Acción Gallega (revista): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
Sen resumo de edición
Liña 20: Liña 20:
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Prensa agraria en Galicia|nome= Miguel|apelidos= Cabo Villaverde|ligazónautor= Miguel Cabo Villaverde|coautores= |ano= 2003|editor= Duen de Bux|localización= Ourense|isbn= 84-932078-3-7}}
* {{Cita libro |título= Prensa agraria en Galicia|nome= Miguel|apelidos= Cabo Villaverde|ligazónautor= Miguel Cabo Villaverde|coautores= |ano= 2003|editor= Duen de Bux|localización= Ourense|isbn= 84-932078-3-7}}
* {{Cita libro |apelidos-editor=Vilavedra |nome-editor=Dolores |máscara-editor= |ligazón-editor=Dolores Vilavedra |ano=2000 |título=Diccionario da literatura galega. Obras |volume=III |url=https://books.google.es/books?id=dRYGIwW4kFkC&lpg=PP1&hl=es&pg=PP1#v=onepage&q&f=false |páxina=20-21 |localización=Vigo |editorial=Editorial Galaxia |isbn=84-8288-365-8 |ref=harv }}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}



Revisión como estaba o 1 de maio de 2019 ás 22:03

Acción Gallega foi unha publicación que actuou como o primeiro portavoz de movemento agrario de Acción Gallega e constituía unha das mellores fontes para seguir o curso de agrarismo galego. Un dos máis importantes documentos da historia social da Galiza no século XX.

Historia e características

Primeira época

Subtitulada Defensora de los intereses regionales e editada en Madrid, apareceu o 15 de xaneiro de 1910. Revista quincenal dirixida por Basilio Álvarez. Os colaboradores habituais eran Manuel Linares Rivas, Alfredo Vicenti, Manuel Portela Valladares, José R. Carracido, Prudencio Canitrot, Luis Antón del Olmet, Manuel Lezón e Alfonso Alcalá Martín. Tamén colaboraron esporadicamente Manuel Murguía, Juan Barcia Caballero, Augusto Barcia Trelles, Santiago Casares Quiroga e Rodrigo Sanz.

Fíxose eco de todos os movementos campesiños de Galicia. Cesou a súa publicación en agosto de 1910, despois do fracaso da Liga Agrario-Redencionista e da II Asemblea Agraria de Galicia.

Segunda época

Apareceu en outubro de 1911, por moi breve lapso de tempo, e tivo de novo como director a Basilio Álvarez. De escaso interese, presenta a novidade do gran formato, idéntico ao da maioría dos diarios da época.

Terceira época

Subtitulado Semanario órgano de la Liga Acción Gallega, iniciou a terceira etapa o 24 de outubro de 1912. Mantivo o formato e a dirección de Basilio Álvarez. Como xefe de redacción estaba Eugenio López Aydillo, que foi substituído despois por Alfonso Alcalá Martín e finalmente por Manuel Lustres Rivas polas alternativas da loita de Acción Gallega. As últimas escisións co bloque de Madrid levaron á súa desaparición nos últimos meses de 1913 cando foi substituído por Heraldo de Galicia como portavoz de Acción Gallega durante un tempo. Dende novembro de 1913 El Heraldo Gallego foi recoñecido como diario do movemento.

En 1916 reapareceu como folla incorporada a El Parlamentario, diario madrileño de Antón del Olmet. Dirixida por Basilio Álvarez, apareceu o 1 de agosto de 1916 e deixou de editarse o 16 de novembro dese ano.

Véxase tamén

Bibliografía