Dispnea: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m →‎Ligazóns externas: arranxos lig. morta
Etiqueta: edición de código 2017
Maria zaos (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 10: Liña 10:


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
{{wiktionary}}
=== Outros artigos ===
=== Outros artigos ===
* [[Ortopnea]]
* [[Ortopnea]]

Revisión como estaba o 15 de maio de 2019 ás 21:49

A dispnea é a dificultade para respirar ao que se lle adoita chamar falta de ar. Deriva nunha sensación subxectiva que adoita orixinarse nunha respiración deficiente e incompleta, que pode variar en intensidade. Esta experiencia orixínase a partir de interaccións nas que interveñen factores fisiolóxicos, psicolóxicos, sociais e ambientais múltiples que poden á súa vez inducir, dende respostas fisiolóxicas a comportamentos secundarios.

Clasificación

Podemos distinguir varios dipos de dispnea:

  • Dispnea de esforzo: Aparece ao realizar esforzos, e adoita ser moitas veces progresiva.
  • Ortopnea, que se alivia coa posición erecta. É a dificultade para respirar que aparece ao estar deitados.
  • Dispnea paroxística nocturna, caracterízase por se manifestar pola noite, mentres ao doente está dormido, situación que provoca que o doente esperte.
  • Dispnea en repouso: aparece malia non realizar ningún tipo de esforzo. É o tipo de dificultade respiratoria máis grave de todas, por estar asociada a doenzas en fases avanzadas, como a insuficiencia cardíaca en estado terminal.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas