FerroAtlántica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 37: Liña 37:
En 2015 a empresa anunciou a súa fusión con Globe Speciality Metals (GSM), con sede en Miami. O novo grupo será propiedade ao 57% de FerroAtlántica e o grupo estadounidense terá o outro 43%<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2015/02/24/ferroatlantica-fusiona-americana-globe-consolida-liderazgo-mundial-sector/0003_201502G24P33992.htm Ferroatlántica se fusiona con la americana Globe y consolida su liderazgo mundial en el sector lavozdegalicia.es]</ref> pasando a chamarse Ferroglobe.
En 2015 a empresa anunciou a súa fusión con Globe Speciality Metals (GSM), con sede en Miami. O novo grupo será propiedade ao 57% de FerroAtlántica e o grupo estadounidense terá o outro 43%<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2015/02/24/ferroatlantica-fusiona-americana-globe-consolida-liderazgo-mundial-sector/0003_201502G24P33992.htm Ferroatlántica se fusiona con la americana Globe y consolida su liderazgo mundial en el sector lavozdegalicia.es]</ref> pasando a chamarse Ferroglobe.


A empresa ten certificacións [[ISO 9001]] así como certificación OSHAS 18001 e a certificación [[ISO 14001]], todas elas do Regulamento de Ecoxestión e Ecoauditoría Ambiental EMAS (Environmental Management and Audit System). A empresa tamén cumpre o regulamento REACH (Registration, Evaluation, Authorization and Restriction of Chemicals Substances).
A empresa ten as certificacións [[ISO 9001]], OSHAS 18001 e [[ISO 14001]], todas elas do Regulamento de Ecoxestión e Ecoauditoría Ambiental EMAS (Environmental Management and Audit System). A empresa tamén cumpre o regulamento REACH (Registration, Evaluation, Authorization and Restriction of Chemicals Substances).


== Produtos ==
== Produtos ==

Revisión como estaba o 16 de maio de 2019 ás 12:03

FerroAtlántica S.A.

Sede da empresa
TipoSociedade Anónima
Fundación1903[1]
MatrizGrupo Villar Mir
LocalizaciónPaseo de la Castellana, 259-D Plantas 45 y 49, 28046 Madrid
Persoas claveJuan Miguel Villar Mir
IndustriaMetalurxia
ProdutosAliaxes
Na rede
http://www.gestamp.com/
editar datos en Wikidata ]

FerroAtlántica é unha empresa galega con sede en Madrid, no edificio Torre Espacio. A empresa é o primeiro produtor mundial de silicio metal e de ferroaliaxes co 15 % do mercado mundial. Ten 15 fábricas (6 en Francia, 5 en España, 2 en Suráfrica, unha en Venezuela e outra en China). A capacidade de produción total é de 300.000 toneladas ao ano[2].

Historia

En primeiro termo a fábrica de FerroAtlántica en Sabón.

A historia da empresa iníciase co aproveitamento eléctrico do río Xallas o 17 de outubro de 1910. O Goberno Civil da Coruña outorga unha concesión a Francisco del Campo Lacalle para un aproveitamento eléctrico no Xallas cun caudal máximo de 6.000 litros por segundo e un salto de 19,13 metros[3]. A empresa medrou mercando concesións, fábricas e canteiras. En 1992 compra a División de Ferroaleacións do Grupo Carburos Metálicos, constituíndose o 4 de decembro de ese mesmo ano a sociedade FerroAtlántica, no ano 2007 constitúese o Grupo FerroAtlántica[4].

FerroAtlántica ten actualmente tres fábricas en Galiza e seis centrais hidroeléctricas. Dúas das fábricas están na Costa da Morte, provincia da Coruña, nos concellos de Cee e Dumbría. A outra das fábricas está no Polígono Industrial de Sabón, Arteixo.

Cinco das centrais hidroeléctricas están situadas na cunca do río Xallas (Dumbría, entre eles o encoro da Fervenza e o encoro de Santa Uxía) e unha na cunca do río Grande do Porto (Vimianzo). A enerxía eléctrica consómese nas fábricas do grupo vendendo o excedente.

O mineral de cuarzo obtense de canteiras propiedade do grupo como a de Serrabal entre Vedra e Boqueixón.

En 2007 a empresa abriu as comportas da presa da Fervenza deixando o río Xallas e o encoro sen auga causando a morte de milleiros de peixes. Ferroatlántica foi condeada ao pago de 305.954 euros e dous directivos a multas de 4.320 euros, segundo sentenza firme do Xuzgado do Penal número seis da Coruña. O fallo condenou en novembro de 2011 á empresa de Juan Miguel Villar Mir a abonar 265.954 euros á Xunta e outros 40.000 a partes iguais entre a Federación Galega de Pesca e Salmo Club de Pesca Deportiva[5].

En 2015 a empresa anunciou a súa fusión con Globe Speciality Metals (GSM), con sede en Miami. O novo grupo será propiedade ao 57% de FerroAtlántica e o grupo estadounidense terá o outro 43%[6] pasando a chamarse Ferroglobe.

A empresa ten as certificacións ISO 9001, OSHAS 18001 e ISO 14001, todas elas do Regulamento de Ecoxestión e Ecoauditoría Ambiental EMAS (Environmental Management and Audit System). A empresa tamén cumpre o regulamento REACH (Registration, Evaluation, Authorization and Restriction of Chemicals Substances).

Produtos

  • Si Metal
  • SiMn
  • FeMn
  • FeMn Af
  • FeSi
  • Microsílice
  • Pasta Söderberg

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas