Erignathus barbatus: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 48: Liña 48:


== Alimentación ==
== Alimentación ==
Teñen unha alimentación principalmente [[bentos|bentónica]], e comen diversas pequenas presas que encontran no fondo do océano, como [[ameixa]]s, [[lura]]s e [[peixe]]s. Os seus bigores sérvenlles para tentear o terreo<ref>Saundry, Peter. 2010. [http://www.eoearth.org/article/Bearded_seal ''Bearded seal''] {{webarchive |url=https://web.archive.org/web/20100704151159/http://www.eoearth.org/article/Bearded_seal |date=July 4, 2010 }}. Encyclopedia of Earth. Topic editor C. Michael Hogan, Ed.in Chief: Cutler Cleveland, NCSE, Washington DC</ref> nos brandos sedimentos do fondo. Os adultos non adoitan mergullarse moito durante os meses de verán, preferindo zonas costeiras pouco profundas de non máis de 300&nbsp;m de profundidade. As crías dun ano de idade aventúranse a moita maior profundidade, mergullándose ata os 450&nbsp;m. Nun estudo realizado durante os meses de verán comprobouse que se alimentaban de invertebrados como [[anemone]]s, [[cogombro de mar|cogombro de mar]] e vermes [[poliquetos]].<ref name="Finley"/> O mesmo estudo encontrou que os peixes ''[[Cottoidea]]'' e o ''[[Arctogadus glacialis]]'' constituían a maior parte d súa dieta de verán. Os cotoideos eran os peixes máis grandes que comían. Poden comer peixes peláxicos e [[demersal|demersais]] ademais das súas presas bentónicas.<ref>{{Cite journal|last=Finley|first=K. J.|last2=Evans|first2=C. R.|date=1983-01-01|title=Summer Diet of the Bearded Seal ( Erignathus barbatus ) in the Canadian High Arctic|url=https://arctic.journalhosting.ucalgary.ca/arctic/index.php/arctic/article/view/2246|journal=ARCTIC|language=en-US|volume=36|issue=1|pages=82–89|doi=10.14430/arctic2246|issn=1923-1245}}</ref>
Teñen unha alimentación principalmente [[bentos|bentónica]], e comen diversas pequenas presas que encontran no fondo do océano, como [[ameixa (molusco)|ameixas]], [[lura]]s e [[peixe]]s. Os seus bigores sérvenlles para tentear o terreo<ref>Saundry, Peter. 2010. [http://www.eoearth.org/article/Bearded_seal ''Bearded seal''] {{webarchive |url=https://web.archive.org/web/20100704151159/http://www.eoearth.org/article/Bearded_seal |date=July 4, 2010 }}. Encyclopedia of Earth. Topic editor C. Michael Hogan, Ed.in Chief: Cutler Cleveland, NCSE, Washington DC</ref> nos brandos sedimentos do fondo. Os adultos non adoitan mergullarse moito durante os meses de verán, preferindo zonas costeiras pouco profundas de non máis de 300&nbsp;m de profundidade. As crías dun ano de idade aventúranse a moita maior profundidade, mergullándose ata os 450&nbsp;m. Nun estudo realizado durante os meses de verán comprobouse que se alimentaban de invertebrados como [[anemone]]s, [[cogombro de mar|cogombro de mar]] e vermes [[poliquetos]].<ref name="Finley"/> O mesmo estudo encontrou que os peixes ''[[Cottoidea]]'' e o ''[[Arctogadus glacialis]]'' constituían a maior parte d súa dieta de verán. Os cotoideos eran os peixes máis grandes que comían. Poden comer peixes peláxicos e [[demersal|demersais]] ademais das súas presas bentónicas.<ref>{{Cite journal|last=Finley|first=K. J.|last2=Evans|first2=C. R.|date=1983-01-01|title=Summer Diet of the Bearded Seal ( Erignathus barbatus ) in the Canadian High Arctic|url=https://arctic.journalhosting.ucalgary.ca/arctic/index.php/arctic/article/view/2246|journal=ARCTIC|language=en-US|volume=36|issue=1|pages=82–89|doi=10.14430/arctic2246|issn=1923-1245}}</ref>


== Reprodución e forma de vida ==
== Reprodución e forma de vida ==

Revisión como estaba o 20 de maio de 2019 ás 16:38

Erignathus barbatus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Pinnipedia (clado)
Familia: Phocidae
Xénero: Erignathus
Gill, 1866
Especie: Erignathus barbatus
Erxleben, 1777
Distribución de E. barbatus
Distribución de E. barbatus

Distribución de E. barbatus

Erignathus barbatus, a foca barbuda, é unha especie de pinnípede de mediano tamaño, que se encontra no Océano Glacial Ártico e as súas proximidades.[2] O seu nome xenérico procedente do grego significa mandíbula pesada, e o seu nome específico refírese á súa peculiar característica de ter uns bigotes moi grandes e abondosos, aos que se debe o nome de foca barbuda ou equivalente que ten en varios idiomas.[2]

Son os fócidos de maior tamaño do Ártico. Poden pesar ata 300 kg e as femias son as máis grandes, aínda que o dimorfismo sexual non é moi acusado.[2]

A especie é o único membro do xénero Erignathus, con características intermedias entre as típicas das das dúas subfamilias en que se divide a fámilia dos fócidos: Phocinae e Monachinae.[2]

Certos fósiles que foron descritos en 2002 indican que, durante o Plistoceno, a especie chegaba moito máis ao sur, ata as costas de Carolina do Sur.[3]

Descrición

As características distintivas desta foca son as aletas anteriores cadradas e os seus grosos e abondosos bigotes do seu fociño. O adultos son de cor marrón agrisado, máis escuro no dorso e con algunhas manchas difuminadas no dorso ou manchas escuras nos laterais do corpo. Ocasionalmente a cara e pescozo son de cor marrón avermellado. As crías nacen con pelaxe marrón agrisada con manchas espelladas de cor branca no dorso e na cabeza. A especie é única dentro da subfamilia Phocinae porque ten dous pares de mamilas, unha característica que comparte coas focas monxe.

Chegan a medir entre 2,1 e 2,7 m do fociño á cola e a pesar de 200 a 430 kg.[4] A femia é meirande, o que significa que hai un dimorfismo sexual, pero non moi acusado.

As E. barbatus, xunto coas Pusa hispida, son a principal fonte de alimento do oso polar.[5] Son tamén un importante alimento para o pobo inuit (esquimós), que denominan esta foca no seu idioma ugjuk[6][7] (plural: ugjuit) ou oogrook ou oogruk. Aínda que os inuit prefiren a Pusa hispida como alimento, a pel da E. barbatus úsase para facer zapatos, botes (umiak), tendas (tupiq), látegos e arneses, xa que é moi resistente.[8]

o contido en graxa corporal da foca barbuda é do 25 a 40%.[9]

Distribución

Viven nas rexións marítimas árticas e subárticas. Na rexión do Pacífico, esténdense desde o mar de Chukchi no Ártico, cara ao sur no mar de Bering[10] onde se atopan desde a baía Bristol na costa de Alasca ata o mar de Okhotsk na costa rusa,[11] e seguen ata preto da costa norte do Xapón, pero sen incluíla.[11] No Océano Glacial Ártico, atópanse ao longo da costa norte de Rusia, Noruega, Canadá e Alasca,[11] incluíndo as illas Svalbard[12] e o arquipélago ártico candense.[13] No Atlántico, atópanse ns costas do norte de Islandia, as costas do leste e oeste de Groenlandia e nas costas continentais de Canadá ata o Labrador como límite sur.[14]

Aínda que a súa área de distribución só se estende cara ao sur ás zonas subárticas, foron vistas no Xapón e a China, ou mesmo tan ao sur como nas costas de Alemaña, Países Baixos, Reino Unido, Francia, España (Galicia incluída) e Portugal, polo que figura na Lista dos mamíferos de Galicia.[11]

Alimentación

Teñen unha alimentación principalmente bentónica, e comen diversas pequenas presas que encontran no fondo do océano, como ameixas, luras e peixes. Os seus bigores sérvenlles para tentear o terreo[15] nos brandos sedimentos do fondo. Os adultos non adoitan mergullarse moito durante os meses de verán, preferindo zonas costeiras pouco profundas de non máis de 300 m de profundidade. As crías dun ano de idade aventúranse a moita maior profundidade, mergullándose ata os 450 m. Nun estudo realizado durante os meses de verán comprobouse que se alimentaban de invertebrados como anemones, cogombro de mar e vermes poliquetos.[13] O mesmo estudo encontrou que os peixes Cottoidea e o Arctogadus glacialis constituían a maior parte d súa dieta de verán. Os cotoideos eran os peixes máis grandes que comían. Poden comer peixes peláxicos e demersais ademais das súas presas bentónicas.[16]

Reprodución e forma de vida

Cría de foca barbuda

Notas

  1. {{{assessors}}} (2008). "Erignathus barbatus". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 28 January 2009. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Perrin, William F.; Würsig, Bernd; Thewissen, J. G. M. (2009-02-26). Encyclopedia of Marine Mammals (en inglés). Academic Press. ISBN 9780080919935. 
  3. Berta, A. & Churchill, M. (2012). "Pinniped Taxonomy: evidence for species and subspecies". Mammal Review 42 (3): 207–234. doi:10.1111/j.1365-2907.2011.00193.x. 
  4. Erignathus barbatus. The Animal Diversity Web
  5. "Arctic Bears". PBS Nature. 17 February 2008. 
  6. Ohokak, G.; M. Kadlun; B. Harnum. Inuinnaqtun-English Dictionary (PDF). Kitikmeot Heritage Society. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2012-09-04. Consultado o 2013-03-20. 
  7. "Bearded seal". Asuilaak Living Dictionary. Consultado o 2013-03-20. [Ligazón morta]
  8. Ugjuk — Bearded Seal
  9. Ryg, Morten; Lydersen, Christian; Markussen, Nina H.; Smith, Thomas G.; Øritsland, Nils Are (18 January 1990). "Estimating the Blubber Content of Phocid Seals". Canadian Journal of Fisheries and Aquatic Sciences 47 (6): 1223–1227. ISSN 0706-652X. doi:10.1139/f90-142. 
  10. Lowry, Lloyd F.; Frost, Kathryn J.; Burns, John J. (1980). "Variability in the Diet of Ringed Seals, Phoca hispida, in Alaska". Canadian Journal of Fisheries and Aquatic Sciences 37 (12): 2254–2261. ISSN 0706-652X. doi:10.1139/f80-270. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 "Erignathus barbatus: Kovacs, K.M.". 2016-02-17. doi:10.2305/iucn.uk.2016-1.rlts.t8010a45225428.en. 
  12. Hjelset, A. M.; Andersen, M.; Gjertz, I.; Lydersen, C.; Gulliksen, B. (1999-02-23). "Feeding habits of bearded seals ( Erignathus barbatus ) from the Svalbard area, Norway". Polar Biology (en inglés) 21 (3): 186–193. ISSN 0722-4060. doi:10.1007/s003000050351. 
  13. 13,0 13,1 Finley, K.J.; Evans, C.R. (1983-01-01). "Summer Diet of the Bearded Seal (Erignathus barbatus) in the Canadian High Arctic". ARCTIC (en inglés) 36 (1). ISSN 1923-1245. doi:10.14430/arctic2246. 
  14. "Bearded Seal - NAMMCO". NAMMCO (en inglés). 2017-01-16. Consultado o 2018-06-07. 
  15. Saundry, Peter. 2010. Bearded seal Arquivado July 4, 2010, en Wayback Machine.. Encyclopedia of Earth. Topic editor C. Michael Hogan, Ed.in Chief: Cutler Cleveland, NCSE, Washington DC
  16. Finley, K. J.; Evans, C. R. (1983-01-01). "Summer Diet of the Bearded Seal ( Erignathus barbatus ) in the Canadian High Arctic". ARCTIC (en inglés) 36 (1): 82–89. ISSN 1923-1245. doi:10.14430/arctic2246. 

Bibliografía

Ligazóns externas