Provincia de Lugo: Diferenzas entre revisións
Liña 120: | Liña 120: | ||
* '''[[serra da Cova da Serpe|Cova da Serpe]]''', co pico do mesmo nome (841 m) entre Lugo e [[Provincia da Coruña|A Coruña]]. |
* '''[[serra da Cova da Serpe|Cova da Serpe]]''', co pico do mesmo nome (841 m) entre Lugo e [[Provincia da Coruña|A Coruña]]. |
||
== Demografía == |
|||
=== Localidades importantes (2016) === |
|||
=== Concellos máis poboados === |
|||
{|style="background:Ivory; border: 1px solid gray; align=top;" |
|||
|- |
|||
{| style="background:Ivory; border: 1px solid gray;" |
|||
!Comarcas e concellos da provincia de Lugo |
|||
|- |
|||
| style="width: 600px;" rowspan=12; |[[Ficheiro:Concellos de Lugo.jpg|center|550px]]<br/> |
|||
|- |
|||
| |
|||
{| class="toc" cellpadding=0 cellspacing=0 width=300px style="float:right; text-align:center;clear:all; margin-right:8px; font-size:90%;" style="background:Ivory" |
|||
!bgcolor=black colspan=8 style="color:white;"|Concellos máis poboados (2015)<ref>{{Cita web |
|||
{| {{Táboabonita}} |
{| {{Táboabonita}} |
||
|----- |
|----- |
||
| '''Posición''' |
| '''Posición''' |
||
| '''[[Municipio|Concello]]''' |
| '''[[Municipio|Concello]]''' |
||
| '''Poboación''' |
| '''Poboación''' (2016) |
||
|----- |
|----- |
||
| 1º |
| 1º |
||
Liña 176: | Liña 186: | ||
| '''5.043''' |
| '''5.043''' |
||
|-- |
|-- |
||
|} |
|||
|} |
|} |
||
Revisión como estaba o 14 de maio de 2019 ás 11:28
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2014.) |
Coordenadas: 43°00′N 7°30′O / 43.000, -7.500
| |
Capital | Lugo |
Área | 9.856 km² |
Poboación | 336.527 hab. (2016) |
Densidade | 34,14 hab./km² |
Concellos | 67 |
Xentilicio | Lugués-a, Lucense |
Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.
Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada[1].
Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.
Xeografía
A provincia sitúase no nordeste de Galicia, e ocupa 9.856 km². Segundo o IGE[2], no ano 2015 vivía unha poboación de 339 386 habitantes, cunha densidade de poboación duns 34,43 hab/km².
Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste coa provincia da Coruña, ao sur coa provincia de Ourense, e ao leste, co Principado de Asturias e coa provincia de León.
Rías
As rías da provincia de Lugo forman parte das Rías Altas. De oeste a leste son:
- Ría do Barqueiro, desembocadura do río Sor, límite das provincias de Lugo e A Coruña.
- Ría de Viveiro, desembocadura do río Landro, ó norte de Viveiro.
- Ría de Foz, desembocadura do río Masma, ó este de Foz.
- Ría de Ribadeo, desembocadura do río Eo, límite entre Galicia e Asturias.
Illas
As illas máis importantes da costa lucense son:
- Illa Coelleira, na boca oriental da ría do Barqueiro, no concello do Vicedo.
- Illa Ansarón, no concello de Xove.
- Os Farallóns, en fronte de San Cibrao, no concello de Cervo.
- Illa Pancha, na punta nordeste do concello de Ribadeo, no extremo occidental da saída da ría de Ribadeo.
Cabos
Entre os numerosos cabos e puntas que hai na provincia debido a súa costa irregular, destacan:
- Punta Roncadoira, no concello de Xove.
- Punta de Morás, no concello de Xove.
- Cabo de San Cibrao, no concello de Cervo.
- Punta dos Castros, no concello de Cervo.
- Cabo Burela, no concello de Burela.
Ríos
O principal río que a percorre é o Miño, que tamén acada a provincia de Ourense e fai de linde entre a provincia de Pontevedra e Portugal, desembocando no océano Atlántico. Na cornixa cantábrica ten moitos pequenos ríos. O afluente do Miño é o Sil, que, doutra banda, cómpre dicir que resulta un atractivo turístico amais de polos canóns e a súa riqueza vinícola, tamén polo encadramento no que se atopa, a chamada Ribeira Sacra, que abrangue o sur da provincia de Lugo e máis o norte da de Ourense.
- Río Miño, nace na serra de Meira e desemboca no océano Atlántico no límite galaico-portugués. Atravesa a provincia de norte a sur, e fai de fronteira nunha parte do seu percorrido coa provincia da Coruña.
- Río Sil, nace no Bierzo e desemboca no río Miño. Na maior parte do seu percorrido pola provincia fai de límite coa provincia de Ourense.
- Río Landro, nace na serra do Xistral e desemboca na ría do Barqueiro.
- Río Ouro, nace na serra do Xistral e desemboca no mar Cantábrico.
- Río Masma, nace na serra da Toxiza e desemboca na ría de Foz.
- Río Eo, nace en Baleira e desemboca na ría de Ribadeo. Foi declarado en 2007, Reserva da Biosfera pola UNESCO.
- Río Ladra, nace na Terra Chá e desemboca no río Miño.
- Río Narla, nace nos montes do Corno de Boi e desemboca no río Miño.
- Río Anllo, nace na serra do Xistral e desemboca no río Miño.
- Río Lea, nace na serra do Monciro e desemboca no río Miño.
- Río Neira, nace na serra do Portelo e desemboca no río Miño.
- Río Navia, nace nos Ancares e desemboca en Navia (Asturias).
- Río Cabe, nace no Incio e desemboca no río Sil.
- Río Lor, nace no Courel e desemboca no río Sil.
Encoros
Hai 28 encoros na provincia, entre os que destacan:
- Encoro de Belesar, no río Miño ó seu paso polos concellos de Guntín, Páramo, Portomarín, Paradela, Taboada, Chantada e O Saviñao. Ten 655 hm³ de capacidade.
- Encoro de Salime, no río Navia ó seu paso por Negueira de Muñiz. Ten 266 hm³ de capacidade.
- Encoro de Santo Estevo, no río Sil ó seu paso polos concellos de Sober, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil e A Teixeira. Ten 213 hm³ de capacidade.
- Encoro dos Peares, no río Miño ó seu paso polos concellos do Saviñao, Chantada, Carballedo e Pantón. Ten 182 hm³ de capacidade.
- Encoro de Vilasouto, no río Mao ó seu paso por Vilasouto, no concello do Incio. Ten 21 hm³ de capacidade.
- Encoro de Sequeiros, no río Sil ó seu paso por Sequeiros, no concello de Quiroga. Ten 11 hm³ de capacidade.
- Encoro de San Martiño, no río Sil ó seu paso polos concellos de Quiroga, Larouco, A Rúa de Valdeorras e Petín. Ten 10 hm³ de capacidade.
- Encoro do Covo, no río Covo ó seu paso polo Castelo, no concello de Cervo. Ten 6 hm³ de capacidade.
- Encoro de San Xoán, no concello de Guitiriz. Ten menos de 1 hm³ de capacidade.
Para unha lista completa, véxase Lista de encoros de Galicia.
Lagoas
Na provincia de Lugo hai varias lagoas situadas na Terra Chá:
- Lagoa de Cospeito, no concello de Cospeito.
- Lagoas de Pedroso, no concello de Begonte.
- Lagoas de Bardancos, no concello de Castro de Rei.
- Lagoas de Reboredo, no concello de Vilalba.
- Lagoa de Carballosa, no concello de Cospeito.
- Lagoa de Denune, no concello de Begonte
- Lagoa de Abelleiras, no concello de Cospeito.
- Lagoa de Seixas, no concello de Cospeito.
Sistemas montañosos
Os sistemas montañosos máis importantes da provincia son:
- Serra dos Ancares, facendo fronteira con León e Asturias, co pico da Pena Rubia (1.822 m) como altura raíña. Foi declarado en 2006, Reserva da Biosfera pola UNESCO.
- Serra do Courel, ó norte do río Sil, tamén en fronteira coa provincia de León, co monte Faro (1.606 m).
- Serra do Xistral, entre a A Mariña de Lugo e a Terra Chá, co Cadramón (1.056 m) e O Xistral (1.032 m) como puntos máis altos.
- Serra do Faro, co monte Cantelle (1.222 m) fronteira entre Lugo e Pontevedra.
- Cova da Serpe, co pico do mesmo nome (841 m) entre Lugo e A Coruña.