L'Aquila: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino sintaxe desbotada
Liña 4: Liña 4:
|bandeira =
|bandeira =
|escudo = Coat of Arms of L'Aquila, Italy.svg
|escudo = Coat of Arms of L'Aquila, Italy.svg
|imaxe = [[Ficheiro:L'Aquila Piazza del Duomo 2007 by-RaBoe.jpg|280px]]
|imaxe = L'Aquila Piazza del Duomo 2007 by-RaBoe.jpg
|pé = Praza Duomo
|pé = Praza Duomo
|situación = {{Mapa de localización
|situación = {{Mapa de localización

Revisión como estaba o 16 de maio de 2019 ás 07:34

Coordenadas: 42°21′N 13°24′L / 42.350, -13.400 Modelo:Cidade L'Aquila é a cidade capital dos Abruzos, rexión no centro de Italia, cunha poboación de 73.150 habitantes, e capital da provincia de L'Aquila. Aínda que está a menos de dúas horas con coche desde Roma, a cidade (rodeada de muros medievais) aínda non se viu influenciada polo turismo. L'Aquila alberga moitas industrias electrónicas.

Na madrugada do 6 de abril de 2009 foi o epicentro dun terremoto de 6,3 grados na escala de magnitude de momento, que provocou a morte de 294 persoas e deixou feridos a máis de 1.500 en toda a rexión dos Abruzos.

En xullo de 2009 a localidade acolleu o 35º Cumio do G8.

Fraccións

Aquilio, Aragno, Arischia, Assergi, Bagno, Bazzano, Camarda, Cansatessa, Casaline, Cermone, Cese, Civita di Bagno, Colle di Preturo, Colle di Sassa, Colle Roio - Poggio di Roio, Collebrincioni, Collefracido, Coppito, Filetto, Foce, Forcelle, Fossa, Genzano, Gignano, Monticchio, Onna, Paganica, Pagliare di Sassa, Pescomaggiore, Palombaia, Pettino, Pianola, Pile, Pizzutillo, Poggio Picenze, Poggio Roio, Poggio Santa Maria, Pozza di Preturo, Pratelle, Preturo, Ripa, Roio Piano - Poggio di Roio, San Demetrio Ne'Vestini, San Giacomo alto, San Giuliano, San Gregorio, San Leonardo, San Marco Di Preturo, San Martino di Sassa,san pio delle camere, Santa Rufina, Sant'Angelo, Sant'Elia, Santi, San Vittorino, Santi, Sassa, Tempera, Torretta, Valle Pretara, Vallesindola, Vasche.

Demografía

Lugares de interese

Algúns lugares de interese son: A Rocca, un forte español do século XVI; construído baixo a dirección do enxeñeiro valenciano Pedro Luis Escrivá,[1][2] a basílica románica de Santa María de Collemaggio (onde foi coroado e soterrado o Papa Celestino V); a basílica de San Bernardino; e a Fontana medieval dos 99 chorros (aínda non se sabe de onde provén a auga) que conmemora aos 99 pobos que se di que estableceron a cidade. A Fontana Luminosa é outro lugar de interese, unha escultura de dúas mulleres sostendo varios xarróns, feita durante os anos 30.

Nos arredores da cidade hai ruínas romanas (Amiternum), antigos mosteiros, e numerosos castelos. O máis coñecido de eles é o de Rocca Calascio, que é o castelo máis alto de Italia e un dos máis altos de Europa. Tamén hai pistas de esquí no Gran Sasso d'Italia, o maior dos Apeninos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas