Provincia de Lugo: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil |
m →Comunicacións: modelo prov Cña |
||
Liña 227: | Liña 227: | ||
* [[Os Ancares Lucenses]] e Montes de [[Cervantes]], [[Navia de Suarna]] e [[Becerreá]] |
* [[Os Ancares Lucenses]] e Montes de [[Cervantes]], [[Navia de Suarna]] e [[Becerreá]] |
||
== |
== Economía == |
||
=== |
=== Comunicacións === |
||
==== Estradas ==== |
|||
* '''[[A-6]]''' (e '''[[N-VI]]'''): [[Arteixo]]-[[A Coruña]]-[[Lugo]]-[[Ponferrada]]-[[Astorga]]-[[Benavente, Zamora|Benavente]]-[[Medina del Campo]]-[[Madrid]]. |
* '''[[A-6]]''' (e '''[[N-VI]]'''): [[Arteixo]]-[[A Coruña]]-[[Lugo]]-[[Ponferrada]]-[[Astorga]]-[[Benavente, Zamora|Benavente]]-[[Medina del Campo]]-[[Madrid]]. |
||
* '''[[A-8]]''' (e '''[[N-634]]'''): [[Santiago de Compostela]]-[[Vilalba]]-[[Ribadeo]]-[[Xixón]]-[[Santander]]-[[Bilbao]]-[[Donostia]]. |
* '''[[A-8]]''' (e '''[[N-634]]'''): [[Santiago de Compostela]]-[[Vilalba]]-[[Ribadeo]]-[[Xixón]]-[[Santander]]-[[Bilbao]]-[[Donostia]]. |
||
Liña 239: | Liña 240: | ||
* '''[[N-642]]''': [[Ferrol]] - [[Ortigueira]] - [[Viveiro]] - [[Burela]] - [[Foz]] |
* '''[[N-642]]''': [[Ferrol]] - [[Ortigueira]] - [[Viveiro]] - [[Burela]] - [[Foz]] |
||
=== Ferrocarril === |
==== Ferrocarril ==== |
||
Na provincia de Lugo hai tres liñas de tren en funcionamento: |
Na provincia de Lugo hai tres liñas de tren en funcionamento: |
||
* '''[[Liña A Coruña - Palencia|A Coruña-Palencia]]''' ([[ADIF]]) por [[Guitiriz]], [[Rábade]], [[Lugo]], [[Sarria]], [[Monforte de Lemos|Monforte]] e [[Quiroga]]. |
* '''[[Liña A Coruña - Palencia|A Coruña-Palencia]]''' ([[ADIF]]) por [[Guitiriz]], [[Rábade]], [[Lugo]], [[Sarria]], [[Monforte de Lemos|Monforte]] e [[Quiroga]]. |
||
Liña 245: | Liña 246: | ||
* '''[[Ferrol]]-[[Oviedo]]''' ([[FEVE]]) por [[Viveiro]], [[Burela]], [[Foz]] e [[Ribadeo]]. |
* '''[[Ferrol]]-[[Oviedo]]''' ([[FEVE]]) por [[Viveiro]], [[Burela]], [[Foz]] e [[Ribadeo]]. |
||
=== Transporte Aéreo === |
==== Transporte Aéreo ==== |
||
* '''[[Aeródromo de Rozas]]''', en [[Castro de Rei]]. |
* '''[[Aeródromo de Rozas]]''', en [[Castro de Rei]]. |
Revisión como estaba o 14 de maio de 2019 ás 11:26
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2014.) |
Coordenadas: 43°00′N 7°30′O / 43.000, -7.500
| |
Capital | Lugo |
Área | 9.856 km² |
Poboación | 336.527 hab. (2016) |
Densidade | 34,14 hab./km² |
Concellos | 67 |
Xentilicio | Lugués-a, Lucense |
Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.
Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada[1].
Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.
Xeografía
A provincia sitúase no nordeste de Galicia, e ocupa 9.856 km². Segundo o IGE[2], no ano 2015 vivía unha poboación de 339 386 habitantes, cunha densidade de poboación duns 34,43 hab/km².
Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste coa provincia da Coruña, ao sur coa provincia de Ourense, e ao leste, co Principado de Asturias e coa provincia de León.
Rías
As rías da provincia de Lugo forman parte das Rías Altas. De oeste a leste son:
- Ría do Barqueiro, desembocadura do río Sor, límite das provincias de Lugo e A Coruña.
- Ría de Viveiro, desembocadura do río Landro, ó norte de Viveiro.
- Ría de Foz, desembocadura do río Masma, ó este de Foz.
- Ría de Ribadeo, desembocadura do río Eo, límite entre Galicia e Asturias.
Illas
As illas máis importantes da costa lucense son:
- Illa Coelleira, na boca oriental da ría do Barqueiro, no concello do Vicedo.
- Illa Ansarón, no concello de Xove.
- Os Farallóns, en fronte de San Cibrao, no concello de Cervo.
- Illa Pancha, na punta nordeste do concello de Ribadeo, no extremo occidental da saída da ría de Ribadeo.
Cabos
Entre os numerosos cabos e puntas que hai na provincia debido a súa costa irregular, destacan:
- Punta Roncadoira, no concello de Xove.
- Punta de Morás, no concello de Xove.
- Cabo de San Cibrao, no concello de Cervo.
- Punta dos Castros, no concello de Cervo.
- Cabo Burela, no concello de Burela.
Ríos
O principal río que a percorre é o Miño, que tamén acada a provincia de Ourense e fai de linde entre a provincia de Pontevedra e Portugal, desembocando no océano Atlántico. Na cornixa cantábrica ten moitos pequenos ríos. O afluente do Miño é o Sil, que, doutra banda, cómpre dicir que resulta un atractivo turístico amais de polos canóns e a súa riqueza vinícola, tamén polo encadramento no que se atopa, a chamada Ribeira Sacra, que abrangue o sur da provincia de Lugo e máis o norte da de Ourense.
- Río Miño, nace na serra de Meira e desemboca no océano Atlántico no límite galaico-portugués. Atravesa a provincia de norte a sur, e fai de fronteira nunha parte do seu percorrido coa provincia da Coruña.
- Río Sil, nace no Bierzo e desemboca no río Miño. Na maior parte do seu percorrido pola provincia fai de límite coa provincia de Ourense.
- Río Landro, nace na serra do Xistral e desemboca na ría do Barqueiro.
- Río Ouro, nace na serra do Xistral e desemboca no mar Cantábrico.
- Río Masma, nace na serra da Toxiza e desemboca na ría de Foz.
- Río Eo, nace en Baleira e desemboca na ría de Ribadeo. Foi declarado en 2007, Reserva da Biosfera pola UNESCO.
- Río Ladra, nace na Terra Chá e desemboca no río Miño.
- Río Narla, nace nos montes do Corno de Boi e desemboca no río Miño.
- Río Anllo, nace na serra do Xistral e desemboca no río Miño.
- Río Lea, nace na serra do Monciro e desemboca no río Miño.
- Río Neira, nace na serra do Portelo e desemboca no río Miño.
- Río Navia, nace nos Ancares e desemboca en Navia (Asturias).
- Río Cabe, nace no Incio e desemboca no río Sil.
- Río Lor, nace no Courel e desemboca no río Sil.
Encoros
Hai 28 encoros na provincia, entre os que destacan:
- Encoro de Belesar, no río Miño ó seu paso polos concellos de Guntín, Páramo, Portomarín, Paradela, Taboada, Chantada e O Saviñao. Ten 655 hm³ de capacidade.
- Encoro de Salime, no río Navia ó seu paso por Negueira de Muñiz. Ten 266 hm³ de capacidade.
- Encoro de Santo Estevo, no río Sil ó seu paso polos concellos de Sober, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil e A Teixeira. Ten 213 hm³ de capacidade.
- Encoro dos Peares, no río Miño ó seu paso polos concellos do Saviñao, Chantada, Carballedo e Pantón. Ten 182 hm³ de capacidade.
- Encoro de Vilasouto, no río Mao ó seu paso por Vilasouto, no concello do Incio. Ten 21 hm³ de capacidade.
- Encoro de Sequeiros, no río Sil ó seu paso por Sequeiros, no concello de Quiroga. Ten 11 hm³ de capacidade.
- Encoro de San Martiño, no río Sil ó seu paso polos concellos de Quiroga, Larouco, A Rúa de Valdeorras e Petín. Ten 10 hm³ de capacidade.
- Encoro do Covo, no río Covo ó seu paso polo Castelo, no concello de Cervo. Ten 6 hm³ de capacidade.
- Encoro de San Xoán, no concello de Guitiriz. Ten menos de 1 hm³ de capacidade.
Para unha lista completa, véxase Lista de encoros de Galicia.
Lagoas
Na provincia de Lugo hai varias lagoas situadas na Terra Chá:
- Lagoa de Cospeito, no concello de Cospeito.
- Lagoas de Pedroso, no concello de Begonte.
- Lagoas de Bardancos, no concello de Castro de Rei.
- Lagoas de Reboredo, no concello de Vilalba.
- Lagoa de Carballosa, no concello de Cospeito.
- Lagoa de Denune, no concello de Begonte
- Lagoa de Abelleiras, no concello de Cospeito.
- Lagoa de Seixas, no concello de Cospeito.
Sistemas montañosos
Os sistemas montañosos máis importantes da provincia son:
- Serra dos Ancares, facendo fronteira con León e Asturias, co pico da Pena Rubia (1.822 m) como altura raíña. Foi declarado en 2006, Reserva da Biosfera pola UNESCO.
- Serra do Courel, ó norte do río Sil, tamén en fronteira coa provincia de León, co monte Faro (1.606 m).
- Serra do Xistral, entre a A Mariña de Lugo e a Terra Chá, co Cadramón (1.056 m) e O Xistral (1.032 m) como puntos máis altos.
- Serra do Faro, co monte Cantelle (1.222 m) fronteira entre Lugo e Pontevedra.
- Cova da Serpe, co pico do mesmo nome (841 m) entre Lugo e A Coruña.
Localidades importantes (2016)
Posición | Concello | Poboación |
1º | Lugo | 98.268 |
2º | Monforte de Lemos | 18.922 |
3º | Viveiro | 15.615 |
4º | Vilalba | 14.487 |
5º | Sarria | 13.337 |
6º | Ribadeo | 9.972 |
7º | Foz | 9.908 |
8º | Burela | 9.552 |
9º | Chantada | 8.431 |
10º | Guitiriz | 5.495 |
11º | Castro de Rei | 5.057 |
12º | Outeiro de Rei | 5.043 |
Demografía
Gráfico da evolución da poboación da provincia dende 1900 ata 2015:
Zonas protexidas
Na provincia de Lugo hai varias zonas protexidas, aínda que non hai ningún parque nacional nin natural.
- Praia das Catedrais
- Terras do Miño
- Río Eo, Oscos e Terras de Burón
- Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá
Economía
Comunicacións
Estradas
- A-6 (e N-VI): Arteixo-A Coruña-Lugo-Ponferrada-Astorga-Benavente-Medina del Campo-Madrid.
- A-8 (e N-634): Santiago de Compostela-Vilalba-Ribadeo-Xixón-Santander-Bilbao-Donostia.
- CG-2.1: Lalín (AP-53)-Chantada-Monforte de Lemos
- CG-2.2 en construción entre Sarria e Monforte: Nadela (A-6) - Sarria - Monforte de Lemos
- N-120 (futura A-76): Logroño - Burgos - León - Ponferrada - Monforte de Lemos - Ourense - Vigo
- N-540 (futura A-56): Lugo - Guntín (N-547) - Chantada - Ourense
- N-547 (futura A-57): Santiago de Compostela - Arzúa - Melide - Palas de Rei - Guntín (N-540)
- N-640: Vilagarcía de Arousa - A Estrada - Lalín - Monterroso - Lugo - Meira - A Pontenova - A Veiga - A-8
- N-642: Ferrol - Ortigueira - Viveiro - Burela - Foz
Ferrocarril
Na provincia de Lugo hai tres liñas de tren en funcionamento:
- A Coruña-Palencia (ADIF) por Guitiriz, Rábade, Lugo, Sarria, Monforte e Quiroga.
- Vigo-Monforte de Lemos (ADIF)
- Ferrol-Oviedo (FEVE) por Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo.
Transporte Aéreo
- Aeródromo de Rozas, en Castro de Rei.
- Aeródromo de Vilaframil, en Ribadeo.
- Aeródromo de Monforte, en Monforte de Lemos.
- Heliporto Costa Norte, en Viveiro.
Comarcas
Concellos
As comarcas da provincia de Lugo divídense en 67 concellos (Galicia ten 313).
Notas
- ↑ "Cifras oficiais de poboación a 1 de xaneiro de 2016". IGE. Consultado o 12/7/2017.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego).
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Lugo |