Iulius exclusus e coelis: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Almaffi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Almaffi (conversa | contribucións)
Categorizar
Liña 10: Liña 10:
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* {{es}}, Erasmo de Rotterdam, ''Adagia Selecta & Julio rechazado del cielo'', ed. La Tempestad, 2018, (ISBN 978-84-7948-147-6).
* {{es}}, Erasmo de Rotterdam, ''Adagia Selecta & Julio rechazado del cielo'', ed. La Tempestad, 2018, (ISBN 978-84-7948-147-6).

[[Categoría:Obras literarias en latín]]

Revisión como estaba o 8 de maio de 2019 ás 13:10

Iulius exclusus e coelis (Xulio rexeitado do ceo, en tradución ó galego) é unha sátira sobre o pontificado de Xulio II, escrita por Erasmo de Rotterdam.

Orixe

Este xénero era habitual na época do autor. Nel aparecen temas habituais na obra de Erasmo: o pacifismo, os horrores da guerra e a esixencia de reformas no papado e de determinadas estruturas da igrexa católica. Escribiuse no 1513 xusto despois da morte de Xulio II, mais publicouse en Basilea no 1516 sen o nome do autor. Probablemente isto debeuse a que Erasmo non quería perder o favor do novo Papa León X, baixo o cal ía publicar o Novo Testamento en grego. Adicionalmente Erasmo quería evitar que se lle identificara co movemento luterano, en auxe naqueles momentos.

Contido

O diálogo en cuestión é un resumo das ideas e propostas que Erasmo tiña sobre a reforma da Igrexa. Por medio da ironía presenta os males do papado e da xerarquía eclesiástica: ambicións materiais, un estilo de vida lonxe do espiritualismo e do ascetismo cristián e unha excesiva belicosidade que provocaba guerras e perdas de vidas humanas. Este pacifismo do autor quedou reflexado noutras obras do autor, coma por exemplo: Querela pacis (Lamento pola paz), Dulce bellum inexpertis (Fermosa é a guerra para os que non a sufren) ou Oratio de pace e discordia (Discurso sobre a paz e a discordia).

Véxase tamén

Bibliografía