Adolfo Suárez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
muy reales
Sen resumo de edición
Liña 28: Liña 28:
| cónxuxe = Amparo Illana Elórtegui
| cónxuxe = Amparo Illana Elórtegui
}}
}}
'''Adolfo Suárez González''', nado en [[Cebreros]] ([[provincia de Ávila]]) o [[25 de setembro]] de [[1932]] e finado en [[Madrid]] o [[23 de marzo]] de [[2014]]<ref name=ABC>[http://www.abc.es/espana/20140323/abci-muere-suarez-201403211434.html Muere Suárez artífice de la Transición, artigo en ABC, 23 de marzo de 2014]</ref>, foi un político español, presidente do Goberno español entre [[1976]] e [[1981]]. No ano [[1981]] o Rei concedeulle o título de Duque de Suárez.busca nopor ratita jugador de minecraft
'''Adolfo Suárez González''', nado en [[Cebreros]] ([[provincia de Ávila]]) o [[25 de setembro]] de [[1932]] e finado en [[Madrid]] o [[23 de marzo]] de [[2014]]<ref name=ABC>[http://www.abc.es/espana/20140323/abci-muere-suarez-201403211434.html Muere Suárez artífice de la Transición, artigo en ABC, 23 de marzo de 2014]</ref>,


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 25 de abril de 2019 ás 14:36

Infotaula de personaAdolfo Suárez González
Nome orixinal(es) Adolfo Suárez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1932 Editar o valor em Wikidata
Cebreros, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de marzo de 2014 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Alzhéimer e Doenza pulmonar obstructiva crónica Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCatedral de Ávila (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cargos
73.o Presidente do Goberno de España
Período3 de xullo de 1976 – 25 de febreiro de 1981
AntecesorCarlos Arias Navarro
SucesorLeopoldo Calvo-Sotelo
MonarcaJuan Carlos I
  Ministro Secretario Xeral do Movemento
Período11 de decembro de 1975 – 3 de xullo de 1976
AntecesorJosé Solís Ruiz
SucesorIgnacio García López
  Deputado por Madrid
Período28 de outubro de 1982 – 26 de maio de 1991
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoRaça Mediterrânea (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica e diplomacia Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónAvogado, político
Partido políticoFET de las JONS, UCD e CDS
Membro de
ProfesoresManuel Clavero Arévalo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDucado de Suárez Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAmparo Illana Elórtegui
FillosAdolfo Suárez Illana (en) Traducir, Laura Suárez Illana (en) Traducir, María Amparo Suárez Illana (en) Traducir, Sonsoles Suárez (pt) Traducir, Francisco Javier Suárez Illana (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisHipólito Suárez Editar o valor em Wikidata  e Herminia González (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesAlejandra Romero Suárez (en) Traducir (daughter's daughter (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata


Dialnet: 69498 Find a Grave: 128117509 Editar o valor em Wikidata

Adolfo Suárez González, nado en Cebreros (provincia de Ávila) o 25 de setembro de 1932 e finado en Madrid o 23 de marzo de 2014[1],

Traxectoria

Nado en Cebreros (Ávila), onde o seu pai, Hipólito Suárez, que era un procurador coruñés, fora represaliado pola súa militancia republicana. Adolfo Suárez pasaba os veráns con regularidade na súa casa familiar da Coruña. Durante unha estadía prolongada na cidade, chegou a probar como xogador no Deportivo da Coruña. Esta filiación coa cidade coruñesa e co club de fútbol mantívoa toda a súa vida.[2]claro que si guapi dale alnopor

Doutor en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, desempeñou diversos cargos na ditadura franquista axudado por Fernando Herrero Tejedor, que foi o seu protector. Desta forma, en 1958, pasa a formar parte da "Secretaría Xeral do Movemento" ascendendo, en 1961, a Xefe do Gabinete Técnico do Vicesecretario Xeral, procurador das Cortes por Ávila en 1967 e gobernador civil de Segovia en 1968. En 1969 é designado Director Xeral de Radio-Televisión Española, permanecendo no cargo até 1973.

O 11 de decembro de 1975 foi nomeado Secretario Xeral do Movemento no primeiro goberno de Carlos Arias Navarro. Cando en xullo de 1976 o Rei Xoán Carlos I lle encargou a formación de goberno, Suárez era un descoñecido para a maioría do pobo. Para comezar o desmantelamento franquista, confeccionou un grupo de políticos de diferentes ideoloxías: falanxistas "conversos", socialdemócratas, liberais, democristiáns etc. Nesta tarefa contou coa axuda de Torcuato Fernández Miranda, que logrou a autoliquidación das Cortes franquistas e sacar adiante a Lei de Reforma Política.

O 15 de xuño de 1977 celebráronse as eleccións xerais de 1977, as primeiras democráticas en España dende 1936. Adolfo Suárez resultou vencedor, á fronte dun grupo de partidos de centrodereita baixo o nome de UCD (Unión de Centro Democrático). As Cortes saídas desas eleccións, aprobaron a Constitución de 1978 que sairía a referendo popular o 6 de decembro.

O 3 de marzo de 1979 tiveron lugar as eleccións xerais de 1979, que volveu gañar UCD, iniciando Suárez o seu terceiro mandato. Esta etapa estivo chea de dificultades políticas, sociais e económicas, que o levaron a presentar a súa dimisión o 29 de xaneiro de 1981. Na mensaxe ao país dixo:

Eu non quero que o sistema democrático de convivencia sexa, unha vez máis, unha paréntese na Historia de España[Cómpre referencia]

Pouco despois de dimitir creou con outros ex dirixentes da UCD o partido Centro Democrático y Social (CDS), co que se presentou as eleccións do 28 de outubro de 1982, sendo elixido deputado por Madrid. Revalidou o escano nas eleccións seguintes até que en 1991 dimitiu como dirixente do CDS.

Vida persoal

Segundo diversas fontes, tería sido durante un tempo membro do Opus Dei.[3]

Recoñecementos

O 25 de febreiro de 1981, despois da súa dimisión, o rei Xoán Carlos I outorgoulle o título de Duque de Suárez. En 1996 concedéuselle o Premio Príncipe de Asturias da Concordia pola súa importante contribución á transición española e á democracia, da que se lle considera o grande artífice. O 8 de xuño de 2007, o rei concedeulle o título de Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro. A foto que lembra a entrega da distinción, co rei e Suárez camiñando de costas ao fotógrafo, obtivo distintos premios e converteuse en símbolo da Transición[4].

O fillo de Adolfo Suárez, Adolfo, fixo público nun programa de Televisión Española que o ex-presidente sufría Alzheimer dende había anos, polo que nin se lembraba de que fora Presidente do Goberno e que non coñecía a ninguén.

Notas

Véxase tamén

Predecesor:
Jesús Aparicio-Bernal

Director Xeral de Radiodifusión e Televisión de España

1969-1973
Sucesor:
Rafael Orbe Cano
Predecesor:
José Solís Ruiz

Ministro Secretario Xeral do Movemento de España

1975-1976
Sucesor:
Ignacio García López
Predecesor:
Carlos Arias Navarro

Presidente do Goberno de España

1976-1981
Sucesor:
Leopoldo Calvo-Sotelo