Morgana en Esmelle: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 91.116.153.67 (conversa); cambiado á última versión feita por InternetArchiveBot
Etiqueta: Reversión
Liña 29: Liña 29:
[[Ficheiro:Beguiling of Merlin.jpg|miniatura|dereita|150px|''A sedición de Merlín'', cadro de [[Edward Burne-Jones]] usado na capa do libro, 1864 (Birmingham Art Gallery).]]
[[Ficheiro:Beguiling of Merlin.jpg|miniatura|dereita|150px|''A sedición de Merlín'', cadro de [[Edward Burne-Jones]] usado na capa do libro, 1864 (Birmingham Art Gallery).]]


No castelo de Guilirex vive o rei Garlois, a súa muller Igraine e mais [[Morgana]], a filla de ambos. Nunha batalla Garlois resulta malferido, e o mago [[Merlín]] logra que Uther de Pendragón, o nobre que derrotara a Garlois, adopte a aparencia deste e deixe preñada a Igraine. Froito da relación nace [[Rei Artur|Artur]]. Anos despois, Merlín fai que Artur case con [[Xenebra (raíña)|Xenebra]], co propósito de convertelo en caudillo dos [[celtas]] en [[Britania]] e acadar a [[Cristianismo|cristianización]] do seu pobo.
No castelo de Tintaxel vive o rei Garlois, a súa muller Igraine e mais [[Morgana]], a filla de ambos. Nunha batalla Garlois resulta malferido, e o mago [[Merlín]] logra que Uther de Pendragón, o nobre que derrotara a Garlois, adopte a aparencia deste e deixe preñada a Igraine. Froito da relación nace [[Rei Artur|Artur]]. Anos despois, Merlín fai que Artur case con [[Xenebra (raíña)|Xenebra]], co propósito de convertelo en caudillo dos [[celtas]] en [[Britania]] e acadar a [[Cristianismo|cristianización]] do seu pobo.


Pola súa banda, Morgana marcha coa súa tía Viviana á illa de Ávalon, a formarse e desenvolver a súa sabedoría, regresando a Miranda para a voda do seu irmán. Mais malia os propósitos de Merlín, o amor entre Artur e Xenebra non é tal, posto que Xenebra está namorada de [[Lancelot]] e Artur da súa irmá.
Pola súa banda, Morgana marcha coa súa tía Viviana á illa de Ávalon, a formarse e desenvolver a súa sabedoría, regresando a Miranda para a voda do seu irmán. Mais malia os propósitos de Merlín, o amor entre Artur e Xenebra non é tal, posto que Xenebra está namorada de [[Lancelot]] e Artur da súa irmá.

Revisión como estaba o 8 de maio de 2019 ás 07:33

Morgana en Esmelle
Autor/aBegoña Caamaño
CubertaEdward Burne-Jones
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónNarrativa (nº 308)
Tema(s)Materia de Bretaña
Xénero(s)Novela
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.2012
FormatoRústica con lapelas
Páxinas220
ISBN978-84-9865-412-7
editar datos en Wikidata ]

Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.

Trama

A sedición de Merlín, cadro de Edward Burne-Jones usado na capa do libro, 1864 (Birmingham Art Gallery).

No castelo de Tintaxel vive o rei Garlois, a súa muller Igraine e mais Morgana, a filla de ambos. Nunha batalla Garlois resulta malferido, e o mago Merlín logra que Uther de Pendragón, o nobre que derrotara a Garlois, adopte a aparencia deste e deixe preñada a Igraine. Froito da relación nace Artur. Anos despois, Merlín fai que Artur case con Xenebra, co propósito de convertelo en caudillo dos celtas en Britania e acadar a cristianización do seu pobo.

Pola súa banda, Morgana marcha coa súa tía Viviana á illa de Ávalon, a formarse e desenvolver a súa sabedoría, regresando a Miranda para a voda do seu irmán. Mais malia os propósitos de Merlín, o amor entre Artur e Xenebra non é tal, posto que Xenebra está namorada de Lancelot e Artur da súa irmá.

Narración

A novela, escrita en terceira persoa, alterna varios narradores: Felipe de Amancia, Merlín, a propia Morgana e as Crónicas de Ávalon. Os dous primeiros amosan unha visión persoal deses personaxes, e os textos tomados das Crónicas pretenden dar unha visión máis obxectiva.

A trama entronca coa Materia de Bretaña e co mundo fabuloso descrito por Álvaro Cunqueiro na terra de Miranda na obra Merlín e familia. Con todo, esta é unha novela que pretende botar sobre o asunto unha mirada feminina, resaltando o papel de Viviana e Morgana fronte ás pretensións de Merlín[1].

Notas

  1. "Morgana en Esmelle", artigo sobre o libro na revista Andaina nº 60, xaneiro de 2012.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Ficha na web de Editorial Galaxia.