Converxencia 21: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 16: Liña 16:


== Historia ==
== Historia ==
[[File:(Carlos Vázquez Padín) Tuy San Telmo 2019.jpg|thumb|left|Carlos Vázquez Padín, presidente de Converxencia XXI.]]
Converxencia XXI foi inscrita no [[Partidos inscritos de 2006 a 2009|Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior]] o [[4 de maio]] de [[2009]].
Converxencia XXI foi inscrita no [[Partidos inscritos de 2006 a 2009|Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior]] o [[4 de maio]] de [[2009]].



Revisión como estaba o 12 de maio de 2019 ás 20:54

Converxencia XXI
Partido político de Galicia
Dirixentes e organización
LíderCarlos Vázquez Padín
(Presidente)
Filiación internacionalPartido Europeo Liberal Demócrata Reformista
Historia
Fundación4 de maio de 2009
Posicións políticas
IdeoloxíaGaleguismo, europeísmo, centrismo, liberalismo, Liberalismo económico, Liberalismo social.
Representación
Concelleiros en Galicia
2 / 3.766
Outros datos
SedeSantiago de Compostela
Na rede
converxencia.eu
Facebook: converxencia Editar o valor em Wikidata

Converxencia XXI ou Converxencia 21, é unha forza política galega que se define a si mesma como galeguista, europeísta, democrática, de centro reformista, liberal no social e no económico, e aconfesional. Declara como obxectivo a defensa dos intereses colectivos de Galicia co fin de xerar as mellores condicións para o desenvolvemento individual dos seus cidadáns.[1]

Historia

Carlos Vázquez Padín, presidente de Converxencia XXI.

Converxencia XXI foi inscrita no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior o 4 de maio de 2009.

O seu Presidente é o tudense Carlos Vázquez Padín, elixido Secretario Xeral o 2 de outubro de 2010 no I Congreso da formación[2], e reelixido o 24 de setembro de 2011 xunto cunha nova executiva nacional no II Congreso do partido.[3]

O 3 de marzo de 2012 tivo lugar a I Conferencia Política de Converxencia XXI en Santiago de Compostela.[4]

No III Congreso Nacional da formación, celebrado no outono de 2012 en Santiago de Compostela, Carlos Vázquez Padín foi nomeado Presidente Nacional do Partido, mentres que o lucense Garcilaso de la Vega López foi elixido Secretario Xeral do Partido.

No eido estudantil, Converxencia XXI ten como referencia a Asociación Liberal do Estudantado Galego[5].

Eleccións municipais de 2011

Converxencia XXI comparecerá por primeira vez a unhas eleccións nas eleccións municipais de 2011 en Galicia, presentando candidaturas en catro concellos: A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo e Tui. Nelas obteñen o seu primeiro representante institucional ao ser elixido concelleiro en Tui o Secretario Xeral do partido, Carlos Vázquez Padín.

Eleccións ás Cortes Españolas 2011

Por primeira vez na historia da democracia en España, algúns partidos foron obrigados a presentar un número mínimo de sinaturas para poder participar nas eleccións xerais do ano 2011. Ata entón a participación era libre [6]. Converxencia XXI presentou as sinaturas en forma de aval [7] e gañou o dereito a participar nas catro circunscricións galegas, presentando listas na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e colleitando o mellor resultado electoral da súa historia co 0.08% dos votos válidos emitidos en Galicia.

Circunscrición Votos Porcentaxe de votos Escanos
A Coruña 505 0,07% 0
Lugo 241 0,11% 0
Ourense 185 0,09% 0
Pontevedra 505 0,09% 0
Total Galicia 1.436 0,08% 0

Eleccións galegas de 2012

Nas eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012 baixaron ata os 1056 votos, o 0,07 % dos sufraxios válidos emitidos.

Eleccións europeas de 2014

Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 non se presentou a formación, que pediu o voto para o Partido da Liberdade Individual, que obtivo 658 votos en Galicia (de novo, o 0.07 % dos sufraxios válidos emitidos en Galicia).

Eleccións municipais de 2015

Nas eleccións municipais de 2015 Converxencia 21 só presentou candidaturas nos concellos de Santiago de Compostela e Tui. Acadou dous concelleiros en Tui, colleitando neste concello o seu maior éxito electoral tras ser a terceira formación máis votada só por tras do PPdeG e o PSdeG-PSOE. En 2017, tras o triunfo dunha moción de censura, Padín foi nomeado alcalde de Tui, pasando a ser o primeiro rexidor municipal desta formación política.[8][9]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas