Diferenzas entre revisións de «Corsario»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
(Desfíxose a edición 4982927 de 81.42.241.249 (conversa))
Etiqueta: Desfacer
Ata o [[século XIX]] a actividade corsaria estivo sempre a cargo de particulares que [[armador|armaban]] [[Barco|buques]] unha vez obtida a patente de corso e recuperaban o investimento co botín obtido nas presas capturadas e os rescates por pasaxeiros de importancia capturados. O corsario estaba limitado na súa acción pola patente, podendo só capturar mercantes de determinados [[país]]es e tendo que repartir botín e rescate co [[Estado]] en moitas ocasións. Esta é a principal diferenza co [[piratería|pirata]], que atacará calquera buque que poida capturar e non ten que render contas a ninguén. [[Francis Drake]] é un bo exemplo desta época.
 
Aínda que a actividade corsaria xa se practicou na antigüidade, o auxe dos corsarios tivo lugar entre os [[século]]s [[século XVI|XVI]] e [[século XVIII|XVIII]]. Durante este período todas as potencias navais [[Europa|europeas]] empregaban sistematicamente aosos corsarios para entorpecer o tráfico dos seus rivais coas colonias como complemento á súa frota militar regular. Os últimos actos corsarios tradicionais tiveron lugar no século XIX durante a [[Primeira República Española|guerra de Cuba]].
 
Posteriormente mantívose a denominación de corsarios ou ''[[Buques-Q]]'' para aqueles buques pertencentes a mariñas de guerra regulares que entorpecían o tráfico mercante inimigo. A principal actividade deste tipo foi a protagonizada polos [[Alemaña|alemáns]] durante ambas as guerras mundiais con medios [[submarino]]s principalmente. Tamén os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] empregaron esta estratexia contra [[Xapón]] no [[Océano Pacífico|Pacífico]] durante a [[segunda guerra mundial]] coa súa frota submarina. Neste caso non existe botín e os corsarios limitábanse a afundir os mercantes inimigos.
Usuario anónimo

Menú de navegación