficheiro:Beardedsealpup.jpg|miniatura|esquerda|Cría de foca barbuda]]
[[Ficheiro:Beardedsealpup.jpg|miniatura|esquerda|Cría de foca barbuda]]


As focas barbudas dan a luz na primavera. No áerico canadense, as crías nacen en maio.<ref name="uoguelph"/> En Svalbard, chegan á madureza sexual aos 5 ou 6 anos de idade.<ref>Andersen, Magnus, et al. "[https://brage.bibsys.no/xmlui/bitstream/handle/11250/174308/AndersenPolarBiol1999.pdf?sequence=1 Growth, age at sexual maturity and condition in bearded seals (Erignathus barbatus) from Svalbard, Norway]." Polar Biology 21.3 (1999): 179-185.</ref> Paren as crías en pequenos xeos flotantes en augas pouco profundas, as cales adoitan pesar de 30 a 40&nbsp;kg. Entran na auga só unhas horas despois de que nacen e rapidamente se converten en hábiles mergulladores. As nais coidan as crías durante de 18 a 24 días, durante os cales estas aumentan uns 3,3&nbsp;kg de media por día. Durante este tempo, as cías toman unha media de 8&nbsp;L de leite diarios. No momentodo destete pesan the uns 100&nbsp;kg.
As focas barbudas dan a luz na primavera. No Ártico canadense, as crías nacen en maio.<ref name="uoguelph"/> En Svalbard, chegan á madureza sexual aos 5 ou 6 anos de idade.<ref>Andersen, Magnus, et al. "[https://brage.bibsys.no/xmlui/bitstream/handle/11250/174308/AndersenPolarBiol1999.pdf?sequence=1 Growth, age at sexual maturity and condition in bearded seals (Erignathus barbatus) from Svalbard, Norway]." Polar Biology 21.3 (1999): 179-185.</ref> Paren as crías en pequenos xeos flotantes en augas pouco profundas, as cales adoitan pesar de 30 a 40&nbsp;kg. Entran na auga só unhas horas despois de que nacen e rapidamente se converten en hábiles mergulladores. As nais coidan as crías durante de 18 a 24 días, durante os cales estas aumentan uns 3,3&nbsp;kg de media por día. Durante este tempo, as cías toman unha media de 8&nbsp;L de leite diarios. No momentodo destete pesan the uns 100&nbsp;kg.


Xusto antes de que as crías sexan destetadas, comeza nas femias un novo ciclo de apareamento. As femias ovulan ao final do seu período de lactación, peropermanecen preto das crías, preparadas para defendelas se for necesario. Durante a estación de apareamento, os machos "cantan", emitindo unha nota trilante moi longa que acaba nunha especie de queixume ou salaio. Este son pode atraer as femias ou pode utilizarse para proclamar o [[territorio (animal)|territorio]] ou a dispoñibilidade para aparearse. Os machos ocupan as mesmas áreas dun ano para outro.<ref>{{cite book | title = Encyclopedia of the Arctic | author = Nuttal | publisher = Routlelege | location = New York, NY | year = 2005|display-authors=etal}}</ref>
Xusto antes de que as crías sexan destetadas, comeza nas femias un novo ciclo de apareamento. As femias ovulan ao final do seu período de lactación, peropermanecen preto das crías, preparadas para defendelas se for necesario. Durante a estación de apareamento, os machos "cantan", emitindo unha nota trilante moi longa que acaba nunha especie de queixume ou salaio. Este son pode atraer as femias ou pode utilizarse para proclamar o [[territorio (animal)|territorio]] ou a dispoñibilidade para aparearse. Os machos ocupan as mesmas áreas dun ano para outro.<ref>{{cite book | title = Encyclopedia of the Arctic | author = Nuttal | publisher = Routlelege | location = New York, NY | year = 2005|display-authors=etal}}</ref>
<!--
Like many Arctic mammals, bearded seals employ a reproductive strategy known as [[delayed implantation]]. This means that the [[blastocyst]] is not implanted for two months after fertilization, most often becoming implanted in July. Thus, the seal's total [[gestation]] period is around eleven months, though its active gestation period is nine months.<ref>{{cite book | author = Perry, Judith E. | title = Seals of the World | publisher = Comstock Publishing Associates | location = Ithaca, NY | year = 1983 | page = 103}}</ref>


Como moitos mamíferos do Ártico, empregan unha estratexia reprodutora denominada [[implantación retardada]], que consiste en que o [[blastocisto]] tarda dous meses en implantarse despois da fecundación, implantándose xeralmente en xullo. Así, o período de [[xestación]] total da foca é duns once meses, aínda que a súa xestación activa é de nove meses.<ref>{{cite book | author = Perry, Judith E. | title = Seals of the World | publisher = Comstock Publishing Associates | location = Ithaca, NY | year = 1983 | page = 103}}</ref>
<!--
Natural predators of the bearded seal include polar bears, who rely on these seals as a major food source.<ref name="Bearded seal">{{cite web|title=Erignathus barbatus – bearded seal|url=http://animaldiversity.ummz.umich.edu/accounts/Erignathus_barbatus/|publisher=Animal Diversity Web}}</ref> [[Killer whale]]s also prey on these seals, sometimes overturning ice floes to reach them. [[Walrus]]es also eat these seals, mainly pups, but such predation is rare.<ref>Folkens, Peter (2002). ''National Audubon Society Guide to Marine Mammals of the World.'' New York, pg. 117.</ref>
Natural predators of the bearded seal include polar bears, who rely on these seals as a major food source.<ref name="Bearded seal">{{cite web|title=Erignathus barbatus – bearded seal|url=http://animaldiversity.ummz.umich.edu/accounts/Erignathus_barbatus/|publisher=Animal Diversity Web}}</ref> [[Killer whale]]s also prey on these seals, sometimes overturning ice floes to reach them. [[Walrus]]es also eat these seals, mainly pups, but such predation is rare.<ref>Folkens, Peter (2002). ''National Audubon Society Guide to Marine Mammals of the World.'' New York, pg. 117.</ref>



Revisión como estaba o 21 de maio de 2019 ás 11:29

Erignathus barbatus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Pinnipedia (clado)
Familia: Phocidae
Xénero: Erignathus
Gill, 1866
Especie: Erignathus barbatus
Erxleben, 1777
Distribución de E. barbatus
Distribución de E. barbatus

Distribución de E. barbatus

Erignathus barbatus, a foca barbuda, é unha especie de pinnípede de mediano tamaño, que se encontra no Océano Glacial Ártico e as súas proximidades.[2] O seu nome xenérico procedente do grego significa mandíbula pesada, e o seu nome específico refírese á súa peculiar característica de ter uns bigotes moi grandes e abondosos, aos que se debe o nome de foca barbuda ou equivalente que ten en varios idiomas.[2]

Son os fócidos de maior tamaño do Ártico. Poden pesar ata 300 kg e as femias son as máis grandes, aínda que o dimorfismo sexual non é moi acusado.[2]

A especie é o único membro do xénero Erignathus, con características intermedias entre as típicas das das dúas subfamilias en que se divide a fámilia dos fócidos: Phocinae e Monachinae.[2]

Certos fósiles que foron descritos en 2002 indican que, durante o Plistoceno, a especie chegaba moito máis ao sur, ata as costas de Carolina do Sur.[3]

Descrición

As características distintivas desta foca son as aletas anteriores cadradas e os seus grosos e abondosos bigotes do seu fociño. O adultos son de cor marrón agrisado, máis escuro no dorso e con algunhas manchas difuminadas no dorso ou manchas escuras nos laterais do corpo. Ocasionalmente a cara e pescozo son de cor marrón avermellado. As crías nacen con pelaxe marrón agrisada con manchas espelladas de cor branca no dorso e na cabeza. A especie é única dentro da subfamilia Phocinae porque ten dous pares de mamilas, unha característica que comparte coas focas monxe.

Chegan a medir entre 2,1 e 2,7 m do fociño á cola e a pesar de 200 a 430 kg.[4] A femia é meirande, o que significa que hai un dimorfismo sexual, pero non moi acusado.

As E. barbatus, xunto coas Pusa hispida, son a principal fonte de alimento do oso polar.[5] Son tamén un importante alimento para o pobo inuit (esquimós), que denominan esta foca no seu idioma ugjuk[6][7] (plural: ugjuit) ou oogrook ou oogruk. Aínda que os inuit prefiren a Pusa hispida como alimento, a pel da E. barbatus úsase para facer zapatos, botes (umiak), tendas (tupiq), látegos e arneses, xa que é moi resistente.[8]

o contido en graxa corporal da foca barbuda é do 25 a 40%.[9]

Distribución

Viven nas rexións marítimas árticas e subárticas. Na rexión do Pacífico, esténdense desde o mar de Chukchi no Ártico, cara ao sur no mar de Bering[10] onde se atopan desde a baía Bristol na costa de Alasca ata o mar de Okhotsk na costa rusa,[11] e seguen ata preto da costa norte do Xapón, pero sen incluíla.[11] No Océano Glacial Ártico, atópanse ao longo da costa norte de Rusia, Noruega, Canadá e Alasca,[11] incluíndo as illas Svalbard[12] e o arquipélago ártico candense.[13] No Atlántico, atópanse ns costas do norte de Islandia, as costas do leste e oeste de Groenlandia e nas costas continentais de Canadá ata o Labrador como límite sur.[14]

Aínda que a súa área de distribución só se estende cara ao sur ás zonas subárticas, foron vistas no Xapón e a China, ou mesmo tan ao sur como nas costas de Alemaña, Países Baixos, Reino Unido, Francia, España (Galicia incluída) e Portugal, polo que figura na Lista dos mamíferos de Galicia.[11]

Alimentación

Teñen unha alimentación principalmente bentónica, e comen diversas pequenas presas que encontran no fondo do océano, como ameixas, luras e peixes. Os seus bigores sérvenlles para tentear o terreo[15] nos brandos sedimentos do fondo. Os adultos non adoitan mergullarse moito durante os meses de verán, preferindo zonas costeiras pouco profundas de non máis de 300 m de profundidade. As crías dun ano de idade aventúranse a moita maior profundidade, mergullándose ata os 450 m. Nun estudo realizado durante os meses de verán comprobouse que se alimentaban de invertebrados como anemones, cogombro de mar e vermes poliquetos.[13] O mesmo estudo encontrou que os peixes Cottoidea e o Arctogadus glacialis constituían a maior parte d súa dieta de verán. Os cotoideos eran os peixes máis grandes que comían. Poden comer peixes peláxicos e demersais ademais das súas presas bentónicas.[16]

Reprodución e forma de vida

Cría de foca barbuda

As focas barbudas dan a luz na primavera. No Ártico canadense, as crías nacen en maio.[8] En Svalbard, chegan á madureza sexual aos 5 ou 6 anos de idade.[17] Paren as crías en pequenos xeos flotantes en augas pouco profundas, as cales adoitan pesar de 30 a 40 kg. Entran na auga só unhas horas despois de que nacen e rapidamente se converten en hábiles mergulladores. As nais coidan as crías durante de 18 a 24 días, durante os cales estas aumentan uns 3,3 kg de media por día. Durante este tempo, as cías toman unha media de 8 L de leite diarios. No momentodo destete pesan the uns 100 kg.

Xusto antes de que as crías sexan destetadas, comeza nas femias un novo ciclo de apareamento. As femias ovulan ao final do seu período de lactación, peropermanecen preto das crías, preparadas para defendelas se for necesario. Durante a estación de apareamento, os machos "cantan", emitindo unha nota trilante moi longa que acaba nunha especie de queixume ou salaio. Este son pode atraer as femias ou pode utilizarse para proclamar o territorio ou a dispoñibilidade para aparearse. Os machos ocupan as mesmas áreas dun ano para outro.[18]

Como moitos mamíferos do Ártico, empregan unha estratexia reprodutora denominada implantación retardada, que consiste en que o blastocisto tarda dous meses en implantarse despois da fecundación, implantándose xeralmente en xullo. Así, o período de xestación total da foca é duns once meses, aínda que a súa xestación activa é de nove meses.[19]

Notas

  1. {{{assessors}}} (2008). "Erignathus barbatus". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 28 January 2009. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Perrin, William F.; Würsig, Bernd; Thewissen, J. G. M. (2009-02-26). Encyclopedia of Marine Mammals (en inglés). Academic Press. ISBN 9780080919935. 
  3. Berta, A. & Churchill, M. (2012). "Pinniped Taxonomy: evidence for species and subspecies". Mammal Review 42 (3): 207–234. doi:10.1111/j.1365-2907.2011.00193.x. 
  4. Erignathus barbatus. The Animal Diversity Web
  5. "Arctic Bears". PBS Nature. 17 February 2008. 
  6. Ohokak, G.; M. Kadlun; B. Harnum. Inuinnaqtun-English Dictionary (PDF). Kitikmeot Heritage Society. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2012-09-04. Consultado o 2013-03-20. 
  7. "Bearded seal". Asuilaak Living Dictionary. Consultado o 2013-03-20. [Ligazón morta]
  8. 8,0 8,1 Ugjuk — Bearded Seal
  9. Ryg, Morten; Lydersen, Christian; Markussen, Nina H.; Smith, Thomas G.; Øritsland, Nils Are (18 January 1990). "Estimating the Blubber Content of Phocid Seals". Canadian Journal of Fisheries and Aquatic Sciences 47 (6): 1223–1227. ISSN 0706-652X. doi:10.1139/f90-142. 
  10. Lowry, Lloyd F.; Frost, Kathryn J.; Burns, John J. (1980). "Variability in the Diet of Ringed Seals, Phoca hispida, in Alaska". Canadian Journal of Fisheries and Aquatic Sciences 37 (12): 2254–2261. ISSN 0706-652X. doi:10.1139/f80-270. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 "Erignathus barbatus: Kovacs, K.M.". 2016-02-17. doi:10.2305/iucn.uk.2016-1.rlts.t8010a45225428.en. 
  12. Hjelset, A. M.; Andersen, M.; Gjertz, I.; Lydersen, C.; Gulliksen, B. (1999-02-23). "Feeding habits of bearded seals ( Erignathus barbatus ) from the Svalbard area, Norway". Polar Biology (en inglés) 21 (3): 186–193. ISSN 0722-4060. doi:10.1007/s003000050351. 
  13. 13,0 13,1 Finley, K.J.; Evans, C.R. (1983-01-01). "Summer Diet of the Bearded Seal (Erignathus barbatus) in the Canadian High Arctic". ARCTIC (en inglés) 36 (1). ISSN 1923-1245. doi:10.14430/arctic2246. 
  14. "Bearded Seal - NAMMCO". NAMMCO (en inglés). 2017-01-16. Consultado o 2018-06-07. 
  15. Saundry, Peter. 2010. Bearded seal Arquivado July 4, 2010, en Wayback Machine.. Encyclopedia of Earth. Topic editor C. Michael Hogan, Ed.in Chief: Cutler Cleveland, NCSE, Washington DC
  16. Finley, K. J.; Evans, C. R. (1983-01-01). "Summer Diet of the Bearded Seal ( Erignathus barbatus ) in the Canadian High Arctic". ARCTIC (en inglés) 36 (1): 82–89. ISSN 1923-1245. doi:10.14430/arctic2246. 
  17. Andersen, Magnus, et al. "Growth, age at sexual maturity and condition in bearded seals (Erignathus barbatus) from Svalbard, Norway." Polar Biology 21.3 (1999): 179-185.
  18. Nuttal; et al. (2005). Encyclopedia of the Arctic. New York, NY: Routlelege. 
  19. Perry, Judith E. (1983). Seals of the World. Ithaca, NY: Comstock Publishing Associates. p. 103. 

Bibliografía

Ligazóns externas