Yoda: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+foto
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino curiosidades
Liña 39: Liña 39:


O último padawan que tería Yoda sería alguén case tan poderoso como [[o Elixido]], o seu fillo [[Luke Skywalker|Luke]], ao que ensina durante dúas etapas. Primeiro durante o Episodio V, e logo antes do Episodio VI. Yoda, no Episodio VI, faise un coa Forza, e deixa o mundo material fronte a Luke. As súas últimas palabras serían para confirmarlle que Darth Vader é o seu pai, que á súa morte o último Mestre Jedi sería el e que para converterse en Jedi a súa última proba sería confrontar e vencer ao seu propio pai: Vader.
O último padawan que tería Yoda sería alguén case tan poderoso como [[o Elixido]], o seu fillo [[Luke Skywalker|Luke]], ao que ensina durante dúas etapas. Primeiro durante o Episodio V, e logo antes do Episodio VI. Yoda, no Episodio VI, faise un coa Forza, e deixa o mundo material fronte a Luke. As súas últimas palabras serían para confirmarlle que Darth Vader é o seu pai, que á súa morte o último Mestre Jedi sería el e que para converterse en Jedi a súa última proba sería confrontar e vencer ao seu propio pai: Vader.

== Curiosidades ==
{{curiosidades}}
* É posible que a forma de falar de Yoda fora sacada directamente do latín. Por exemplo, dicindo "Alea Jacta Est" é "A sorte está botada" pero Yoda diría: "A sorte botada está". "Mens et cor homo est" é "O home é mente e corazón" e Yoda diría "Mente e corazón, o home é".
* O acento de Yoda parécese ao acento propio da illa de [[Sardeña]].
* O deseño da cara de Yoda fixose partindo do rostro de [[Albert Einstein]].
* Suxeriuse que o nome de Yoda poida vir do hebreo ''yodea'' (o que sabe) ou do sánscrito ''yoddha'' (guerreiro).
* É notable o grado de conexión espiritual que ten Yoda cos outros Jedis, xa que no Episodio III, durante o masacre da [[Orde 66]], comézalle a doer o corazón.


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 6 de maio de 2019 ás 11:12

Yoda

Cargo: Mestre Jedi.
Afiliación: Orde Jedi.
Especie: Descoñecida
Planeta natal: Descoñecido
Equipo habitual: Sable de luz.
Actor: Frank Oz
Origami de Yoda.

Yoda é un personaxe de ficción do universo d'A Guerra das Galaxias.

Características

Yoda é un dos jedi máis grandes de toda a historia, aínda que non se coñece o seu mestre. Naceu 896 anos antes da batalla de Yavin e morreu 4 anos despois da mesma. Medía 0,66 metros. Ademais de ser un dos mellores mestres Jedi e membro do Consello, é un dos mellores coñecedores de A Forza. Foi o Mestre do Conde Dooku, Mace Windu, Ki-Adi-Mundi, Obi-Wan Kenobi (antes de que se lle asignase a Qui-Gon Jinn), e Luke Skywalker.

Historia

Polo xeral subestimado polo seu tamaño, foi un dos seres máis poderosos e intelixentes da Galaxia. Serviu coma cabeza do Consello Jedi durante varias décadas, as últimas antes da caída da República Galáctica xunto a Mace Windu. Yoda serviu como titor de iniciados Jedi, que aínda non tiñan un Mestre persoal.

Durante o Episodio I, Yoda e o Mestre Windu, ao tomar coñecemento das revelacións do Cabaleiro Jedi Qui-Gon Jinn e o seu aprendiz Obi-Wan Kenobi (de feito este último, antigamente foi aprendiz de Yoda), danse conta que a súa habilidade para controlar a Forza diminuíu e, peor aínda, que a ameaza Sith non estaba extinta desde había mil anos como se cría.

Loitou en Geonosis, precisamente foi quen salvou á Orde Jedi ao entrar en combate co exército de clons, e estivo a piques de evitar as Guerras Clon ao baterse en duelo co Conde Dooku, quen logo de derrotar facilmente ao Cabaleiro Jedi Obi-Wan Kenobi e o seu padawan Anakin Skywalker, non o tivo nada fácil fronte a Yoda e fuxiu levando consigo os planos da futura Estrela da Morte.

Tempo despois foi asignado coma protector do planeta Kashyyyk, onde tivo que repeler ás forzas dos separatistas. Durante o masacre dos Jedi pola Orde 66 (executada por Darth Sidious, Yoda e Obi-Wan Kenobi, dous dos poucos membros do Consello Jedi que sobreviven, van na busca dos dous principais Sith: o recentemente nomeado Emperador Palpatine (Darth Sidious) e o seu novo aprendiz e antigo padawan de Obi-Wan, Darth Vader. Yoda enfrontaríase a Sidious nun electrizante combate, con todo non lograría derrotalo. Desmoralizado e sabedor do inmenso poder tanto de Darth Sidious como do seu novo aprendiz, o Lord Sith Darth Vader, o Mestre Yoda exiliouse no planeta Dagobah, coa axuda do senador Bail Organa, non sen antes reunirse por derradeira vez con Obi-Wan, e confirmarlle o último descubrimento Jedi, un coñecemento que tiña que ver co xa defunto Qui-Gon Jinn, e que permitía fusionarse coa Forza e regresar logo de morto. Yoda, Bail Organa e Obi-Wan ven morrer a Padmé Amidala e agochan do Emperador Palpatine aos fillos de Anakin Skywalker, coñecedores que por eles corría a Forza con case a mesma intensidade que no pai.

Obi-Wan convértese entón no aprendiz de Qui-Gon, e reinventan a disciplina Jedi, adecúana a tempos actuais, sen ostracismos e conservadorismos nos que os Jedi caeran: tal é así que non forzan o adestramento Jedi de Luke Skywalker nin o de Leia Organa (apelido tomado polo seu pai adoptivo), senón que deixan que a Forza lles revele o seu destino.

O último padawan que tería Yoda sería alguén case tan poderoso como o Elixido, o seu fillo Luke, ao que ensina durante dúas etapas. Primeiro durante o Episodio V, e logo antes do Episodio VI. Yoda, no Episodio VI, faise un coa Forza, e deixa o mundo material fronte a Luke. As súas últimas palabras serían para confirmarlle que Darth Vader é o seu pai, que á súa morte o último Mestre Jedi sería el e que para converterse en Jedi a súa última proba sería confrontar e vencer ao seu propio pai: Vader.

Véxase tamén

Ligazóns externas